martes, 28 de febrero de 2012

lunes, 27 de febrero de 2012

Actividade LIM: Somos piratas

Agardamos que vos guste esta nova actividade Lim; nesta ocasión, relacionada cos piratas.
Lembra que para xogar en pantalla completa, tes que premer no cadrado superior dereita que aparece na actividade.
Agardamos os vosos comentarios.

jueves, 23 de febrero de 2012

Almorzos Saudables

A semana do 13 ao 17 de febreiro, levamos a cabo unha actividade titulada "Almorzos Saudables".
 Os nenos e nenas de educación infantil almorzaron na escola durante dous días; a distribución das sesións foi a seguinte:

Luns 13 e Mércores 15: alumnado de 4º de educación infantil.
Martes 14 e Xoves 16: alumnado de 5º e 6º de educación infantil.

Os menús escollidos foron os seguintes:

Menú 1: pan con tomate e aceite, xamón serrano, zume de laranxa, leite, colacao.
Menú 2: bocadillo de pan con salchichón, auga, iogur natural, froitos secos e mel.

As familias estaban invitadas a asistir; así, tanto elas como o alumnado recibiron unha charla inicial onde se explicaba a importancia dunha alimentación variada así como as cantidades apropiadas a comer de cada tipo de alimento.
Por outro lado, ao rematar de almorzar tamén nos explicaron a importancia dun bo cepillado dos dentes.
Unha xornada diferente e moi divertida; con ganas de repetir para o ano!!!


Para poder ver a totalidade das imaxes, podes premer no seguinte enderezo:




CONSUMO OCASIONAL: Carnes graxas (embutidos), pasteis e bolos, bebidas e refrescos azucrados.

CONSUMO SEMANAL: Ovos (3-4). Carne magra de vacún, porco, ave (3-4 racións). Peixe e froitos do mar (3-4 racións). Legumes (2-4 racións) e froitos secos (2-3 racións)

CONSUMO DIARIO: Leite, queixo e iogur (2-4 racións). Aceite de oliva (3-6 culleres sopeiras) Froitas (3 ou máis racións) e vexetais (2 ou máis recións). Pan, pasta, arroz, patacas, outros cereais (4-6 racións)
Auga e bebidas quentes (2-3 litros). Sal iodado 5 gramos como máximo.

sábado, 18 de febrero de 2012

Celebramos o Entroido

Este venres, 17 de febreiro de 2012, celebramos a Festa de Entroido na escola.
Este ano, os nenos e nenas de educación infantil nos disfrazamos de piratas, en alusión ao proxecto de centro titulado "Suban a bordo, lean e naveguen".
Ás 11:30 horas da mañá, baixamos ao patio para realizan un desfile sobre unha "pasarela"; foi moi divertido pasear e desfilar sobre a mesma así como "posar" un pouquiño para que nos fixeran fotos... o resto do alumnado nos aplaudía e o pasamos moi ben.
Cando finalizou este acto, nos diriximos ás aulas para facer unha degustación de doces tradicionais de Entroido. GRAZAS á colaboración das familias, puidemos disfrutar de orellas, filloas, flores de Entroido, bicas,... mmm, boísimo!!!
Co estómago xa cuberto, un pouquiño de tempo de lecer no patio e a esperar que chegara a lectura do testamento e do xuízo do Meco.
Se queres coñecer máis datos desta festa, podes visitar a páxina web do noso cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipriadevigo/. En breves, poderedes disfrutar da totalidade das imaxes no apartado Galerías da web do colexio.

LEMBRAMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE A VOLTA ÁS AULAS SE REALIZARÁN O VINDEIRO XOVES, 23 DE FEBREIRO DE 2012 NO HORARIO HABITUAL.

Desexamos que pasedes unhas boas vacacións de Entroido!!!

viernes, 17 de febrero de 2012

Actividade LIM: O Entroido

Dende o blogue colaborativo http://actividadeslim.blogspot.com/, comparten con todos nós esta actividade sobre o Entroido que agardamos que vos guste e que a poidades disfrutar nestes días de festa.
Adiante!!!

Preme na ligazón ou na imaxe para poder acceder ao xogo.

lunes, 13 de febrero de 2012

"El muñeco de nieve" - 3 anos

Os nenos e nenas de 3 anos ilustraron esta poesía sobre un boneco de neve que compartimos con todos vós; agardamos que vos guste.
 Hoy al abrir la ventana
vi un muñeco sin abrigo;
un sombrero le tapaba
su cabeza de nieve helada.
Por nariz una zanahoria,
por ojos dos carbones
y una bufanda muy larga
con flecos de colores.


Para poder ver o álbum coa totalidade das imaxes, podes premer no noso apartado "Álbumes Picasa", na parte superior deste blogue; tamén podes visitar


viernes, 10 de febrero de 2012

XUNTOS POLA PAZ!!!

DÚAS COMUNIDADES, UNHA REALIDADE: XUNTOS POLA PAZ!!!

CEIP. RÍA DE VIGO - CEIP. CASTELAO (NAVIA)

O pasado venres, 3 de febreiro de 2012, celebramos na nosa escola o Día da Paz; pero non estivemos nós soamente, acompañáronnos os nenos, nenas, mestres e mestras do CEIP. Castelao de Navia para compartir esta xornada as dúas Comunidades unidas nunha soa realidade: XUNTOS POLA PAZ!!!

A mañá se presentaba moi fría... ás 10:45 todo o alumnado do colexio baixou cara o patio á espera dos nenos e mestres do CEIP. Castelao. Cando chegaron, formamos no patio da escola uns enormes círculos collidos das mans e bailamos todos xuntos a canción "O xogo da carrasquiña", que poderedes atopar no CD "Na punta do pé"
 Dous nenos do Ceip. Ría de Vigo foron os encargados da lectura de benvida mentres o resto esperabamos nos círculos para bailar.
Cando rematamos a canción, comezamos coa distribución dos grupos de xogos: pintacaras, pasar o río, o paracaidas, apertas musicais, obradoiro de contos, os sacos,...
Pasámolo moi ben e compartimos risas e xogos con nenos e nenas doutra escola...
Ao rematar os xogos, disfrutamos dunha merendola: bocata de pan con chocolate, zume de froitas e rosca.
 Os nenos e nenas do Ceip. Castelao foron os encargados de ler o manifesto pola Paz e, todos xuntos, bailamos a canción "Amiguiños todos"; por outro lado, o neno de maior e menor idade de cada colexio dirixiuse as escaleiras do patio para proceder á solta da pomba da Paz... 
Para ver a totalidade das imaxes, poderedes acceder ao Álbum Picasa da ANPA do cole. Aquí vos deixamos a ligazón:


miércoles, 8 de febrero de 2012

Matemáticas piratas

Nova actividade para a pizarra máxica; nesta ocasión traballaremos as matemáticas dunha forma moi divertida.
A partires destas actividades, poderás traballar con dous tipos de actividades relacionadas coas matemáticas: por un lado, "cantos hai?" e, por outro, "que di o dado?". Nas primeiras, terás que asociar o número coa cantidade correspondente. Nas segundas, premer no dado e colocar tantos obxectos como indique. 
Coma sempre, para descargar o arquivo podes premer no debuxo ou na ligazón que aparece debaixo.



martes, 7 de febrero de 2012

Os piratas levan...

Como xa vos comentamos na entrada anterior, os nenos e nenas da aula de 3 anos tiñan que traer á escola un debuxo ou imaxe dun pirata. Grazas ás familias, puidemos contar con moitos exemplos para a realización da actividade.
O obxectivo era adiviñar cales eran os obxectos "típicos" dos piratas e se coincidían cos que apareceron na bolsa os pasados días.
Cada un dos nenos e nenas amosou o seu debuxo aos seus compañeiros e compañeiras. Nunha gráfica anotamos os obxectos "piratas" e colocamos un gomet cando no debuxo aparecía un deles (tamén elaboramos as gráficas coas pezas de construccións).
Así, puidemos elaborar unhas "estadísticas" para descubrir os obxectos presentes en maior e menor medida nos piratas.
 
Proximamente, publicaremos unhas gráficas para que vós tamén os coñezades... ata a próxima.