viernes, 28 de febrero de 2014

Festa de Entroido 2014 (ACTUALIZAMOS)

Por fin chegou a esperada Festa de Entroido!
Despois de todo a semana cumprindo ordes do Meco, hoxe puidemos poñernos os nosos traxes que tanto tempo levabamos preparando.
Facendo alusión ao proxecto deste ano, "Lendo con Arte", os nenos e nenas de educación infantil se disfrazaron con motivos alusivos ao tema e, máis concretamente, aos cadros e o pintor que traballan máis a fondo, Van Gogh.
Así, o alumnado de 4º de educación infantil, 3 anos, fixo o seu particular homenaxe ao cadro "La noche estrellada" e foi vestido da seguinte forma:
Os nenos e nenas de 5º de educación infantil, 4 anos, quixeron facer unha homenaxe ao pintor e se disfrazaron da seguinte forma.

Por último, o alumnado de 6º de educación infantil, 5 anos, quixo converterse nun "Jarrón con doce girasoles". Non eran doce, senón 25 e parecía que xa chegara a primavera.
Coma sempre, dende as aulas de educación infantil, lles damos as GRAZAS a todas as familias pola súa colaboración. 

Aquí vos deixamos tamén co Testamento e o Xuízo do Meco deste ano. 



O MARCO BALEIRO
Que  tristura    o  feito  de  ver  un  marco  sen  cadro… un  marco  sen  vida.
Que  tristura    o  feito  de   saber que  existen  cantidade  e  cantidade  de  obras  de  arte  esquecidas  en  almacéns  ou  lugares   onde  non  poden  ser  visitadas por  ninguén.
Neste  entroido  queremos  dar  luz  a  esas  obras entronizando  como  Meco  a  este  marco  baleiro. Un Meco  que  sirva  de  escaparate  e  complemento  ás  obras de  arte  traballadas  no  colexio  a  través  do  proxecto
“LENDO CON ARTE”.



Testamento do Meco
Estou temeroso, non sei que facer,
 Xa que, espido me atopo e non hai nada que ver.
A pesares do vacio que demostro, falto de decoración
Agardo que me dedes, como en ocasións pasadas, a absolución.
Tendo en conta o pouco tempo que queda,
deixo testemuña para quen ler queira.
Mandeivos choivas, fríos e ventos fóra de toda lóxica
Para por data á proxima celebración da PAZ, mercade unha estación metereolóxica.
A quen se lle conte…  isto non é normal!
Menuda machada co asunto do carnaval!
Celebran máis tarde a paz do 30 de xaneiro,
e antes de nada, o entroido do mes de febreiro
Deixoume abraiado a BiblioRía, o seu proxecto “Lendo con arte”
Dos seus traballos pronto acabaras por namorarte.
Para vós pinturas de todos os estilos,
Si queredes algunha máis so tedes que dicilo.
Hainas do renacemento, do barroco, do vangardismo
Mesmo algunhas representativas do cubismo.
Podédesme decorar coa vosa sinatura,
A mellor compaña para calquera pintura.
Que ro salvarme da fogueira,
préstome para servir de marco para un debuxo calqueira.
Ou pensando mellor, tedes polos corredores do cole reproduccións excelentes,
Si os presentades na miña compaña poden quedar ben relucentes.
Agora que me vexo acorralada por todos vós parece que me chega o final,
Estando tan triste como estou, xa me vexo diante dun tribunal.
Seredes capaces de queimarme pero… atención!
Tras de min quedarán orfos óleos, acuarelas…  Que decepción!!


Xuízo do Meco
Unha vez escoitado o testamento con moita atención,
nós, alumnado e profesorado do colexio, chegamos á seguinte conclusión:

A simple vista custa moito pensar
que a partir de todo o dito, finalmente o poidamos perdoar.
Certo é que nunca a ninguén fixo mal,
Máis ben o contrario. Que enriqueza coa súa presenza a un cadro é o máis normal.
O de prestarse a que escribades sobre el e un sinal de achegamento,
Despois diso, queimalo sería un atrevemento.
Temos no cole moitas pinturas por enmarcar,
por iso e polo demais, pensemos que o imos ter que indultar.
Nese caso, polo que queda de curso,
cada semana mostrará unha pintura como se fose un concurso.
Postos a pensar con obxectividade,
Non vemos neste marco sinal algún de culpabilidade.
O meco representado neste marco, merece sen dúbida algunha a absolución.


Xa podedes ver as imaxes das celebracións de Entroido destes día grazas ao ANPA da escola.
Aquí vos deixamos a ligazón:
 
Durante estes días, estaremos de VACACIÓNS DE ENTROIDO, polo que 
non haberá clases ata o vindeiro xoves, 6 de marzo. Recomendámosvos que xoguedes coas actividades propostas para o Entroido (poderedes atopar unha morea delas premendo na imaxe do antiface, situado na barra dereita superior deste blog)

jueves, 27 de febrero de 2014

"La Bruja Colorea". A cuberta do libro.

Na aula de 5 anos, continuamos a traballar co noso conto "La Bruja Colorea". Se nun principio, estivemos a imaxinar e dialogar sobre o que podiamos ver no exterior do libro, posteriormente traballamos un pouco máis a fondo coa cuberta. Así, cada un co seu libro, investigou os datos que alí aparecían.
A mestra axudou a cada unha das mesas a atopar os datos máis importantes presentes na maioría das cubertas dun libro: AUTOR, TÍTULO e EDITORIAL.
Os compañeiros e compañeiras das mesas se axudaron uns aos outros a atopar a información no libro real e, pouco a pouco, fomos facendo a actividade proposta e recollendo todo unha folla de rexistro individual.
Na folla tiñan que atopar o título, rodear e colorear de vermello; despois atopar a autora, rodear e colorear de azul; por último, atopar o nome da editorial, rodear e colorear de amarelo.
Posteriormente, escribir os datos na parte de abaixo da folla. Uns aos aoutros se fóronse axudando e dicían as letras que tiñan que escribir para formar as diferentes palabras.
Mestres a mestra pasaba por cada unha das mesas para realizar a actividade, o resto do alumnado da aula continuaba a traballar co seu libro e a actividade a realizar era a seguinte: tiñan que fixarse moi ben na cuberta do libro e colorear a bruxa da súa folla de rexistro do mesmo xeito que estaba pintada no conto.
Aquí os tedes moi concentrados para non se confundir.
 
O libro gústalles moito e as actividades resultan todo un éxito nas aulas. Agora, despois de descobrir a cuberta, avanzaremos na historia e, cada un de nós, poderá poñerse mans á obra co seu "Libro de pócimas máxicas".
Moi atentos e atentas ao blog que volo contaremos todo paso a paso.

miércoles, 26 de febrero de 2014

Neste Entroido, O MECO MANDA... (para o xoves)

Para mañá, XOVES, tantos temporais levamos pasado que parece que non deixa de chover. Necesitamos ter o patio ben seco para mañá. Por se acaso o sol non saíse, vente ao cole cun SOL PINTADO NA CARA... pero un sol moi, moi ben colorido!!!

Traballo sobre "O inverno" na aula de 4 anos

Os nenos e nenas de 4 anos estiveron a traballar sobre o inverno na súa aula. Aquí vos deixamos unha mostra do traballo infividual que fixo cada un para que vexades todo o que traballaron.


martes, 25 de febrero de 2014

Neste Entroido, O MECO ORDENA... (para o mércores)

A cabeza que limpiña a tes! Por se acaso segues pintando, mañá MERCORES, cobre o teu corpo CUNHA CAMISA OU CAMISETA VELLA, aínda que sexa do revés.
 

Celebración do Día de Rosalía

Onte, 24 de febreiro, celebramos na escola o cumpreanos da nosa poetisa prefería e, así, conmemoramos o
 DÍA DE ROSALÍA.
Como todos os anos, a BiblioRía do colexio puxo á nosa disposición unha morea de recursos e poesías desta autora tan importante para nós. Hai moitas cousas na nosa terra que inspiraron a Rosalía para escribir os seus poemas. Así como os pintores pintan con pinceis e cores, os poetas e as poetisas pintan con lapis e palabras fermosas. Rosalía foi a inspiración para moitos pintores que lle fixeron retratos.
Na corcheira da BiblioRía, podedes admirar unha pequena mostra destes retratos nun mural que preparou o equipo da BiblioRía con imaxes tomadas do Faro de Vigo.
Deste xeito, Rosalía pasa a formar parte do noso proxecto deste ano "Lendo con Arte".
Para facerlle unha homenaxe, as distintas aulas prepararon un poema para recitalo este día. Estes poemas foron seleccionamos do libro "ROSALÍA PEQUENIÑA", da editorial Galaxia.
Durante á Hora de Ler (despois do patio) todo o alumnado e profesorado da escola se dirixíu cara ao ximnasio e, grupo a grupo, foi recitando poesías variadas de Rosalía de Castro, a quen homenaxeabamos.
Empezamos a recitar nós, os nenos/as de E. Infantil co poema "Has de centar", para continuar co poema "Como chove miudiño" recitado polo 1º e 2º ciclo de E. primaria.Os nenos/as de 3º e 4º prepraraon o poema "Alborada" e, por último,participaron os nenos/as de 5º e 6ºco poema "Miña santiña, miña santasa".
Aquí vos deixamos coas imaxes e coa poesía recitada polo alumnado de educación infantil.
Con cor vermella, o recitado polo alumnado de 4º Ed. Infantil-3anos
Con cor azul, o recitado polo alumnado de 5º Ed. Infantil-4 anos
Con cor verde, o recitado polo alumnado de 6º Ed. Infantil-5anos

Rosalía de Castro (Cantares Galegos)

Has de cantar,

meniña gaiteira,

has de cantar,

que me morro de pena.




Canta, meniña,

na veira da fonte;

canta, dareiche

boliños do pote.




Canta, meniña,

con brando compás,

dareiche unha proia

da pedra do lar.




Papiñas con leite

tamén che darei;

sopiñas con viño,

torrexas con mel.




Patacas asadas

con sal e vinagre,

que saben a noces,

¡que ricas que saben!




¡Que feira, rapaza,

si cantas faremos...!

Festiña por fóra,

festiña por dentro.




Canta si queres,

rapaza do demo;

canta si queres,

dareiche un mantelo.




Canta si queres,

na lengua que eu falo;

dareiche un mantelo,

dareiche un refaixo.




Co son da gaitiña,

co son da pandeira,

che pido que cantes,

rapaza morena.




Co son da gaitiña,

co son do tambor,

che pido que cantes,

meniña, por Dios.

No blog da BiblioRía poderedes atopar máis información sobre esta celebración: http://biblioria.blogspot.com.es/2014/02/dia-da-rosalia.html

lunes, 24 de febrero de 2014

Neste Entroido 2014, O MECO ORDENA... (para o martes)

Para mañá, MARTES, por se un cadro queres pintar, a cabeza terás que tapar. Non serve un paraugas, déixao descansar. O mellor será que uses UNHA GORRA para non te manchar.

"La Bruja Colorea". As pocións máxicas.

No mes de decembro, publicabamos neste blog unha listaxe dos libros que Gaspar recomendaba agasallar polo Nadal (para lembrar a noticia podes premer na seguinte ligazón: http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2013/12/lecturas-recomendadas-polo-nadal.html)

Os nenos e nenas de 5 anos estamos a ler o noso conto: "La Bruja Colorea".
La Bruja Colorea Madroñero Ferreiro Esther
Ficha
                     

-Autor: Madroñero Ferreiro Esther
-Ilustrador: Madroñero Ferreiro Esther
-Editorial: Editorial Everest
-Idioma: Español
-ISBN: 978-84-441-4293-7
-Coleción: Leer es vivir
-Idade: De 3 a 6 anos
-Nº páxinas: 36
-Encuadernación: Rústica
-Formato: 19 x 21 cm.
 
Sinopse
La Bruja Colorea ten un gato negro, pero con conxuros de cores e unha brocha de visión mudará a súa cor. Como o pintarías ti?
O primeiro que fixemos foi descobrir a CUBERTA do libro; para iso, fixemos un gran círculo no chan da aula e realizamos un diálogo sobre o que podiamos ver e sobre o que nos imaxinabamos. Así, despois de pensar quen sería a protagonista principal, a que se podería adicar, que lle gustaría facer, etc. chegamos á conclusión (lendo as primeiras páxinas da historia) que esta bruxa era unha fanática das cores e, cansada da cor negra do seu gato, decidiu atopar outras cores para cambialo.
Antes de continuar a lectura, fixemos o noso tradicional "Que sabemos?", para coñecer se sabiamos dalgunhas "pocións máxicas" que cambiaran as cores por outras diferentes.
Anotamos as que sabiamos no encerado da aula e, a continuación, estivemos a probar se resultaban certas ou non. Se funcionaban, as deixabamos escritas na listaxe do encerado; se non resultaban, borrabamos o escrito.
Con todos os resultados, elaboramos unha listaxe das primeiras pocións máxicas resultantes e a colgamos no corcho da aula; agora, grazas a este libro, descobriremos máis e as engadiremos á folla coas demais.
Non vos perdades as nosas entradas do blog se queredes saber un poquiño máis e elaborar o voso propio "Libro de pócimas" .