Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de junio de 2015

Actividade "Letra a Letra"

Grazas a unha iniciativa do noso Equipo de Dinamización de Lingua Galega, levamos a cabo unha actividade moi divertida no patio da escola. Consistiu en decorar o muro do areeiro con palabras fermosas en galego. "bolboreta", "serpe", "pomba", "meiga", "alumiñar",... foron algunhas das aportadas polo alumnado e as familias.
Aquí podedes ver ao alumnado de 5 anos pintando palabras, contando coa axuda dos nenos e nenas de 6º de primaria.
Non dubidedes en visitar o blog "Embárcate no galego" para poder acceder a máis imaxes da actividade. Adiante!!!
http://www.embarcatenogalego.blogspot.com.es/2015/05/o-mural-palabra-palabra.html