lunes, 30 de abril de 2018

MERCADILLO DE LIBROS






Este ano , o noso mercadillo foi moi especial. Foi un mercadillo solidario. intercambiamos 1 euro solidario por un chocolate e un libro. Preme nos vales e verás que ben o pasamos.

biblioria.blogspot.com.es/

Visitounos Yoel e o seu amigo Martín e as súas familias e todos xunt@s pasamos un día cheo de ledicia. Colaboramos coa asociación BICOS DE PAPEL que axuda aos nen@s oncolóxicos do hospital Álvaro Cunqueiro e as súas familias.



viernes, 27 de abril de 2018

SEMANA DO LIBRO!

Como cada 23 de abril, celebramos no colexio o día mundial do libro, este ano preparamos con especial agarimo uns bicos de papel nos que se reflexaba o conto preferido de cada un dos nenos/as de todo o colexio, aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades que fermoso nos quedou. 
Ademáis ampliamos o día do libro toda a semana e fixemos diferentes actividades en compañía dos nosos padriños e madriñas lectores.


jueves, 26 de abril de 2018

CUMPLES DE ABRIL

Neste mes de Abril estiveron de cumpleanos: Noa Rodriguez. Noa Doval, Miranda, Adriana e Sabela Méndez.

lunes, 23 de abril de 2018

BENVIDO!!

A semana pasada incorporouse a clase de 5º de Infantil un novo compañeiro, aquí volo presentamos. Chámase Izan e estamos facendo moi boas migas con el! Xa é un máis! BENVIDO IZAN!!





 

viernes, 20 de abril de 2018

CONSTRUIMOS PALABRAS

Estes días andamos a xogar a construir palabras con diferentes xogos dos que temos na aula, aproveitamos as letras soltas para construir aquelas palabras que nos gustan, por outra banda cun xogo que donou Victor para todos nós xogamos a construir palabras descompostas en sílabas.
Pasámolo moi ben.





 

martes, 17 de abril de 2018

MOVEMONOS DE CINE

Esta semana na sesión de psicomotricidade coa profe Belén os nenos e neas de cinco anos estivemos a facer uns circuitos de cine. Aqui podedes ver que ven nos movemos.







 

viernes, 13 de abril de 2018

A VISITA DE BRONCE

Unha semana mais na aula de cinco anos recibimos a visita de Bronce e a súa monitora Ana.
Logo de pasar todos e todas a cepillar  a Bronce , estivemos a practicar o paseo e guía de Bronce na clase. Aquí vos deixamos unha mostra do que deu de sí esta nova visita.










 

miércoles, 11 de abril de 2018

Biscoito de cocorico (4 E.I.)

Un dos nosos contos preferidos é o de Cocorico. Así que decidimos facer un biscoito coma el coa súa mamá. Cada neno e cada nena trouxeron un ingredente ou un utensilio necesario para a súa elaboración. E coa axuda da profe Enma quedounos un biscoito que foi un visto e non visto !!!


Xogos de cine mudo (4 E.I.)

Un dos xogos que facemos na clase é de cine mudo. Neste video estamos xogando aos animais mudos. Seredes capaces de adiviñar que animal fai cada quen ?

(O video está repartido en dous capítulos para poder subilo ao blog)

Video 1


Video 2


Visitas a clase de 4 de E.I.

A semana pasada na clase de 3 anos, bueno 3 e moitos xa de 4 anos jejeje!!, viñeron dúas supervisitas. Unha delas a máis especial de todas as que poidamos ter porque cada vez que pode vir un ratiño á clase pois...pómonos moi moi moi contentos !!!! Visitounos o noso compi Yoel !! e nós démoslle de agasallo un libro cuns debuxos para que cando estea no hospital se lembre de nós !! Deullo a que era ese día encargada, Carlota. 


 E ese mesmo día pois...outra visita !! A mamá de Nahuel, Tania, viunos contar contos !!! Un conto de lobos, que nos encantan aínda que as veces nos dean un pouco de medo, e un conto de Peter Pan. Ademais converteunos a todos en lobos cuns cairos moi especiais e tamén nos trouxo uns gorros para ser Peter Pans !! Estivo xenial!!!!