Mostrando entradas con la etiqueta Arcimboldo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arcimboldo. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de junio de 2014

"Verano", de Arcimboldo

As nosas catro estacións de Arcimboldo xa están rematadas. A última que quedaba por facer era a do verán e xa a temos lista e colgado da parede do noso porche.
Agora, toda a serie de catro estacións feita por nós luce no "museo" no que se convertiu a escola.
Aquí vos deixamos as imaxes que agardamos vos gusten.
 "OUTONO"
 "INVERNO"
 "PRIMAVERA"
 "VERÁN"
Dentro de moi pouco, poderedes desfrutar cos libros de Arciboldo feitos polo alumnado.

viernes, 6 de junio de 2014

"Primavera", de Arcimboldo

Aquí vos presentamos unha obra de arte máis, feita polo noso alumnado e que segue a completar a serie das catro estacións elaborada polo artista Arcimboldo.
Se previamente xa vos amosamos o resultado do Outono:
e do Inverno:

 hoxe lle toca o turno á Primavera, un cadro cheo de flores e cores variadas que, igual que quixo facer o pintor, reflicte o espírito alegre, colorido e divertido da estación do ano na que estamos. 

Quedou chulo, verdade?

Estes días, xa estamos mans á obra co Verán. Moi atentos e atentas que, en breve, amosaremos o resultado neste blog.

jueves, 20 de marzo de 2014

"Inverno", de Arcimboldo

Nas aulas de educación infantil da escola, estamos moi sorprendidos/as cos cadros tan orixinais que o artista Arcimboldo foi capaz de facer.
Nun primeiro momento, descobrimos o cadro sobre o "Outono" e fixemos a nosa propia representación do mesmo.
Para lembrar as entradas deste blog onde comentabamos o proceso de creación, podedes premer nas seguintes ligazóns:

O noso obxectivo é realizar a nosa propia representación ou visión destes cadros das catro estacións, de Arcimboldo. Xa fixemos o Outono e, coa chegada fai tempo do Inverno, tocou poñerse mans á obra e deseñar a nosa reprodución.
Xa a temos rematada e, por iso, aquí vola amosamos e agardamos que vos guste:
Todas estas representacións das catro estacións están expostas no porche de entrada da nosa escola. Así, xa temos o Outono e o Inverno. Agora, coa chegada da primavera, elaboraremos un novo cadro que, unha vez finalizado, pasará a formar parte desta coleción de catro cadros. 

lunes, 4 de noviembre de 2013

Rematado!!! Xa temos o noso "Outono", de Arcimboldo

O pasado 21 de outubro, nesta entrada do blog
comentabamos esta actividade que estabamos a realizar nas aulas de educación infantil.
Pouco a pouco, a nosa particular reprodución do cadro "O outono", do artista Arcimboldo, foi collendo forma. A mestra Ángeles axudounos a pegar todos os elementos, así como a chegar ás zonas máis altas para nós.
Foi unha actividade divertidísima e estabamos todos moi motivados/as. Agardamos que vos guste e aquí vos deixamos a evolución e resultado.

 Agora, baixaremos a nosa obra de arte ao porche da escola onde o colgaremos e así colaboraremos, igual que o resto de aulas, a confeccionar un mural xigante sobre o outono.

lunes, 21 de octubre de 2013

O outono - Arcimboldo

Fai un tempo, publicamos neste blog a seguinte entrada:

Xa podedes acceder a unha nova actividade para o Encerado Dixital Interactivo (EDI) ou "pizarra máxica".
Esta vez, vos presentamos unha actividade dirixida ao alumnado de educación infantil (tamén ao de primaria) onde traballamos cun cadro do artista Arcimboldo, concretamente con este:

"O outono"_1573_Museo do Louvre (París)
A actividade está dirixida a traballar APRENDENDO A PENSAR polo que a imaxe do cadro non se amosa na súa totalidade senón que, pouco a pouco, o alumnado vai mirando un anaquiño da imaxe e teñen que pensar que podería ser iso que se amosa.
Ao prensentar o cadro deste xeito, creamos un momento de intriga e despertamos a curiosidade. Formulamos diferentes preguntas: que ves?, que cores ves?, onde podería estar iso que miras?,...
Aquí vos deixamos unha mostra do que eles ven e que poderedes atopar ao descargar a actividade.
Para acceder á actividade e poder xogar con ela, podes dirixirte á Wiki do noso cole onde as temos almacenadas (preme no enderezo web ou na imaxe da portada da actividade e accederás á páxina onde está aloxada)

http://edi-riadevigo.wikispaces.com/Estaci%C3%B3ns+do+ano

Este ano, quixemos recuperar esta actividade e traballar de novo cos nenos e nenas este cadro. Voltamos presentar ao alumnado a imaxe, pero pouco a pouco. Case ninguén lembraba o xogo e xurdiron, de novo, ideas e pensamentos variados ata que algún dixo que era una cara formada con froitos.
Como estes días estamos a traballar coa estación do outono, decidimos que sería boa idea facer un "Señor Outono" no corredor, por iso puxemos mans á obra e comezamos a colorear froitos e follas da estación.
Unha vez tivemos todo pintado e recortado, chegou o momento de comezar a montar a cara do "Señor Outono" e aquí van algunhas imaxes da montaxe. Cando estea rematado, subiremos ao blog o resultado que agardamos vos guste.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Traballamos co cadro "El Hortelano" do artista Arcimboldo

Aquí vos deixamos unha nova actividade para a pizarra máxica; nesta ocasión, enfocada á arte e ao traballo de "aprender a pensar" e "aprender a mirar".
O cadro co que nos divertimos é, nesta ocasión, o titulado "El hortelano" do artista Arcimboldo.
Que pode agacharse debaixo desa sombra negra?, que miramos?, que pode ser?, é un home?, é un frutero?... son distintas preguntas que xurdirán na realización das fichas e que o alumnado debe resolver.

Podedes descargar a actividade premendo na imaxe que aparece debaixo ou no enderezo web.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Actividade para o EDI: "Pensa que ves" (Xogando con ARCIMBOLDO)