miércoles, 31 de mayo de 2017

ESPECIAS

Malala e Alok, os nosos amigos da India, trouxeronnos unha nova sorpresa! unha bolsiña chea de especias, foi todo unha experiencia! xa que as coñecemos puras e moidas e puidemolas tocar, ulir, saborear,...  Coñecemos especias como: o cardamomo, o jenjibre, a cúrcuma, o clavo, o anis, a canela, a pementa,... Aquí vos deixamos unha imaxes.





martes, 30 de mayo de 2017

A ROUPA NA INDIA



Bos días familias!
Seguimos aprendendo cousas sobre a India… estes días estivemos investigando sobre cómo é a súa roupa,  e descubrimos o nome dos traxes tradicionais típicos da India para mulleres (Sari) e para homes (Dothi) e vimos fotos en internet para coloréalos!
Tamén aprendemos que os hindúes empregan adornos corporais que representan diferentes cousas: o amor, a sabiduría, etc. e decidimos probar qué tal nos quedaban.
Aquí tedes unhas fotiños do que imos aprendendo.











lunes, 29 de mayo de 2017

RECREOS

Os alumnos e alumnas de quinto están participando no recreo de infantil con diferentes xogos como o paracaidas ou os zancos para que teñamos uns recreos moito mais dinámicos e divertidos.









 

viernes, 26 de mayo de 2017

jueves, 25 de mayo de 2017

IV QUEDADA LITERARIA

Os nenos e nenas de cinco anos xunto cos alumnos e alumnas de quinto de primaria participaron en representación do noso cole na IV Quedada Literaria no Parque de Castrelos.
nesta xornada disfrutamos da lectura de contos por nenos e nenas de outros coles de Vigo, despois merendamos e contamos coa actuación do grupo Migallas Teatro que nos fixeron disfrutar moito.
Aqui queda un pequeno resumo fotográfico da xornada.

miércoles, 24 de mayo de 2017

LOLA A TARTARUGA

A semana pasada os nenos e nenas de educación infantil tiveros unha visita moi especial, a mama de Nacho Redondo, de 4 anos, presentounos unha das súas mascotas. De que animal se tratará?







martes, 23 de mayo de 2017

FOLLAS DE TÉ

Dentro do material aportado dende as familias tiñamos na aula o conto "La hoja de té"
Conseguimos ter follas de té secas e estivemos pondo a proba os nosos sentidos: olfato, tacto,vista.


Logo metemos en auga quente estas follas secas e maxicamente tivemos follas verdes de té.


 


Despois estivemos observando outros modos de presentar este producto no mercado e por último pegamos no plato diferentes tipos de té.



 

lunes, 22 de mayo de 2017

RUPIAS

Na clase de 3 anos seguimos investigando sobre a India. Esta vez descubrimos que a súa moeda non é o Euro como aquí, senón a Rupia, un euro equivale aproximadamente a 65 rupias. Alí tamén teñen moedas e billetes, pero son diferentes aos nosos, a imaxe que se ve neles é un señor sen pelo e con gafas que non coñecemos. Investigaremos quén pode ser e porqué sae ahí!









viernes, 19 de mayo de 2017

VERMES DE SEDA

Xa vos amosamos os nosos vermes acabadiños de nacer, pero agora casi un mes mais tarde, ides ver como medraron  e o ben que os coidamos cada día dandoñe follas de moreira e deixandolle pasar na nosa man.