O alumnado de 4 anos disfrutou cunha estupenda e divertida sesión de Psicomotricidade.
Mostrando entradas con la etiqueta 4 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4 anos. Mostrar todas las entradas
viernes, 16 de noviembre de 2018
lunes, 11 de junio de 2018
MEDUSAS
A semana pasada estivemos observando e coñecendo curiosidades sobre as medusas, son apasionantes e decidimos facer unhas medusas para decorar a nosa aula. Quedaron así de bonitas!
lunes, 23 de abril de 2018
BENVIDO!!
A semana pasada incorporouse a clase de 5º de Infantil un novo compañeiro, aquí volo presentamos. Chámase Izan e estamos facendo moi boas migas con el! Xa é un máis! BENVIDO IZAN!!
lunes, 19 de febrero de 2018
ANTERIOR E POSTERIOR
Cada día temos máis interiorizada a recta numérica, actualmente estamos traballando os conceptos de anterior e posterior, a algúns resúltalles complicado de comprender, xa que non teñen ben interiorizada a correspondencia número - cantidade, pero pouquiño a pouco vano entendendo.
Para traballar o anterior e o posterior fixémolo de diferentes formas, co propio corpo, creando unha recta numérica nos mesmos, con pezas de construción, traballando coa recta numérica, etc… As veces de forma individual, outras por parellas ou en gran grupo, dependendo da actividade e por último en papel.
De seguido vos deixamos algunhas imaxes de xogos que fixemos.
Para traballar o anterior e o posterior fixémolo de diferentes formas, co propio corpo, creando unha recta numérica nos mesmos, con pezas de construción, traballando coa recta numérica, etc… As veces de forma individual, outras por parellas ou en gran grupo, dependendo da actividade e por último en papel.
De seguido vos deixamos algunhas imaxes de xogos que fixemos.
lunes, 29 de enero de 2018
ORGANIZAMOS A AULA
Os nenos e nenas de alternativa a relixión, a parte de
desenvolver aspectos artísticos, a veces levamos a cabo tarefas que contribúan o
benestar do grupo e mantemento da aula. O pasado venres organizamos o recuncho
de arte: afiamos as pinturas, limpamos os recipientes, colocamos ben os utensilios da
plastilina, fixemos bolas novas de plastilina e colocámolas no caixón,…
Moi bo traballo!
lunes, 22 de enero de 2018
BATALLA NAVAL
Outro dos agasallos que nos trouxeron os Reis Magos foi un xogo de mesa de
batalla naval, para xogar en parellas ou equipos, esta semana aprendemos a
xogar. Aquí podedes ver como formaron os equipos e
disputaron as súas "batallas" piratas vs vikingos. Cada equipo tiña
que descubrir onde estaban os barcos dos seus rivais e afundilos. A abordaxe!
lunes, 9 de octubre de 2017
FIGURAS XEOMÉTRICAS
Ao longo deste primeiro mes os nenos/as de 4 anos estamos repasando e interiorizando mellor conceptos xa adquiridos o curso pasado, a través de diferentes xogos, como por exemplo este coas figuras xeométricas.
PREPARADOS, LISTOS, XA!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










































