miércoles, 30 de octubre de 2013

Información sobre os vindeiros días festivos e actividades para o Samaín

Informamos a todas as familias que tanto 
mañá, xoves 31 de outubro
como pasado, venres 1 de novembro 
NON HABERÁ CLASES.

Agardamos que pasedes uns tenebrosos días celebrando o Samaín.
Podedes consultar o calendario lectivo deste ano na seguinte ligazón:

Doutra banda, aquí vos deixamos esta ligazón:
por se queredes lembrar diferentes actividades realizadas en cursos pasados na escola para celebrar o Samaín. 

Por último, compartimos con todos os usuarios do blog estas actividades LIM para que vos divirtades nestes días festivos.


(podes xogar en pantalla completa, premendo no botón superior de dereita con forma de cadro)
Libro colaborativo LIM sobre o Samaín

Na páxina web do colexio
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipriadevigo/
poderedes atopar milleiros de recursos na rede para traballar o Samaín. Aquí vai a ligazón (para acceder a ela, preme no enderezo)
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipriadevigo/node/115

martes, 29 de octubre de 2013

Exposición do Samaín e Petos de Ánimas

O pasado venres, levamos para as casas unha nota informativa na que explicabamos o seguinte:


Estimadas familias: Coa chegada do Samaín temos pensado facer unha exposición de cabazas decoradas. Aquelas nenas e nenos que queiran participar nesta convocatoria deben entregar a súa cabaza (xa decorada) o luns 28 en xefatura de estudos. As cabazas entregadas estarán expostas no recibidor do colexio ata o mércores 30, data na que os seus propietarios as deberán recoller para ambientar a súa casa na noite de defuntos.
Así mesmo, gustaríanos que nos enviedes a través dos vosos fillos e fillas unha receita típica desta altura do ano. Nesta receita debe figurar o nome, ingredientes e preparación. Do mesmo xeito, debe ser entregada en Xefatura de Estudos.

Coma sempre, as nosas familias colaboraron moi positivamente na actividade e onte, luns, á volta do recreo pasamos pola exposición para desfrutar tanto das cabazas, como das receitas e o Peto de ánimas, tamén presentes.
Aquí vos deixamos unhas imaxes. 
Dende o blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, explícannos máis detalladamente o que é un Peto de Ánimas. 
Poderedes acceder á explicación premendo no seguinte enlace:

lunes, 28 de octubre de 2013

Recursos Samaín-Halloween

Coma sempre, GRAZAS ao blog CASA DE TOLOS podemos desfrutar de milleiros de recursos para traballar diferentes festas e conmemoracións.
Nesta ocasión, desfrutamos dunha recompilación relativa a festa do Samaín-Halloween, así que non deixedes de visitar o seu blog e xogar cos nenos e nenas a estas actividades durante estas tenebrosas datas.
 
Aquí vos deixamos a ligazón. Premede sobre ela para acceder ás actividades que vos propoñemos:

viernes, 25 de octubre de 2013

Reapertura da BiblioRía

Hoxe, 25 de outubro, desfrutamos da Reapertura da BiblioRía.
O alumnado de educación infantil foi o primeiro en entrar na biblioteca ás 09:30 horas da mañá.
Para poder acceder ao espazo, precisabamos da invitación que nos mandara Gaspar o mércores e así o fixemos, un encargado de cada aula foi o que levou de primeiro a invitación para que o resto da aula puidera pasar.
 


O espazo estaba precioso, cheo de libros, coma sempre, pero con moitas novas!!! Unha fermosa exposición de libros de arte (museos, pintores,...) presidía a BiblioRía, así como dous murais nas dúas portas, que nos desvelaban o título do proxecto de centro deste ano: "LENDO CON ARTE".
O primeiro que fixemos foi lembrar as normas que Gaspar quere que cumpramos sempre que veñamos a facer o préstamo, xogar co Encerado Dixital Interactivo, ler contos, coas visitas de autores ou contacontos,..., é dicir, sempre que veñamos a BiblioRía.
A continuación puidemos visualizar estes vídeo sobre unha fermosa historia que vivíu Gaspar cun can.

Unha vez revisadas as normas, visualizada a "nova decoración" da BiblioRía e descuberto o tema sobre o que versará o proxecto de centro deste ano, Gaspar agasallou a todos os nenos e nenas cunha saborosa gominola, un pequeno libro sobre o mundo da lectura e uns marcapáxinas para toda a aula que pintaremos estes días.
Tamén houbo agasallo para as mestras; uns chulísimos broche de fieltro coa forma da nosa mascota.
 
 
 
 A segunda parte desta reapertura foi a entrega das mochilas viaxeiras aos primeiro alumnos e alumnas que as levarían para as súas casas. Henrique, da aula de tres anos, Martín, da aula de 4 anos e Ada, da aula de 5 anos, foros os nenos escollidos para as recibir, xunto co alumnado de educación primaria.
Aquí vos deixamos as imaxes da entrega.
Para descobrir máis información sobre a reapertura, podes acceder ao blog da BiblioRía:

As novas de Gaspar - Nova carta

O pasado mércores, 23 de outubro, chegou ás nosas aulas unha nova carta de Gaspar.




Ola amiguiños e amiguiñas!

Aquí estou xa de volta, e encantado de pensar que axiña vou estar con vos, todos os días, escoitando as vosas risas e os vosos contos.

Como xa falta pouco para o Día das Bibliotecas Escolares, o 24 de outubro, estamos a preparar una pequena festa para ese día, por iso vos mando unha invitación. Espero que poidades vir todos/as, xunto coas vosas profesoras e profesores.
Pero antes quero mandarvos unhas pistas para axudarvos a descubrir o enigma proposto na carta anterior.
A primeira pista é un agasallo, un bulbo dunha pranta, que vos traio dese lugar no que estiven. Se o prantades e o cuidades ben, na primavera dará unha flor que é a típica do país no que me atopaba. Alí hai campos cheos delas, Xa o adiviñastes?
A segunda pista é ao mésmo tempo un pequeno favor que vos quero pedir. Xa tedes decorados os cadrados de cartolina que vos encarguei? Pois se é así gustaríame que poñades neles,  ben centradiñas, as láminas que vos envío. E... a ver que vos fai pensar! Pero antes diso, dádelle a volta, e coa información que atoparedes detrás podedes encher a ficha que tamén vos mando. Agora si podedes pegalas, pero con BLUE-TACK,  eh! (facede catro boliñas, unha en cada esquina e xa está).
Penso que volo puxen fácil, non si? Seguro que agora xa sabedes onde estiven e tamen en que país. E si é así, tamén tedes a pista do tema deste curso. Se aínda non o tedes claro non vos preocupedes, o día 25 quedará desvelado o misterio.
Moito me gustan estes xogos!  E a vos?
Bueno, pois non se fale máis. Mans á obra!
Agardo por vos,  o día 25,  na BiblioRía.
Bicos de libros,
GASPAR
16 de outubro de 2013
 
Despois de ler a carta, estivemos a falar e "discurrir" sobre as pistas que nos relataba (aquí podedes ver ao alumnado de 5 anos descubrindo o bulbo e as láminas agasalladas por Gaspar):

1. A primeira pista é un agasallo, un bulbo dunha pranta, que vos traio dese lugar no que estiven. Se o prantades e o cuidades ben, na primavera dará unha flor que é a típica do país no que me atopaba. Alí hai campos cheos delas, Xa o adiviñastes?

2.A segunda pista é ao mésmo tempo un pequeno favor que vos quero pedir. Xa tedes decorados os cadrados de cartolina que vos encarguei? Pois se é así gustaríame que poñades neles,  ben centradiñas, as láminas que vos envío. E... a ver que vos fai pensar! Pero antes diso, dádelle a volta, e coa información que atoparedes detrás podedes encher a ficha que tamén vos mando. Agora si podedes pegalas, pero con BLUE-TACK,  eh! (facede catro boliñas, unha en cada esquina e xa está).
Dentro de moi pouco, poderedes desfrutar coas actividades realizadas nas aulas coas láminas, así como das prantacións dos bulbos dos que medrará unha flor típica do país por onde andivo a nosa mascota.
De momento aquí vos deixamos coa invitación  para asistir á reapertura da BiblioRía (cada aula tiña a súa propia invitación personalizada).