Mostrando entradas con la etiqueta Día das Bibliotecas Escolares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Bibliotecas Escolares. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de octubre de 2014

Día das Bibliotecas Escolares 2014

O pasado día 24 de outubro, como xa sabedes, foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e foi o día sinalado para facer a reapertura da nosa Biblioteca Escolar, así como para descubrir o tema que traballaremos durante este curso na escola.
Na seguinte imaxe poderedes ver o programa que levamos a cabo ese día, así como a organización das visitas dos diferentes cursos á BiblioRía.
Fixemos moitas actividades relacionadas coa lectura e presentamos o tema que imos traballar este curso, que a maioría dos nenos/as xa adiviñaron con todas as pistas que lles foi dando a nosa mascota Gaspar. O título do proxecto de centro deste ano é 
"LENDO COA ARTE QUE NOS RODEA"
O alumnado de educación infantil visitou a biblioRía xunto cos nenos e nenas de 1º ciclo de primaria. Grazas a eles, puidemos escoitar a lectura dun texto precioso de Laura Gallego, que aquí podedes ler:
A historia é preciosa e vos animamos a descubrila e a traballar este texto nas vosas aulas ou nas casas.
Nesta xornada, tampouco faltou Caillou. Visualizamos un capítulo destes debuxos onde o protagonista vai a unha biblioteca e onde nos puidemos sentir identificados/as con algunhas escenas da historia.

 Xa para rematar, Gaspar quixo agasallar a todos e todas os presentes cunha gominola en forma de golfiño, así coma cun fermoso marcapáxinas que levamos para aula e que alí colorearemos.
Doutra banda, tamén nos agasallou co texto de Laura Gallego para , así, podelo traballar con máis calma nas horas lectoras de aula.
No blog da nosa BiblioRía atoparedes unha presentación coas imaxes da xornada. Podedes acceder ao mesmo premendo na seguinte ligazón: www.biblioria.blogspot.com

viernes, 24 de octubre de 2014

Votamos e decoramos os contos de Gaspar (aula 3 anos)

Na aula de tres anos, estivemos a traballar cos libros que mandou Gaspar para decorar como quixeramos. Como contabamos soamente con tres libros, tivemos que decidir que contos iamos representar ou debuxar neles. Así, o primeiro que fixemos foi elaborar unha lista cos nosos contos preferidos e ir engadindo "votos" ou puntos aos que se repetían ou escollían os nenos e nenas da aula.
 Unha vez feito este paso, decidimos representar a votación dunha forma visual para que fora entendible e accesible para os máis pequenos/as. Utilizamos, para iso, os coches de cores que temos na clase. Aquí podedes ver unha imaxe:
 "Aviones" e "La Cecinienta" foron os dous contos máis votados, pero como tiñamos tres contos precisabamos dun máis. Así, descartamos os contos que tiñan soamente un voto e nos quedamos cos que tiñan un empate a dous votos: "Peppa Pig", "Cars", "Tarzán" e "La Sirenita". Agora, tiñamos que voltar a votar entre eses catro e aquí está o resultado. "Cars" foi o elixido para ser o terceiro conto a representar nos libros de Gaspar.
 Así, xa tiñamos completo o resultado. Representariamos "Aviones", "La Cenicienta" e "Cars"
Así fixémolo e aquí os amosamos o resultado. Quedaron chulos, verdade?
Os nenos e nenas de 4 e 5 anos tamén fixeron os seus. Mirade que chulos lles quedaron! Son uns artistas!

jueves, 23 de octubre de 2014

As novas de Gaspar

Como todos os anos por estas datas, ten lugar a reapertura da nosa BiblioRía. E, como todos os anos, coincide co Día das Bibliotecas Escolares, que terá lugar mañá, venres, 24 de outubro.
Así, a nosa mascota da BiblioRía, Gaspar, xa comezou a mandar cartas polas aulas dando pistas do tema que traballaremos durante este curso.
Xa no mes de setembro, recibimos esta primeira carta:
 E fai pouquiños días, esta outra:
 Como os nenos e nenas de educación infantil somos moi cumpridores/as, saímos ao corredor para descubrir as siluetas-debuxos que estaban alí pegados. Entre todos e todas estivemos a pensar que poderían ser aquelas formas que estabamos a mirar e, pouco a pouco, fomos dando diferentes respostas.
Así, xurdiron moitísimas e variadas ideas: 


 

Doutra banda, estamos a decorar nas aulas os libriños que enviou Gaspar e, dentro de pouco, poderedes ver o resultado.
Mañá, celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares e a reapertura da BiblioRía así que estade moi atentos e atentas ás novas que contaremos neste blog.
Tamén, podedes estar informados/as no blog da BiblioRía (podedes acceder premendo na seguinte ligazón: www.biblioria.blogspot.com)

viernes, 25 de octubre de 2013

Reapertura da BiblioRía

Hoxe, 25 de outubro, desfrutamos da Reapertura da BiblioRía.
O alumnado de educación infantil foi o primeiro en entrar na biblioteca ás 09:30 horas da mañá.
Para poder acceder ao espazo, precisabamos da invitación que nos mandara Gaspar o mércores e así o fixemos, un encargado de cada aula foi o que levou de primeiro a invitación para que o resto da aula puidera pasar.
 


O espazo estaba precioso, cheo de libros, coma sempre, pero con moitas novas!!! Unha fermosa exposición de libros de arte (museos, pintores,...) presidía a BiblioRía, así como dous murais nas dúas portas, que nos desvelaban o título do proxecto de centro deste ano: "LENDO CON ARTE".
O primeiro que fixemos foi lembrar as normas que Gaspar quere que cumpramos sempre que veñamos a facer o préstamo, xogar co Encerado Dixital Interactivo, ler contos, coas visitas de autores ou contacontos,..., é dicir, sempre que veñamos a BiblioRía.
A continuación puidemos visualizar estes vídeo sobre unha fermosa historia que vivíu Gaspar cun can.

Unha vez revisadas as normas, visualizada a "nova decoración" da BiblioRía e descuberto o tema sobre o que versará o proxecto de centro deste ano, Gaspar agasallou a todos os nenos e nenas cunha saborosa gominola, un pequeno libro sobre o mundo da lectura e uns marcapáxinas para toda a aula que pintaremos estes días.
Tamén houbo agasallo para as mestras; uns chulísimos broche de fieltro coa forma da nosa mascota.
 
 
 
 A segunda parte desta reapertura foi a entrega das mochilas viaxeiras aos primeiro alumnos e alumnas que as levarían para as súas casas. Henrique, da aula de tres anos, Martín, da aula de 4 anos e Ada, da aula de 5 anos, foros os nenos escollidos para as recibir, xunto co alumnado de educación primaria.
Aquí vos deixamos as imaxes da entrega.
Para descobrir máis información sobre a reapertura, podes acceder ao blog da BiblioRía: