Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de febrero de 2017

MÁSCARAS DE ENTROIDO

Na aula de cinco anos esta semana estamos a facer máscaras relacionadas co proxecto de China, o primeira máscara estivo adicada ao animal mais representativo de China "OSO PANDA"
Picamos un antifaz e logo pegamolo nun pauciño depresor, así de guapos quedamos convertidos en osos panda.




A seguinte máscara estivo adicada ao animal que simboliza para os chinos a forza e o poder
 " O DRAGÓN".
Primeiro coloreamos e logo despois picamos e pegamos unhas linguas de lume.



Unha vez rematado o traballo, saimos moi content@s coa nosa máscara, seguro que non nos recollecedes.



 

miércoles, 10 de febrero de 2016

CHEGA O ENTROIDO!!!!

Un ano mais chegou o entroido o  noso colexio, este año cheo de emocións....




 o colexio encheuse  de mounstruos de cores, a ledicia, a rabia, a tristura, o amor... e entre todos eles entrou tamén outro,

O noso meco, o medo!!!!!






E porfin chegou o xuizo do meco, O medo!!!!!

Adiviñades o que lle fixemos!!

Pois si, queimámolo!!! A partir de agora o medo desapareceu!!!




viernes, 20 de febrero de 2015

Fotos Entroido 2015

Aquí vos deixamos coas imaxes da Festa de Entroido 2015, que tivo lugar o pasado venres, 13 de febreiro.
En primeiro lugar, aquí podedes desfrutar desta presentación en imaxes e, posteriormente, podedes atopar unha ligazón ao cartafol de imaxes facilitadas pola ANPA.
Ligazón ás imaxes da ANPA:

sábado, 14 de febrero de 2015

Recursos de Entroido

Para nos divertir nestas festas de Entroido, hoxe compartimos con vós estes recursos relacionados coa festa.
Para comezar, aquí deixamos esta ligazón, relacionada cos Bolechas, na que poderedes atopar as características de diferentes entroidos de distintos lugares de Galicia, así como actividades variadas.
Por outra banda, tamén compartimos estas caretas por se as queredes imprimir e colorear nas vosas casas.
agradamos que vos gusten.

jueves, 12 de febrero de 2015

Decoramos un antiface xigante

Nas aulas da escola, estivemos a decorar uns antifaces xigantes para colocar no porche da escola, con motivo da celebración do Entroido. utilizamos diversas técnicas e materiais: témpera de cores, ceras grosas, purpurina (que lles encanta!!!), plumas de cores, collage,...
Aquí podedes ver unhas imaxes do que decoramos na zona de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria.

miércoles, 11 de febrero de 2015

Ordes do meco 2015_XOVES (Actualizada)

Aquí vai a orde para o xoves:

PARA O XOVES
TRAEDE PLUMAS DE CORES
FELIZ ENTROIDO!!!

Facemos collares prehistóricos

Como ben comentabamos na entrada do luns deste blog: 
os nenos e nenas de 3 anos estiveron practicando no ensartado de bolas para, posteriormente e cunto co resto de alumnado de infantil, realizar collares prehistóricos, que utilizaremos o día da festa de Entroido da escola, para completar o noso disfrace.
Así, grazas a la e a pasta de cores, puidemos deseñar estes collares tan chulos. Aquí vos deixamos cunhas imaxes da actividade: