Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de abril de 2018

SEMANA DO LIBRO!

Como cada 23 de abril, celebramos no colexio o día mundial do libro, este ano preparamos con especial agarimo uns bicos de papel nos que se reflexaba o conto preferido de cada un dos nenos/as de todo o colexio, aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades que fermoso nos quedou. 
Ademáis ampliamos o día do libro toda a semana e fixemos diferentes actividades en compañía dos nosos padriños e madriñas lectores.


lunes, 1 de mayo de 2017

DIA DO LIBRO

Co gallo do "Día do libro", e organizado polo equipo de Biblioteca estivemos a disfrutar dunha xornada chea de actos e como non, non podía faltar o tan esperado "apadriñamento lector".
Se premedes no enlace iredes o blog da BiblioRia onde están recollidas todas estas actividades.
Esperamos que vos gusten.
Resultado de imagen de imagenes de don quijote

viernes, 24 de abril de 2015

Día do Libro 2015

Onte, 23 de abril, celebramos o DÍA DO LIBRO.
En primeiro lugar, no ximnasio, algúns dos nenos/as de 6º curso, encargados/as da BiblioRía, presentaron o acto para celebrar este día tan especial. Esta actividade dividíuse en dúas partes: 
- A importancia da lectura: puidemos desfrutar dun vídeo  que nos transportou a un lugar máxico, e cunha poesía que nos lembrou cousas que podemos atopar na lectura.
- O libro "El Quijote": recitaron algúns parágrafos e lembraron algunhas das citas máis célebres desta obra, sobre todo unha das que máis teñen que ver coa lectura: "El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho". 
Por último, puxemos un vídeo dun dos fragmentos da obra máis coñecido: "A batalla cos molinos".
A continuación, cada curso foi saíndo ao patio e se colocou no lugar correspondente para facer as lecturas dos padriños/madriñas aos afillados/as e compartir uns marabillosos marcapáxinas, feitos por eles.
 Dende o equipo de BiblioRía agasallamos aos nenos/as cunha gominola de Gaspar e outra gominola de flor.
  A xornada foi un éxito! Os nenos/as disfrutaron moito das lecturas.
Aquí tedes a reportaxe gráfica!!


Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

lunes, 20 de abril de 2015

Visita das madriñas/padriños lectores

Esta semana, celebramos na escola o Día do Libro e milleiros de actividades inundan o colexio, grazas a nosa BiblioRía
O pasado venres, 10 de marzo, os padriños/madriñas lectores do alumnado máis novo da escola acudiron ás aulas para coñecer aos seus afillados/as. Foi unha xornada moi especial; os afillados/as estiveron comentando cales eran os seus gustos e preferencias, cales eran os contos que máis lles gustaban, as temáticas,... así, os padriños e madriñas tomaron ben de notas para poder atopar diferentes historias nos contos que se adapten aos gustos dos seus afillados.
O vindeiro xoves, 23 de abril: DÍA DO LIBRO, realizaremos no patio (se o tempo acompaña) unha sesión de lectura entre eles que, como cada ano, merece moito a pena desfrutar.
Aquí vos deixamos coas imaxes do día e estade moi atentos e atentas ao blog para seguir todas actividades desta semana tan lectora.


Fonte das imaxes e da información: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

viernes, 25 de abril de 2014

Actividades para celebrar o día do Libro (ACTUALIZADA)

Durante toda esta semana, celebramos na escola o Día do Libro e é que : "En Abril, libros mil".
Hoxe, vos queremos amosar algunhas das actividades realizadas nas aulas e que poderedes descargar se son do voso interese para traballar nas vosas aulas tanto neste como noutros cursos escolares.
A primeira delas é unha poesía atopada na rede e que nos pareceu moi apropiada para aprender cos nenos e nenas. Aquí vai:

Doutra banda, quixemos traballar co alumnado a figura de Cervantes e, para iso, traballamos coa súa obra máis importante "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha". Na BiblioRía da escola, puidemos descobrir diferentes edicións da historia e, na aula, puidemos visionar escenas do libro, adaptadas aos máis pequenos/as.

Para completar o traballo, fixemos no encerado recompilacións das personaxes principais, así como realizamos unha ficha individual na que puidemos anotar os nomes principais da historia.
Se queredes ver máis imaxes desta celebración, poderedes acceder ao blog da BiblioRía da escola onde atoparedes unha entrada adicada ao Día do Libro. Aquí vos deixamos a ligazón:

jueves, 24 de abril de 2014

Celebración do Día do Libro 2014

Como xa vos anunciabamos en entradas anteriores do blog, a celebración do día do Libro tivo lugar onte, 23 de abril, con milleiros de actividades programadas na nosa BiblioRía.
Nas dúas portas de entrada á biblioteca escolar podiamos atopar a explicación do motivo de celebrar este día tan especial:
 Como ben sabedes, a UNESCO estableceu a data do 23 de abril como "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR", xa que nesa data do ano 1616 finaron Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, tres grandes figuras da literatura universal; por iso imos ler xuntos o comezo da obra:
"DON QUIJOTE DE LA MANCHA", de Cervantes
para ir coñecendo a obra deste español universal, ao mesmo tempo que o fan milleiros de nenos e nenas de todo o mundo neste día.
Ás 11:30 horas da mañá, o alumnado de educación infantil e 1º ciclo de primaria baixabamos a BiblioRía para realizar diferentes actividades relacionadas cos libros. O espazo estaba chulísimo, cheo de alusións a esta celebración: libros da literatura universal, libros orixinais, marcapáxinas, agasallos para nenos e nenas,...
O primeiro que fixemos foi escoitar atentamente a mestra Ángeles, quen nos lembrou o motivo de celebrar este Día do Libro e nos presentou aos tres autores mencionados con anterioridade: Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
Posteriormente, puidemos escoitar unha fermosa poesía de Paula Carballeira (quen visitou a BiblioRía fai moi pouco tempo (http://biblioria.blogspot.com.es/2014/04/hoxe-visitounos-paula-carballeira.html) 
"Só un libro"_Paula Carballeira
Un dos momentos máis "orixinais" e divertidos que vivimos foi o descobrimento dun libro devorado por un neno! fixádevos na parte dereita de abaixo do conto... Ten unha mordedura!!!
Pois sí, este conto titulado "O incrible neno devorador de libros".
Esta é a historia de Enrique, un neno ó que lle encantan os libros, pero non como a cualquera neno poden gustarlle. Un día, mentres tiña nunha mano un chupa-chups e na outra un libro, Enrique, distraídamente probou o libro. Notou que lle gustaba, e aínda que tiña as súas dúbidas decidiu comerse primeiro unha palabra, logo unha oración e despois unha páxina, logo dun par de días xa se comera todo o libro. Inexplicablemente o coñecemento que tiñan os libros chegaba ó cerebro de Enrique, e pensou que con esto en pouco tempo podería ser a persoa máis lista do mundo, pero de pronto todo empezou a complicarse.


 Aquí vos deixamos cun vídeo sobre a historia, atopado na rede:
 
 Encantóunos este conto e os recomendamos que o vexades. É chulísimo!!!
Por último, puidemos aprender e desfrutar dunha canción de Pablo díaz, titulada "Un libro".
Nas aulas, tamén realizamos actividades variadas; unha delas foi este marcapáxinas tan chulo con Gaspar e o título do proxecto de centro deste ano: "Lendo con arte".
Agardamos que vos gustaran as actividades propostas e, mañá, poderedes desfrutar doutras relacionadas con Cervantes. Estade moi atentos e atentas!!!

miércoles, 23 de abril de 2014

Feliz 23 de Abril de 2014. DÍA DO LIBRO

Hoxe, celebramos na nosa escola o DÍA DO LIBRO. 
Como xa vos adiantabamos onte, moitas serán as actividades que levaremos a cabo e que vos amosaremos neste blog.
De momento, aquí vos deixamos esta ilustración tan chula atopada na rede e, pouco a pouco, cargaremos de novas e actividades este espazo web.


martes, 22 de abril de 2014

23 de abril. Día do Libro

Hoxe, publicamos a segunda entrada do día xa que, mañá, 23 de abril, celebraremos na nosa escola o Día do Libro e, durante toda a semana, moitas serán as actividades que levaremos a cabo.
A orixe deste día se remonta a 1926. O 23 de abril de 1616 finaban Cervantes e Shakespeare. Tamén, nun 23 de abril, naceron ou morreron outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para rendir un homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a todos/as, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazabre contribución dos creadores ao progreso social e cultural.
Para facilitar un pouco a vosa tarefa de búsqueda de imaxes e elaboración de murais variados, aquí vos deixamos esta recompilación de debuxos atopados pola rede.
 

jueves, 25 de abril de 2013

Que ben o pasamos o 23 de abril, Día do Libro!!!

O 23 de abril, celebramos o Día do Libro na escola.
Como ben sabedes, a UNESCO estableceu esta data como "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR", xa que nesa data, do ano 1616, finaron Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, tres grandes figuras da Literatura Universal.
Por este motivo, neste día tan especial, para ir coñecendo a obra deste español universal, ao mesmo tempo que o fan milleiros de nenos/as de todo o mundo, xuntámonos por grupos, na BiblioRía do colexio, para ler o comezo deste libro:
" DON QUIJOTE DE LA MANCHA" , de Cervantes.

Esta vez a lectura fixémola nunha versión que temos en comic na Biblioteca, para relacionalo co proxecto que estamos a desenvolver neste curso.
Tamén escoitamos a lectura do poema titulado "Só un libro", recitado por un grupo de nenos/as de 5º e 6º, que foi un agasallo que a escritora Paula Carballeira fixo ás Bibliotecas escolares de Galicia para o día do libro deste ano.

Os nenos/as levaron como agasallo unha páxina do cómic, para lela e coloreala ó seu gusto e unha gominola de Gaspar.
Para os mestres/as tamén houbo agasallos.

martes, 23 de abril de 2013

23 de abril, DÍA DO LIBRO

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
 Hoxe, e durante toda a semana, nos esperan un milleiro de sorpresas na BiblioRía.
Pouco a pouco, vos contaremos todos os detalles das actividades neste blog e no da BiblioRía.