Mostrando entradas con la etiqueta Primavera. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Primavera. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de abril de 2018

NACEN OS PITIÑOS

Coa chegada da primavera estivemos a facer unha manualidade na que dun ovo, nace un pitiño.
Mirade que bonito nos quedou.









 

lunes, 20 de marzo de 2017

SEMENTES!!

Esta mañá os nenos e nenas de 3 anos visitamos a aula da natureza!!
 Alí o profe Juanca nos ensinou diferentes sementes que os nenos/as maiores foron recollendo para plantar:



 Coñecemos a semente de calabacín.


Tamén a do pemento.


 E esta pequeniña é a do tomate.


 



A semana pasada os maiores plantaron algunhas nuns semilleiros, e xa empezan a medrar!


Aquí podemos observar como medra a planta do calabacín!


E a do tomate tamén comeza a sair!



PRIMAVERA



Bos días familias!
A semana pasada aproveitamos que fixo un tempo fabuloso para falar de que dentro de pouco comeza a primaveira… e tamén estivemos pensando todo o que ía cambiar: mellor tempo, hai máis flores, deixamos a roupa de abrigo no armario… e por iso decidimos facer esta actividade na que tiñan que colorear as metades dos debuxos da mesma cor, logo picalos e por último, pegar as metades xuntas nun folio de cor! Agardamos ansiosos a primaveira!







lunes, 23 de marzo de 2015

Inicio da Primavera

O pasado venres, 20 de abril de 2015, ás 23 h. 45 m. deu comezo a Primavera. Dende este blog, coma sempre, compartimos ideas e recursos que faciliten a vosa labor docente, así coma o traballo nas casas, por parte das familias.
Poderedes acceder a elas premendo no debuxo da flor que tedes no marxe dereito deste blog, ou no mesmo debuxo, que deixamos aquí debaixo. agradamos que os recursos sexan do voso interese e que desfrutedes desta estación do ano que tanto gusta a pequenos e maiores.
http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/search/label/Primavera


viernes, 6 de junio de 2014

"Primavera", de Arcimboldo

Aquí vos presentamos unha obra de arte máis, feita polo noso alumnado e que segue a completar a serie das catro estacións elaborada polo artista Arcimboldo.
Se previamente xa vos amosamos o resultado do Outono:
e do Inverno:

 hoxe lle toca o turno á Primavera, un cadro cheo de flores e cores variadas que, igual que quixo facer o pintor, reflicte o espírito alegre, colorido e divertido da estación do ano na que estamos. 

Quedou chulo, verdade?

Estes días, xa estamos mans á obra co Verán. Moi atentos e atentas que, en breve, amosaremos o resultado neste blog.

viernes, 23 de marzo de 2012

Chegou a Primavera. Actividade EDI

Como ben sabedes, o pasado martes sobre as 06:00 horas da mañá... Chegou a Primavera!!! e así se chama a nova actividade para o Encerado Dixital Interactivo que xa podedes descargar na nos Wiki do colexio onde almacenamos todas elas.
Esta actividade está dirixida ao alumnado de 3 anos; a partires dela, traballamos as características da estación, vocabulario básico relacionado coa mesma, diferentes conceptos traballados na aula (enriba/debaixo, moitos/poucos, series,...),...
Coma sempre, poderedes proceder a súa descarga premendo na imaxe ou na ligazón... adiante!!!

 

lunes, 11 de abril de 2011

Unha orixinal bolboreta

Hoxe vos amosamos as orixinais bolboretas que o alumnado de educación infantil levou para as súas casas o venres.
Pasiño a pasiño, poderedes fabricar as vosas propias bolboretas da primavera.
O primeiro que facemos é unha plantilla que o alumnado coloca enriba dunha cartolina DIN A4 dobrada á metade (primeiro o repasan cun lápis e, despois, cun rotulador de cor negra).
A continuación, picamos enriba desa liña negra e con "enerxía" para que traspase polo outro lado; cando xa estea picada, poderemos abrir a cartolina e xa teremos unha silueta de bolboreta.
Coa cartulina dobrada, facemos dous cortes no medio polos que despóis pasaremos un chupa-chups para facer o corpo.
Agora, podemos decorar o debuxo como queiramos, o deixamos á vosa elección.
Unha vez estea decorada, poderemos pasar o chupa-chups polos buraquiños e colocar un limpapipas arredor do caramelo semellando os cornos do insecto.
Por último, colocamos un cordel para que poidan colgar a súa bolboreta onde queiras... listo!!!

martes, 5 de abril de 2011

Compartimos recursos: actividades variadas de primavera

Aquí vos deixamos unhas pouquiñas actividades sobre a primavera que poderedes utilizar nas vosas aulas... agardamos que vos gusten...