Mostrando entradas con la etiqueta Día da muller traballadora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da muller traballadora. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de marzo de 2018

A MULLER NO CINE

Co gallo do día da muller traballadora e dentro do proxecto do cine na aula de cinco anos estivemos a traballar sobre a actriz galega MARIA BOUZAS, que este ano recibiu o premio honorífico 2018 Mestres Mateo. 









 

martes, 11 de marzo de 2014

Día da muller traballadora: Maruja Mallo

Como ben sabedes, o pasado sábado, 8 de marzo, conmemoróuse o Día da muller traballadora.

Na aula de catro anos, quixeron conmemorar esta data, traballando e afondando na vida e obra dunha pintora galega, nacida en Viveiro (Lugo), coñecida artisticamente co nome de
MARUJA MALLO. 
Con toda a información recollida e selecionada, fixeron un mural para expoñer nos corredores da escola e, así, compartir a información co resto dos compañeiros e compañeiras do colexio.
 
Posteriormente, realizaron a reprodución dunha das súas obras, titulada "El salto". Cada neno/a realizou a súa propia obra e a levou para a súa casa, co fin de compartila coa súa familia.

Para lembrar outras celebracións deste día da muller, podedes premer na seguinte ligazón:

martes, 12 de marzo de 2013

8 de marzo. Día da muller

O venres, día 8 de marzo, celebramos no colexio o DÍA DA MULLER.

       En todas as aulas da escola investigaron se no país que están a traballar con Tintín existíu ou existe algunha muller que destacara ou destaque por aportar ao mundo algo importante.
Os nenos e nenas de educación infantil traballaron coa figura de Wangari Maathai.
Cada unha das aulas da escola buscou imaxes e fixo un resumo da biografía da muller escollida.

      Os traballos estiveron expostos todo o día no corcho das dúas entradas á biblioteca e, grazas ao blog da BiblioRía, poderedes disfrutar deste vídeo fotográfico.

Por outro lado, aquí vos amosamos as diferentes fichas realizadas polo alumnado de 3, 4 e 5 anos. Agardamos que vos gusten.

jueves, 7 de marzo de 2013

8 de marzo: Día da muller traballadora

Mañá, venres 8 de marzo de 2013, celebramos na escola o Día da Muller Traballadora.
O alumnado de educación infantil elexíu a Wangari Muta Maathai, a primeira muller africana que logrou un Premio Nobel da Paz (2004). Dedicou a súa vida á reforestación de África e a promover a integración da muller, favoreceu o desenvolvemento sostible, a democracia e a paz.
Loitou toda a súa vida pola defensa da idea que o deterioro do medio ambiente, a deforestación e o empobrecemento dos contornos rurais conlevan a desaparición dos medios de vida de milleiros de personas no mundo, deixándoas sen recursos, sen defensa, sen esperanzas e sen futuro.
 Unha das moitas formas de loitar contra esa realidade foi a creación dun movimento que comezou da forma más sinxela: coa prantación no seu propio patio de nove pequenas árbores, que despois se transformaron en varias filas, logo de convencer ás mulleres da súa aldea das ventaxas da súa idea; estas mulleres, á súa vez, convenceron ás mulleres das aldeas veciñas e, pouco a pouco, moitas mulleres de Kenia decidiron facer o mesmo: xurdira o "Movimento do Cinturón Verde".
27 anos máis tarde, sementaran trinta millóns de árbores, existían seis mil viveiros en Kenia e o movemento medrou a 30 países africanos, transformando a vida e o futuro de miles de familias.
Se queredes saber máis, premede nesta ligazón que vos levará ao blog "Libros para soñar": http://librosparasonhar.wordpress.com/2011/10/10/wangari-y-los-arboles-de-la-paz/
 
Toda esta historia, atopámola no conto titulado 
"Wangari y los árboles de la paz" 
Gracias ao blog colaborativo ACTIVIDADES LIM (http://actividadeslim.blogspot.com.es/) atopamos este recurso (http://actividadeslim.blogspot.com.es/2012/01/wangari-y-los-arboles-de-la-paz.html), elaborado pola mestra Belén Junquera, a quen lle damos a grazas por compartilo con todos nós e facilitarnos o código para poder insertalo no noso pequeno espazo da rede.