jueves, 30 de octubre de 2014

Información sobre os vindeiros días non lectivos

Informamos a todas as familias e usuarios/as deste blog que mañá, VENRES, 31 DE OUTUBRO, non haberá clases xa que se celebra o Día do Ensino e o LUNS 3 DE NOVEMBRO, tampouco haberá clases xa que é un día non lectivo da escola.
Podedes consultar o Calendario Escolar deste curso, premendo na imaxe do almanaque que atoparedes ao marxe dereito deste blog, así como prmendo na seguinte ligazón:

Aquí vos deixamos esta presentación de imaxes sobre a mostra das cabazas. Grazas ás familias pola súa colaboración; agardamos que non vos asustedes moito porque son tenebrosas!!!

miércoles, 29 de octubre de 2014

Celebrando o Samaín

Estes días de Samaín están a resultar todo un éxito nas aulas de educación infantil. Os nenos e nenas están moi motivados na realización de actividades relacionadas coa festa, así coma coa decoración con cabazas, etc.
O pasado luns, para comezar a semana do Samaín, o alumnado de 3, 4 e 5 anos levou para as súas casas unhas pantasmas tenebrosas para asustar a todo aquel que pasara ao seu carón!!!
Aquí podedes ver o resultado da actividade:
 O alumnado de tres anos da escola decidiu poñerlle moita cor a este Samaín e decorar as pantasmas con cores variadas. Aquí tedes o resultado:
Por outra banda, os nenos e nenas de 4 e 5 anos decidiron deixar as pantasmas en branco e picar o contorno das mesmas.

Día das Bibliotecas Escolares 2014

O pasado día 24 de outubro, como xa sabedes, foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e foi o día sinalado para facer a reapertura da nosa Biblioteca Escolar, así como para descubrir o tema que traballaremos durante este curso na escola.
Na seguinte imaxe poderedes ver o programa que levamos a cabo ese día, así como a organización das visitas dos diferentes cursos á BiblioRía.
Fixemos moitas actividades relacionadas coa lectura e presentamos o tema que imos traballar este curso, que a maioría dos nenos/as xa adiviñaron con todas as pistas que lles foi dando a nosa mascota Gaspar. O título do proxecto de centro deste ano é 
"LENDO COA ARTE QUE NOS RODEA"
O alumnado de educación infantil visitou a biblioRía xunto cos nenos e nenas de 1º ciclo de primaria. Grazas a eles, puidemos escoitar a lectura dun texto precioso de Laura Gallego, que aquí podedes ler:
A historia é preciosa e vos animamos a descubrila e a traballar este texto nas vosas aulas ou nas casas.
Nesta xornada, tampouco faltou Caillou. Visualizamos un capítulo destes debuxos onde o protagonista vai a unha biblioteca e onde nos puidemos sentir identificados/as con algunhas escenas da historia.

 Xa para rematar, Gaspar quixo agasallar a todos e todas os presentes cunha gominola en forma de golfiño, así coma cun fermoso marcapáxinas que levamos para aula e que alí colorearemos.
Doutra banda, tamén nos agasallou co texto de Laura Gallego para , así, podelo traballar con máis calma nas horas lectoras de aula.
No blog da nosa BiblioRía atoparedes unha presentación coas imaxes da xornada. Podedes acceder ao mesmo premendo na seguinte ligazón: www.biblioria.blogspot.com

Crebacabezas do Samaín

Na aula de 5 anos, realizamos unha actividade plástica para celebrar a chegada do Samaín: este crebacabezas de cabazas.
 Aquí vos deixamos máis crebacabezas relacionados coa festa por se os queredes traballar nas vosas aulas.

martes, 28 de octubre de 2014

Incy Wincy Araña

Na aula de tres anos da escola aproveitamos unha sinxela canción como é "Incy Wincy Araña" para traballar a festa de forma divertida e amena para eles/elas.

Estamos a realizar un pequeno libro de actividades que pronto vos amosaremos rematado pero, de momento, aquí vos deixamos co caderno de actividades en branco e engro por se o queredes imprimir e traballar nas casas ou nas aulas.

lunes, 27 de octubre de 2014

Chega o o Samaín

Hoxe, da comezo a última semana do mes de outubro, semana na que celebramos a Festa do Samaín na escola. 
Así, o pasado venres, o alumnado levou para casa unha nota informativa que dicía o seguinte:

ESTIMADAS FAMILIAS,
COMO SABEDES ESTAMOS NO TEMPO DO SAMAÍN E PARA MANIFESTALO NO COLE PEDÍMOSVOS QUE OS NENOS/AS TRAIAN UNHA CABACIÑA TALLADA DA CASA QUE SE EXPORÁ ENTRE O LUNS 27 E O XOVES 30 (DÍA QUE VOLTARÁ A CASA).
SAUDIÑOS DO E.D.N.L.

Estes días, amosaremos neste blog as cabazas aportadas polas familias que, coma sempre, colaboran motísimo coas actividades propostas.

Por outra banda, neste blog porderedes acceder a ideas e recursos para traballar esta festa na escola, premendo na cabaza situada na parte dereita do blog 
ou ben premendo na seguinte ligazón:
http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/search/label/Sama%C3%ADn

viernes, 24 de octubre de 2014

Votamos e decoramos os contos de Gaspar (aula 3 anos)

Na aula de tres anos, estivemos a traballar cos libros que mandou Gaspar para decorar como quixeramos. Como contabamos soamente con tres libros, tivemos que decidir que contos iamos representar ou debuxar neles. Así, o primeiro que fixemos foi elaborar unha lista cos nosos contos preferidos e ir engadindo "votos" ou puntos aos que se repetían ou escollían os nenos e nenas da aula.
 Unha vez feito este paso, decidimos representar a votación dunha forma visual para que fora entendible e accesible para os máis pequenos/as. Utilizamos, para iso, os coches de cores que temos na clase. Aquí podedes ver unha imaxe:
 "Aviones" e "La Cecinienta" foron os dous contos máis votados, pero como tiñamos tres contos precisabamos dun máis. Así, descartamos os contos que tiñan soamente un voto e nos quedamos cos que tiñan un empate a dous votos: "Peppa Pig", "Cars", "Tarzán" e "La Sirenita". Agora, tiñamos que voltar a votar entre eses catro e aquí está o resultado. "Cars" foi o elixido para ser o terceiro conto a representar nos libros de Gaspar.
 Así, xa tiñamos completo o resultado. Representariamos "Aviones", "La Cenicienta" e "Cars"
Así fixémolo e aquí os amosamos o resultado. Quedaron chulos, verdade?
Os nenos e nenas de 4 e 5 anos tamén fixeron os seus. Mirade que chulos lles quedaron! Son uns artistas!

jueves, 23 de octubre de 2014

As novas de Gaspar

Como todos os anos por estas datas, ten lugar a reapertura da nosa BiblioRía. E, como todos os anos, coincide co Día das Bibliotecas Escolares, que terá lugar mañá, venres, 24 de outubro.
Así, a nosa mascota da BiblioRía, Gaspar, xa comezou a mandar cartas polas aulas dando pistas do tema que traballaremos durante este curso.
Xa no mes de setembro, recibimos esta primeira carta:
 E fai pouquiños días, esta outra:
 Como os nenos e nenas de educación infantil somos moi cumpridores/as, saímos ao corredor para descubrir as siluetas-debuxos que estaban alí pegados. Entre todos e todas estivemos a pensar que poderían ser aquelas formas que estabamos a mirar e, pouco a pouco, fomos dando diferentes respostas.
Así, xurdiron moitísimas e variadas ideas: 


 

Doutra banda, estamos a decorar nas aulas os libriños que enviou Gaspar e, dentro de pouco, poderedes ver o resultado.
Mañá, celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares e a reapertura da BiblioRía así que estade moi atentos e atentas ás novas que contaremos neste blog.
Tamén, podedes estar informados/as no blog da BiblioRía (podedes acceder premendo na seguinte ligazón: www.biblioria.blogspot.com)