Mostrando entradas con la etiqueta La mariquita Juanita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta La mariquita Juanita. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de enero de 2015

"La mariquita Juanita" e "Leticia, la cigarra"_Aula 5 anos

Coa volta das vacacións de Nadal, voltamos ao traballo cos contos de "La mariquita Juanita", coñecendo novas personaxes; nesta ocasión, o conto que traballamos foi "Leticia, la cigarra". 
Unha vez narrada a historia, tivemos un diálogo no que falamos da actitude de Juanita ao aceptar o canto da cigarra sen enfadarse con ela.
A continuación, amosamos unhas pinturas do artista Edgar Degas:
-"Ensayo de canto" 1872-1873
"Cantante de café-concierto con guante" 1878
"La canción del perro" 1876-1877

Os nenos e nenas observaron a través dos cadros as distintas formas de cantar e falamos sobre se esas formas poden ser aceptadas ou non; posteriormente, cada un no seu sitio fixo o crebacabezas da pintura de Degas "Cantante de café-concierto con guante".
Agardamos que vos guste esta pequena mostra do noso traballo.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 5 anos_O medo no conto "Luci, la luciérnaga"

Coa  chegada do Samaín, na aula de cinco anos estivemos traballando un pouquiño o tema do medo e, estes días, tamén o traballamos da man da nosa amiga Juanita. Despois de leer a historia "Luci, la luciérnaga" mostrámoslle aos nenos e nenas unhas pinturas que introducían o tema do medo e da oscuridade. Preguntámoslle ao alumnado se era posible que nos gustase unha obra de arte onde se nos amose "medo" e, a continuación, lles pedimos que nos explicasen as respostas  ofrecidas.
As obras suxeridas foron do Pintor Henri  Rousseau.
-Una noche de carnaval, 1886
-La gitana dormida, 1897
-La encantadora de serpientes, 1907
Partindo de cada unha das obras anteriores, ofrecéuselle a cada neno/a un anaco dunha das obras, que pegaron nunha folla e, posteriormente, tiveron que rematar eles/as a súa propia obra de arte.
Aquí queda unha pequena mostra deste traballo. Esperamos que vos guste.

miércoles, 22 de octubre de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 5 anos_coñecemos a "Luci, la luciérnaga"

Os alumnos/as de cinco anos voltamos a recibir na aula a visita da nosa amiga Juanita.
Se lembrades, durante o curso pasado xa estivemos a traballar cos contos de "La mariquita Juanita"; para lembrar as publicacións relacionadas con estas actividades, podedes premer na seguinte ligazón:
Nesta ocasión tivemos a oportunidade de coñecer a historia de "Luci, la luciérnaga". 
Despois de escoitar o conto, reflexionamos entre todos e todas sobre a pregunta que fai Juanita: "¿Hadas?, ¿Qué son hadas?". Os nenos e nenas traballamos sobre esta cuestión e fomos explicando o que son para nós as fadas; cando xa tivemos máis ou menos clara unha explicación ou resposta, a mestra nos invitou a pensar cal sería o traballo destas personaxes. Por último, estivemos  falando de como pensabamos que serían as fadas fisicamente, que aspecto terían e como as debuxariamos.
Cando xa tivemos claras todas estas respostas, cada un de nós fixo o debuxo dunha fada segundo como as imaxinabamos, así como pensamos un nome para cada unha delas.
Aquí vos deixamos unhas imaxes da actividade.

jueves, 19 de junio de 2014

Traballo 5 anos_"La mariquita Juanita"

Os nenos e nenas de educación infantil estiveron a traballar cos contos de "La mariquita Juanita" durante todo este curso escolar.
Cada un deles elaborou un libro de rexistro con fichas variadas sobre os doce contos que conforman o libro. Aquí vos deixamos o resultado que agardamos vos guste.
Lembrade que se queredes ver as entradas do blog anteriores, relacionadas con este tema poderedes premer na seguinte ligazón:
http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/search/label/La%20mariquita%20Juanita

Traballo 4 anos_"La mariquita Juanita"

Despois de tantos días de traballo, aquí vos deixamos co libro elaborado sobre os contos de "La mariquita Juanita" polo alumnado de 4 anos.
Agardamos que vos guste e se queredes consultar publicacións do blog anteriores, relacionada con esta personaxe e as súas amizades, podedes premer na seguinte ligazón:

miércoles, 4 de junio de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_Os diferentes tipos de viviendas

Como ben sabedes, o curso está a piques de rematar e con el as nosas aventuras con Juanita. Para rematar esta experiencia, a semana pasada estivemos traballando co conto titulado "Tania la araña"; para realizar esta actividade tomamos como elemento motivador os cadros reseñados na guía orientativa do libro: 

"Morro da favela", de Tarsila do Amaral (1924)
 
"El imperio de las luces", de René Magritte (1954)
"¿Por qué estás enfadada?", de Paul Gauguin (1896)
Unha vez visionadas as obras de arte os nenos e nenas expresaron que tipo de xente pensaban eles que podían vivir en cada unha daquelas casas. Posteriormente, estivemos a falar dos distintos tipos de casas onde podía vivir a xente.
Unha vez rematado o diálogo, fixemos unha actividade escrita onde nenos e nenas colorearon e escribiron o nome de distintas vivendas.
Ata aquí chegou polo de agora a nosa experiencia co Proxecto Noria "Jugar a Pensar". O vindeiro curso seguiremos a coñecer máis amigos de Juanita.
Esperamos que a experiencia vos teña gustado a todos e todas.

miércoles, 28 de mayo de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_"Tania la araña"

A semana pasada, na aula de catro anos estivemos afondando na historia da nosa amiga "Tania la araña". Despois de repasar o conto, comentamos a actitude que tivo Tania ao cambiar de casa, cando xa estaba cansa de vivir nese lugar.
Posteriormente, conducimos un diálogo cos nenos e nenas sobre o feito de cambiar de casa e cales eran os animais que o podían facer. Falamos de animais que levan a súa casa ás costas, de animais que fabrican a súa propia casa e de animais, coma os peixes, que teñen que vivir unicamente nun tipo de medio como é o acuático, porque doutro xeito morrerían.
Unha vez rematado o diálogo, fixemos unha actividade escrita onde nomeamos e escribimos o nome das diferentes casas dos animais que figuraban na lámina.
Aquí deixamos unha pequena mostra deste traballo. Agardamos que vos guste.
 

jueves, 22 de mayo de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_"Tania, la araña"

Unha nova historia chegou a nosa aula da man da nosa amiga Juanita; nesta ocasión, coñecimos a unha nova amiga: "Tania, la araña". 
Se onte vos contabamos neste blog, toda a investigación realizada en torno ás bolboretas, despois de ler o conto "Maripepa, la mariposa", hoxe lle toca o turno ás arañas.... non paramos con tanto insecto!!!
A historia de "Tania, la araña" levóunos a facer un diálogo entre todos e todas sobre as palabras e expresións  "GRAZAS", "POR FAVOR", "BOAS TARDES",... preguntándonos cando debemos utilizar cada unha delas e en que situacións. Cada neno e nena foi expresando os diferentes momentos en que eles utilizarían eses termos e uns fomos aprendendo dos demais.
Unha vez rematadas as sesións verbais, realizamos unha actividade escrita onde completamos o título do conto, escribimos o nome de cada un dos protagonistas e, a continuación, pasamos a colorealos.
Agardamos que vos guste o noso traballo.

miércoles, 21 de mayo de 2014

De eiruga a bolboreta

Tras estar atrapados na historia da bolboreta Maripepa e ter aprendido tanto sobre o seu proceso evolutivo, hoxe vos podemos amosar, a través deste blog, toda a evolución de eiruga á bolboreta.
Por fin, os nosos vermes fixeron o seu casulo!!! 
Se queredes lembrar a entrada anterior na que xa falabamos dos vermes, podes premer nesta ligazón: http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2014/05/la-mariquita-juanitaaula-4-anosmaripepa.html 
Aquí vos queda unha mostra de todo o que temos vivido cos nosos vermes.
 
Esperamos que vos guste e voltaremos a informarvos cando xa teñamos a nosa bolboreta.

lunes, 5 de mayo de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_"Maripepa, la mariposa" e os vermes de seda

Despois de estar atrapados e atrapadas na historia da bolboreta Maripepa, e ter aprendido tanto sobre o seu proceso evolutivo, a semana chegaron a nosa aula de catro anos uns novos inquilinos: OS VERMES DE SEDA.
 Grazas a eles, poderemos ser espectadores "de primeira fila" do seu proceso evolutivo ata se convertir en fermosas bolboretas.
Imos ter a PACIENCIA que tanto nos transmitíu Maripepa e que será necesaria para cuidalos a cotío; pouco a pouco, amosaremos a súa evolución. 
Aquí vai unha pequena mostra de como foron recibidos na aula e dos coidados que lles prestamos. Esperamos que vos guste e vos manteremos informados do seu crecemento.
Aquí vos deixamos as ligazóns ás entradas publicadas no blog sobre o conto de "Maripepa, la mariposa":