Mostrando entradas con la etiqueta Lendo con arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lendo con arte. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de junio de 2014

Imaxes Festival Fin de Curso

O curso remata e hoxe compartimos con todos e todas esta presentación en imaxes sobre o festival de Fin de curso (educación infantil e 1º ciclo de primaria) que tivo lugar o xoves, 19 de xuño, e que foi todo un éxito!!!
 Como este curso andivemos a trafegar no mundo da arte (grazas ao proxecto de centro que xurdiu da BiblioRía titulado “Lendo con Arte”) os nenos e nenas convertéronse nuns artistas; e así o demostraron neste festival de fin de curso tan cultural, onde ademais de recitar, cantar e bailar, tamén nos contaron, do xeito máis artístico, o que aprenderon coa investigación do proxecto sobre os pintores e as obras que cada quen traballou.
En primeiro lugar, foi a actuación de 1º e 2º de Primaria, que escenificaron o cadro de Velázquez, “LAS MENINAS”, e nos contaron todos os pormenores e "cotilleos" da corte de Felipe IV, e de todas as personaxes que quedaron inmortalizadas nesta obra de arte. A historia rematou bailando un “Minué”.
En segundo lugar, foi a actuación de Educación Infantil que xirou arredor da figura e obra de VINCENT VAN GOGH. Un grupo mixto formado por nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos comezou recitando un poema que resumía a vida do artista holandés.
A continuación, os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha danza coa música: “Starry, Starry Night” de Don McLean, que falaba do cadro co que traballaron: “La Noche Estrellada”; para rematar, recitaron un poema elaborado na aula adicado a este cadro.
Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron un baile coa canción: “Una calle de Paris” na versión de El Sueño de Morfeo, que tamén falaba de Van Gogh e a súa habitación, xa que eles traballaron moi especialmente co cadro “La Habitación de Arlés”; a continuación, recitaron un poema adicado especialmente a ese cadro.
E, xa para rematar, os nenos e nenas de 5 anos bailaron ao son da canción “Happy”, de Pharrell Williams e fixeron unha coreografía que rematou nun cadro vivente representando "Los Girasoles”. Tamén eles/as tiñan un poema adicado a este cadro que traballaron especialmente durante o curso e que recitaron para todos como broche final.
Por último, tivo lugar a gradución destes nenos de 6º de Infantil que recibiron a banda e a orla, xa que o vindeiro curso pasan a Primaria. Norabóa!


Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

miércoles, 18 de junio de 2014

Libro sobre Van Gogh - 6º Educación Infantil (5 anos)

O alumnado de 5 anos elaborou este caderno, enviado por Gaspar, sobre os datos máis importantes da vida e obra do artista holandés Vinçent Van Gogh. 

Libro sobre Van Gogh - 5º Educación Infantil (4 anos)

Aquí vos deixamos co libro elaborado polo alumnado de 4 anos sobre a vida e obra Van Gogh.

Libro sobre Van Gogh - 4º Educación Infantil (3 anos)

Como ben sabedes, a principios de curso, chegou ás aulas unha maleta sorpresa de parte de Gaspar. 
Dentro desa maleta, atopabamos un libro para completar coa información recollida sobre o pintor traballada na clase. Pois ben, aquí tedes o libro rematado que agardamos vos guste.
En breves, poderedes ver o de 4 e 5 anos.

martes, 17 de junio de 2014

A nosa escola parece un verdadeiro museo

Neste curso, os corredores da nosa escola enchéronse de arte e se converteron nun museo.
Por unha banda, podemos atopar os cadros que nos trouxo o profesor Carlos, do IES "Val de Tea", que é pai dun neno do colexio e, por outra banda, atopamos tamén copias ou reproducións  de cadros famosos feitos polos nenos e nenas das distintas aulas. 
Na aula de Inglés integráronse contidos de Arte coa Lingua Inglesa; tanto nas clases de Lingua Estranxeira (Inglés) como nas de Arte en Inglés (nos grupos Plurilingües e Bilingües). 
Nun principio, cada curso traballou técnicas pictóricas diversas e, posteriormente, centrou a atención nun pintor norteamericano para crear o seu propio cadro ou a versión dese cadro. Cada unha destas obras de arte pasou a formar parte do Museo no que se converteu a clase de inglés “The English Classroom turns into a Museum” e que o alumnado de 6º de educación infantil (5 anos) visitou fai poucos días. (Podedes lembrar a visita premendo na seguinte ligazón: http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2014/06/visitamos-mostra-de-arte-da-aula-de.html)

Estes son os cadros que alumean os nosos corredores:
  • KANDINSKY- " los cuadrados con círculo concéntricos"
  • VAN GOGH - "Autoretrato", "La noche estrellada" e " La habitación de Arles"
  • EL GRECO- "El caballero de la mano en el pecho"
  • PICASSO- "Autoretrato", " Pablo vestido de arlequín", " El joven de la gabardina roja"
  • MUNCH- " El grito"
  • CÉZANNE- "Autorretrato"
  • ARCIMBOLDO- " Las estaciones"
  • VELAZQUEZ- " Las meninas"
  • LAXEIRO- " O trasmundo"
  • PICASSO- " El Guernica"
  • MONET - " La terraza de sainte-Adresse, "Dama con parasol"
Aquí tedes dúas reportaxes gráficas: na primeira podedes ver os cadros cedidos ao colexio e na segunda as obras de arte feitas polos nenos e nenas da escola.



 


lunes, 16 de junio de 2014

"Verano", de Arcimboldo

As nosas catro estacións de Arcimboldo xa están rematadas. A última que quedaba por facer era a do verán e xa a temos lista e colgado da parede do noso porche.
Agora, toda a serie de catro estacións feita por nós luce no "museo" no que se convertiu a escola.
Aquí vos deixamos as imaxes que agardamos vos gusten.
 "OUTONO"
 "INVERNO"
 "PRIMAVERA"
 "VERÁN"
Dentro de moi pouco, poderedes desfrutar cos libros de Arciboldo feitos polo alumnado.

jueves, 12 de junio de 2014

Pintamos como Van Gogh

Na aula de 5 anos, estivemos a pintar diferentes cadros famosos de Van Gogh e, con eles, elaboramos un gran libro para cada un de nós onde recollemos estas pinturas.
na cuberta do mesmo decidimos poñer o noso cadro favorito de Van Gogh, polo que cada un de nós fixo un debuxo alusivo ao mesmo.
 
 A continuación, unha vez que abrimos o libro de arte, atopamos unha carta informativa para as familias, así coma cada un dos cadros elaborados.
Agardamos que vos guste.

miércoles, 11 de junio de 2014

Visitamos a mostra de arte da aula de inglés

O pasado luns, 9 de xuño, os nenos/as de 6º de educación infantil-5 anos, acompañados polas mestras Paula e Ángeles, visitamos a mostra de arte presenta na aula de inglés dos maiores da escola.
Ana, a mestra de inglés, acudiu á nosa aula para nos facer a invitación e nós, que xa somos moi maiores, non dubidamos nin un instante en aceptar a invitación e subir pola zona dos maiores ata o máis alto... alí estaba a mostra de arte!!!
Dentro da aula, nos agardaba unha sorpresa: os nosos padriños/madriñas lectoras de 5º de primaria nos prepararon unha "visita guiada" pola exposición de arte e puidemos coñecer todo o que traballaran os nenos e nenas de primaria.
Nós, para rematar o acto, quixemos agradecer todo o seu traballo co recitado da nosa poesía sobre a obra de Van Gogh, "Los girasoles".
Aquí vos deixamos as imaxes desta xornada tan divertida.

lunes, 9 de junio de 2014

Actividades para nos divertir na casa. "La Bruja Colorea"

Aquí vos presentamos este caderno sobre o conto “La Bruja Colorea”, que está formado por unha serie de fichas de actividades en branco e negro que completan o traballo sobre a historia.
Aquí o deixamos por se o queredes descargar, traballar no verán, nas vosas aulas, etc.

Se o queredes ver e descargar dende o Álbum Picassa, esta é a ligazón:

viernes, 6 de junio de 2014

"Primavera", de Arcimboldo

Aquí vos presentamos unha obra de arte máis, feita polo noso alumnado e que segue a completar a serie das catro estacións elaborada polo artista Arcimboldo.
Se previamente xa vos amosamos o resultado do Outono:
e do Inverno:

 hoxe lle toca o turno á Primavera, un cadro cheo de flores e cores variadas que, igual que quixo facer o pintor, reflicte o espírito alegre, colorido e divertido da estación do ano na que estamos. 

Quedou chulo, verdade?

Estes días, xa estamos mans á obra co Verán. Moi atentos e atentas que, en breve, amosaremos o resultado neste blog.

miércoles, 4 de junio de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_Os diferentes tipos de viviendas

Como ben sabedes, o curso está a piques de rematar e con el as nosas aventuras con Juanita. Para rematar esta experiencia, a semana pasada estivemos traballando co conto titulado "Tania la araña"; para realizar esta actividade tomamos como elemento motivador os cadros reseñados na guía orientativa do libro: 

"Morro da favela", de Tarsila do Amaral (1924)
 
"El imperio de las luces", de René Magritte (1954)
"¿Por qué estás enfadada?", de Paul Gauguin (1896)
Unha vez visionadas as obras de arte os nenos e nenas expresaron que tipo de xente pensaban eles que podían vivir en cada unha daquelas casas. Posteriormente, estivemos a falar dos distintos tipos de casas onde podía vivir a xente.
Unha vez rematado o diálogo, fixemos unha actividade escrita onde nenos e nenas colorearon e escribiron o nome de distintas vivendas.
Ata aquí chegou polo de agora a nosa experiencia co Proxecto Noria "Jugar a Pensar". O vindeiro curso seguiremos a coñecer máis amigos de Juanita.
Esperamos que a experiencia vos teña gustado a todos e todas.