Os nenos/as de 4 anos chegaron moi contentos ao cole, xa que traían as súas achegas ao proxecto do cine, trouxeron diferentes xoguetes con imaxes que fixeron nas súas casas coa axuda da súa familia. Gustoulles moito ensinarllos aos seus compañéiros, explicándolles como se chaman, como funcionan e como o elaboraron.
Mostrando entradas con la etiqueta Familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Familias. Mostrar todas las entradas
lunes, 11 de diciembre de 2017
viernes, 15 de mayo de 2015
Feliz Día Internacional das Familias
Hoxe, 15 de maio, se celebra en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS.
Na nosa escola, é unha celebración que nunca deixamos pasar por alto e, coma sempre, elaboramos nas aulas un pequeno agasallo para todas as nosas familias, as que sempre colaboran cos proxectos e con todas as actividades propostas. Para todas vós, FELIZ DÍA!!!


Este ano, realizamos unha manualidade moi relacionada co tema do proxecto: unhas casas castrexas, nas que vivína os homes e mulleres da Prehistoria. Tanto aquí coma aquí xa vos amosamos como se desenvolvía o proceso de elaboración das casas prehistóricas; hoxe, vos amosamos o resultado e empaquetado final. Quedaron chulos, verdade?
Aquí vos deixamos tamén con esta imaxe que poderedes imprimir e, a continuación, pegar unha foto da vosa familia.
martes, 14 de abril de 2015
Museo Arqueolóxico de Vilalba
GRAZAS á colaboración das familias, os proxectos que realizamos cada ano en educación infantil se converten en todo un éxito.
Nesta ocasión, Abrham, da aula de 5 anos, comparte con todos nós a súa visita ao Museo Arqueolóxico de Vilalba; aquí vos deixamos cunha seleción de imaxes da visita que agardamos vos gusten.
jueves, 26 de marzo de 2015
"Una tarde neolítica"
"¡UNA TARDE... NEOLÍTICA!, así leva por título esta historia aportada á escola por Rita Goberna, unha nena da aula de cinco anos. A súa visita ao Parque Arqueolóxico Rupestre de Campo Lameiro centra esta historia que podedes ler nas seguintes imaxes e que agardamos que vos guste tanto coma a nós. Moitas grazas a Rita e a súa familia por colaborar co proxecto!!!
viernes, 6 de marzo de 2015
As familias colaboran...Coñecemos China
Tiñamos pendentes de compartir con todos estas imaxes da sesión realizada na aula de 4 anos, onde o alumnado coñeceu un pouquiño máis China.
Nesta aula, contamos coa presenza de Anika, unha nena con nai chinesa, que tivo o detalle de compartir con nós curiosidades variadas sobre este país, xusto o mesmo día que daba comezo ou se celebraba o Aninovo Chinés. Sabedes que en China este ano se celebra "O ano da cabra"???
As letras e os caracteres tamén son moi diferentes; puidemos trazar con pintura negra a palabra "primavera" nunha folla de papel. Nas imaxes poderedes ver que poucas "palabras" tivemos que precisar!!!
Por outro lado, un dos símbolos máis característicos deste país é o dragón, así que non deixamos pasar a oportunidade de pintar un, así coma de formar coas nosas mans un dragón xigante no corredor da aula.
Por último, Anika nos ensinou unha canción chinesa e un baile moi divertido.
Pasamos unha xornada moi, moi divertida e entretida na que, grazas á colaboración da nai de Anila (GRAZAS sempre ás familias por colaborar) puidemos descubrir máis aspectos doutras culturas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








