viernes, 22 de marzo de 2013

Boas Festas de Pascua

A protagonista da semana: PAULA

Esta semana, do 11 ao 15  de Marzo, a protagonista foi:
PAULA
Ao longo da semana, fomos coñecendo un pouco máis á nosa compañeira Paula: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén estivo encantada de poder amosarnos algunhas das súas cousas favoritas: peluches, roupa, conto...!
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé, amosounos o pequeniña que era a súa roupa e coa cinta métrica comprobamos cánto medrou... o panel foise enchendo coas súas cousas.
O venres 15, tivemos a visita na aula da súa mamá, Sara, xa que o papá non podía vir; pero a Sara non viña sola, veu acompañada da súa mascota, Popi.
Popi púxose moi nervioso ao ver tantos nenos e nenas que lle falaban ao mesmo tempo, así que tivemos que estar caladiños para que se tranquilizase... ate se fixo pis de contento, porque Popi está moi acostumado a xogar con Paula todo o día, coma se fose un boneco de verdade ou un irmán pequeño. Así, unha vez familiarizado coa aula deixouse acariciar por todos nos.
Paula amosoulle á súa mamá o traballo realizado durante a semana, e a continuación os compañeiros comezaron a exercer de reporteiros facendo as preguntas de costume: os nomes, os traballos, cousas sobre Paula na casa dende que era bebé, etc.
Así soubemos que Paula foi unha bebé moi boiña, e que así segue a ser. Que axuda moito e lle gusta colaborar en todo, que está todo o día traballando sen parar. Que lle gusta moito ver a tele e que pinta sen parar. E todos pensamos: como na clase!
O que peor fai é comer. Come moi pouquiño e debería de comer máis para estar mais forte.
Tamén nos contou que vai a moitos sitios co seu irmán maior, Adrián, que ten 24 anos, e que cando está de viaxe “chatea” con el pola súa tablet con un programa que se chama “Chatón”
Fíxonos moita graza unha anécdota  que nos contou a mamá sobre Popi e Paula: Cando Popi chegou á casa tiña 2 meses e, nun descoido, comeuse o chupete de Paula; púxose tan maliño que o tiveron que levar ao veterinario que o tivo que operar para quitarllo da tripa.
Tamén nos contou que a familia de mamá é de un pobo de Castilla, e que ten un tío con síndrome de Down que gañou nas últimas Olimpiadas de Londres dúas medallas Paraolímpicas; que á volta da Semana Santa nos vai traer as fotos para que o vexamos. Paula síntese moi orgullosa do séu tío.
A continuación leunos un conto de rimas titulado: “Personajes de cuento”, mentres que Paula colaboraba ensinándonos os pop-ups do mésmo.
E, para rematar, tan doce mañá repartíronnos unhas regras de Bob-esponxa e uns caramelos.
 E como sempre, antes de rematar esta visita entregámoslle un diploma como recordo desta semana e  despedímola cun merecido aplauso.
GRACIÑAS

jueves, 21 de marzo de 2013

21 de marzo, Día da poesía

Coma todos os 21 de marzo, conmemoramos a chegada da primavera e o DÍA DA POESÍA na nosa BiblioRía. Así, durante esta mañá tivo lugar un Recital de poesía na BiblioRía, onde participaron dende os nenos/as de educación infantil ata o alumnado de 6º curso.
En relación ao proxecto de centro deste ano ("Lendo o mundo con Tintín") o alumnado de educación infantil escolleu unha sinxela canción do Congo titulada "Olelé".

Grazas ao blog http://mundosonidos.blogspot.com.es/ puidemos descobrir o seu significado e importancia.
"A canción Olelé está en lingua Lingala do Congo e ven incluida nun excelente traballo da Editorial Kokinos sobre "Canciones y nanas infantiles del Baobab" (que poderedes atopar na BiblioRía da escola xunto co seu correspondente CD).
Segundo os comentarios do libro sinalado, a canción procede dun conto no que os pescadores regresan sempre coas mans valeiras e van a outro lugar. Nos seus cantos invocan aos xenios do río Kasai. Despois, cando a corrente é moi forte e hai que remar duro invocan ao seu rei Benguela."

No conto "Tintín en el Congo" podemos atopar unha imaxe na que Tintín vai nunha canoa remando cos congoleños e cantando esta canción:

Vós tamén poderedes aprendela seguindo este sinxelo Karaoke:


Por último, aquí vos deixamos esta presentación de imaxes que recollen o Recital de Poesía que tivo lugar esta mañá na nosa BiblioRía.
Se queredes máis información sobre esta celebración podedes premer na seguinte ligazón:

miércoles, 20 de marzo de 2013

Procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso

O pasado venres 15 de marzo, saiu publicado no DOG a Orde que regula o procedemento de admisión de alummnado en centros educativos.
Según o contemplado en dita Orde, ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión desde o día 5 ao 17 de abril.
Si desexan coñecer o noso colexio, poden concertar visita chamando ao teléfono (986 490 906).
Dispoñen de toda información referente a este proceso na seguinte ligazón:

martes, 19 de marzo de 2013

O protagonista da semana: IAN

Esta semana, do 4 ao 8 de Marzo, o protagonista foi:
IAN
Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro Ian: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén estivo encantado de poder amosarnos os seus obxectos favoritos: peluche, xoguete, roupa, conto...!

Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé, amosounos o pequeniña que era a súa roupa e coa cinta métrica comprobamos cánto medrou. Pouco a pouco o recuncho foise enchendo coas súas cousas.

O xoves día 7, tivemos a visita na aula dos seus pais, Sonia e Constant. Esperabamos a unha das súas mascotas, a gatiña, pero non foi posible traela debido á choiva.

Ian, amosoulles o traballo que estivo a facer durante a semana e, deseguido, chegou o momento das preguntas. Comezamos preguntando os seus nomes e interesándonos polos seus traballos.
Tamén quixemos saber como é Ian na casa. Contáronnos que se porta moi ben, que escoita moito aos seus papás, que xoga moito todo o día, que o seu xogo preferido é “ni si, ni no” e tamén a ”pita”.
Quere aprender a facer surf, pero de momento está aprendendo a nadar para poder despois ir a surf.
Hay comidas que non lle gustan moito coma o caldo e as verduras, pero que lle encanta o ovo con patacas fritidas (o prato estrela da nosa clase). Tamén soubemos que lle gusta traballar na casa: axuda a poñer a mesa, a lavar a louza e a arreglar o xardín, etc , e que lle gusta madrugar . . .

A continuación, Constance nos contou o conto favorito de Ian “Quel est ton nom caméléon? ”, un conto en francés que tiña unha canción cunha bonita música... ata aprendemos algunha cor en francés, gustounos moito.

Pero aínda había outro conto, “No eres tan temible, Tim”. Era dun monstruo que nos asustaba moito, pero ao final non era tan malo.

E chegou o agasallo. Sonia, a mamá de Ian, fíxonos unhas mochiliñas de coiro de cores, que contiñan duas canicas de cristal grandes para cada un. Estabamos desexando estrealas!

E, como sempre, antes de rematar esta visita, entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.

GRACIÑAS

lunes, 18 de marzo de 2013

Semana da prensa 2013 (III)


A semana pasaba, neste blog, xa contabamos que estabamos a celebrar a Semana da Prensa. 
Hoxe, aquí vos deixamos cunha seleción de imaxes que recolle a intensa actividade realizada no porche da escola por todas as aulas do colexio.
Poderedes acceder a máis información sobre a Semana da Prensa no blog da Biblioria, de tamén poderedes lembrar Semanas da Prensa pasadas. Aquí vai a ligazón:

viernes, 15 de marzo de 2013

Semana da prensa 2013 (II)

Onte, comentabamos neste blog a celebración da Semana da Prensa 2013 durante toda esta semana.
Hoxe, chega a quenda dos nenos e nenas de 4 anos que fixeron o seu traballo, colocando as diferentes noticias no corcho do porche, xunto o mapa de África. Aquí vos deixamos unhas imaxes:

jueves, 14 de marzo de 2013

Semana da prensa 2013 (I)

Durante toda esta semana, do 11 ao 15 de marzo, estamos a celebrar na escola a
Semana da Prensa
Este ano, as diferentes noticias versan sobre os países relacionados co conto de Tintín que se traballa en cada aula.
Como ben sabedes, o alumnado de educación infantil está a traballar o conto "Tintín en el Congo" e as familias colaboraron aportando ás aulas noticias relacionadas con este país ou co continente africano.
Unha seleción destas noticias forma parte do gran mural que estamos a elaborar no porche da escola, onde quedan reflectidas as siluetas de cada un dos países nomeados nos contos de Tintín.

Aquí vos deixamos con estas imaxes do alumnado de 4º de educación infantil-3 anos colocando unha seleción das súas noticias no mural do porche.