Mostrando entradas con la etiqueta Salón do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Salón do libro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de marzo de 2013

XIV Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra

Xa temos aquí unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
O lema deste ano é A TODA MÁQUINA!
Inventar, crear, investigar, soñar, experimentar, construir…proxectar as ideas e facelas realidade no XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2013 de Pontevedra.
Se queredes visitar esta mostra, o poderedes facer dende o 2 ata o 23 de marzo de 2013 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Aquí vos deixamos o enderezo e a páxina web por se queredes acceder a toda a información: programa de actos, visitas concertadas, actividades de rúa, espectáculos,...

Pazo da Cultura de Pontevedra
Teléfono: 986.83.30.61
Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

jueves, 15 de marzo de 2012

Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra

Do 4 ao 31 de marzo de 2012, desenvolverase en Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Este proxecto cultural que comezou a andar no ano 2000, constitúe unha das pezas máis prezadas da programación anual do Concello de Pontevedra. 

O tema deste ano é 12 + 1

O Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil.
A presenza das supersticións é habitual tanto na tradición oral como na literatura contemporánea. Maniféstase de moitos xeitos. Cos números:12+1 (no canto de 13); con símbolos máxicos que funcionan coma amuletoss: a figa, a pata de coello...; coas accións que nos dan poder ou nos apartan do mal: cruzar os dedos, pasar a man pola barriga dunha preñada, atopar un trébol de 4 follas, botar o sal por enriba das costas, fregar o chepón dun concorvado... coa presenza de seres sobrenaturais como a Santa Compaña; co máxico poder de lugares especiais coma os cruces de camiños ou os camposantos; con elementos que nos dan medo ou nolo quitan: allos, cruces de madeira... con apócemas máxicas: a queimada e o seu conxuro... e mesmo con animais tan cotiáns coma os gatos. Se son negros, mellor que mellor!

Autor homenaxeado

O autor homenaxeado de 2012 é Paco Martín, escritor e mestre nado en Lugo en 1940 e cunha grande traxectoria de publicacións e premios. O seu primeiro libro, Muxicas no espello, apareceu en 1971. Publicou despois as novelas No cadeixo (1976) e E agora cun ceo de lama (1981) e o volume de relatos Dende a muralla (1990), obras todas elas obxecto de excelente acollida pola crítica. Mención aparte merece a súa contribución á literatura infantil e xuvenil, na que fixo acreedor do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 1986 co libro Das cousas de Ramón Lamote e á que aportou libros como Lembranza nova de vellos mesteres (1988). Con Historias para ler á noite (1992) acadou dos seus maiores éxitos.

Dende a portal web do Salón do Libro Infantil e Xuvenil poderedes acceder a toda a información relacionada con este evento: programación de actividades, notas de prensa, galería de imaxes,...
Aquí vos deixamos o contacto:

Organización  

609 688 795 salondolibro@salondolibro.org  

Pazo da Cultura de Pontevedra_ Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra_986 833 061

Fonte da información: http://www.salondolibro.org/