lunes, 28 de febrero de 2011

"EL CUERPO". Actividade para o EDI (3 anos) e máis recursos

O alumnado de 3 anos está a traballar un proxecto anual sobre o conto "Carapuchiña Vermella"; a partires do mesmo, traballan diferentes "temáticas" como os días da semana, a familia, o corpo,...
Aquí vos deixamos unha sinxela actividade EDI sobre o corpo, destinada a nenos e nenas de 3 anos e que poderedes descargar premendo na imaxe ou no enlace que tedes debaixo do debuxo (lembra que para poder xogar con estas actividades tes que ter un software específico)


Descarga a actividade dende o espazo web onde temos aloxadas as actividades para o EDI:


Coma sempre, o fermoso mundo dos blogues educativos trae consigo milleiros de recursos que podemos compartir. Así, o CEIP Santo Paio de Abaixo no seu blogue de Actividades LIM nos presenta este recurso co que poderemos traballar no noso cole... MOITAS GRAZAS!!!

A orde do meco para o MARTES

Aquí está o noso meco: un gran bosque onde anda agachado Landro e onde, cada día, aparece unha nova orde...
...aquí está a de mañá martes.

UN MERLO NO LOUREIRO DINOS:

NON SEXAS ZASCANDIL
E O MARTES
TRAE POSTO UN MANDIL

sábado, 26 de febrero de 2011

Chega o Entroido: as ordes do meco

CHEGA O ENTROIDO e, coma sempre, o meco presente na escola nos di cales son as ordes que temos que cumprir día a día.
Así, este venres, o alumnado de 6º de primaria pasou polas aulas para lembrar ao resto de alumnos e alumnas a norma que teñen que cumprir o luns.
No porche do colexio está presente o meco (en breves o amosaremos) e, cada día, aparecerá neste blogue a orde que temos que cumprir para o día seguinte, así que estade moi atentos e atentas!!!
.........................................

DURANTE TODA A SEMANA, PARA IR PREPARANDO O TEU DISFRAZ, ESTAS COUSIÑAS TES QUE TRAER
SE AO MECO NON QUERES VER ARDER
..........
NO BOSQUE XA CHEGA A PRIMAVERA E O LUNS
LANDRO MANDA TRAER UNHA FLOR CALQUERA

 

O protagonista da semana: ANALÍA

Durante toda esta semana, a protagonista foi Analía.
Este venres, 25 de febreiro, a súa nai e o seu pai viñeron á aula para contarnos moitas cousas sobre a nosa protagonista...
... e, coma sempre, o primeiro que fixemos foi ensinarlles as actividades realizadas durante o "reinado"
A continuación, Iria (nai) e Se (pai) nos contaron un montón de anécdotas da súa filla e, como ben sabiamos, é unha fanática da cor rosa e dos animais!!!
Grazas as imaxes proxectadas e amosadas pola súa familia, puidemos descubrir como era Analía de pequena, os seus vestidos, os seus xoguetes favoritos, as súas viaxes, etc. todo iso, baixo a atenta mirada da protagonista.
Non podería faltar nesta sesión de protagonista dos venres a tradicional rolda de prensa. Os compañeiros e compañeiras da aula tiñan moitas cousas que preguntar e que mellor momento que facelo que cando temos presente a familia da protagonista.
O pai da nosa protagonista é portugués e Analía naceu e viviu alí durante un tempo... aínda que estaba un pouco tímida e non quixo dicir ningunha cousiña, a protagonista entende e fala perfectamente no idioma dese país!!!
Analía non se esqueceu dos seus amigos e amigas da aula, e quixo compartir con todos e todas un agasallo moi saboroso... mirade que tarta tan apetecible amósanos Iria, a súa nai... que rica!!!
Nós tamén tiñamos un agasallo para a súa familia: o tradicional diploma que agradece a súa presenza nesta xornada e a súa colaboración co proxecto.
MOITAS GRAZAS!!!

jueves, 24 de febrero de 2011

Recursos para o Entroido (III)


Como xa vos comentamos noutras ocasións, a mestra Paula colabora na elaboración destas actividades LIM xuntos con outros mestres e mestras.
Aquí vos presentamos a última que temos, nesta ocasión sobre o Entroido... a disfrutar!!!

martes, 22 de febrero de 2011

Un novo blogue no cole: o blogue da BiblioRía

!!!

!!!


Gaspar e Landro traen boas novas!!! O equipo de biblioteca do colexio xa botou a andar o blogue da BiblioRía.
Dende este espazo web, poderedes estar informados/as e ao día de todas as novas que acontecen no "fogar" de Gaspar e Landro.
Aquí vos deixamos o enlace e, coma sempre repetimos, agardamos os vosos comentarios!!!
ADIANTE!!!

lunes, 21 de febrero de 2011

Recursos para o Entroido (II)

Se fai uns días amosabamos neste blogue unha entrada titulada Recursos para o Entroido (I) (http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com/2011/02/recursos-para-o-entroido.html) e que consistía nunha actividade LIM, hoxe vos presentamos unha serie de fichas de entroido que poderedes imprimir en papel e traballar co alumnado durante estas festas.
Agardamos que vos gusten.










viernes, 18 de febrero de 2011

GRAZAS ERIC CARLE!!!

A verdade é que para Eric Carle soamente temos palabras de agradecemento.
Como ben sabedes, durante o curso pasado estivemos a traballar cos seus contos (fixemos traducións, utilizámolos como centro de interés dalgúns temas, desenvolvimos un obradoiro de cociña, estudiamos a súa biografía,...) e o propio Eric Carle foi informado dos "nosos pasos".
Grazas a Ana, a mestra de inglés (e a Belén Junquera que nos facilitou moitos datos e recursos), puidemos ter contacto co autor vía mail.
Como non podería ser doutra forma, o propio Eric Carle foi informado da consecución do 3º Premio de Innovación Educativa e, este mesmo xoves, nos mandou á escola unha lámina do abecedario feita por el mesmo e adicada para todos e todas.
GRAZAS ERIC CARLE!!!
("mellores desexos". Eric Carle)

O protagonista da semana: DIEGO PAZOS

Esta semana o protagonista foi Diego Pazos e hoxe, venres 18 de febreiro, vivimos unha xornada moi interesente descubrindo un pouquiño máis sobre a súa vida.
Nun primeiro momento, repasamos os traballos realizados durante toda a semana; acompañado pola mestra Tere, Diego amosounos a todos e todas como era de pequeno, cales son as persoas que integran a súa familia, onde vive,...
A continuación, puidemos ler o conto "El cocodrilo inteligente", un dos favoritos de Diego.
A tradicional "rolda de prensa" chegou unha vez rematado o conto. Coma sempre, os seus compañeiros e compañeiras foros os encargados de realizar as preguntas ao noso protagonista.
Chegada a pregunta: "cal é a túa canción favorita?", o protagonista contestou que a canción de "Código lyoco" e como as mestras non sabían moi ben que era "iso", pois decidimos que o mellor era teclear o nome no ordenador e buscar a ver que atopabamos.
Por último, unhas saborosas chuches de parte do protagonista...
... e o tradicional diploma no podía faltar.
Ata a próxima!!!