Mostrando entradas con la etiqueta Pintores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pintores. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de junio de 2019

PEQUENOS ARTISTAS

NA AULA DE TRES ANOS ESTAMOS A FACER GRANDES OBRAS DE ARTE EMPREGANDO O PINCEL CON MOITA DESTREZA.

lunes, 30 de junio de 2014

Imaxes Festival Fin de Curso

O curso remata e hoxe compartimos con todos e todas esta presentación en imaxes sobre o festival de Fin de curso (educación infantil e 1º ciclo de primaria) que tivo lugar o xoves, 19 de xuño, e que foi todo un éxito!!!
 Como este curso andivemos a trafegar no mundo da arte (grazas ao proxecto de centro que xurdiu da BiblioRía titulado “Lendo con Arte”) os nenos e nenas convertéronse nuns artistas; e así o demostraron neste festival de fin de curso tan cultural, onde ademais de recitar, cantar e bailar, tamén nos contaron, do xeito máis artístico, o que aprenderon coa investigación do proxecto sobre os pintores e as obras que cada quen traballou.
En primeiro lugar, foi a actuación de 1º e 2º de Primaria, que escenificaron o cadro de Velázquez, “LAS MENINAS”, e nos contaron todos os pormenores e "cotilleos" da corte de Felipe IV, e de todas as personaxes que quedaron inmortalizadas nesta obra de arte. A historia rematou bailando un “Minué”.
En segundo lugar, foi a actuación de Educación Infantil que xirou arredor da figura e obra de VINCENT VAN GOGH. Un grupo mixto formado por nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos comezou recitando un poema que resumía a vida do artista holandés.
A continuación, os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha danza coa música: “Starry, Starry Night” de Don McLean, que falaba do cadro co que traballaron: “La Noche Estrellada”; para rematar, recitaron un poema elaborado na aula adicado a este cadro.
Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron un baile coa canción: “Una calle de Paris” na versión de El Sueño de Morfeo, que tamén falaba de Van Gogh e a súa habitación, xa que eles traballaron moi especialmente co cadro “La Habitación de Arlés”; a continuación, recitaron un poema adicado especialmente a ese cadro.
E, xa para rematar, os nenos e nenas de 5 anos bailaron ao son da canción “Happy”, de Pharrell Williams e fixeron unha coreografía que rematou nun cadro vivente representando "Los Girasoles”. Tamén eles/as tiñan un poema adicado a este cadro que traballaron especialmente durante o curso e que recitaron para todos como broche final.
Por último, tivo lugar a gradución destes nenos de 6º de Infantil que recibiron a banda e a orla, xa que o vindeiro curso pasan a Primaria. Norabóa!


Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

miércoles, 18 de junio de 2014

jueves, 12 de junio de 2014

Pintamos como Van Gogh

Na aula de 5 anos, estivemos a pintar diferentes cadros famosos de Van Gogh e, con eles, elaboramos un gran libro para cada un de nós onde recollemos estas pinturas.
na cuberta do mesmo decidimos poñer o noso cadro favorito de Van Gogh, polo que cada un de nós fixo un debuxo alusivo ao mesmo.
 
 A continuación, unha vez que abrimos o libro de arte, atopamos unha carta informativa para as familias, así coma cada un dos cadros elaborados.
Agardamos que vos guste.

martes, 1 de abril de 2014

As obras de Van Gogh na aula de catro anos

Na aula de catro anos estamos a traballar a figura do artista Vicent Van Gogh. 
No comezo do proxecto, Gaspar deixóunos na clase un libro titulado "Magda, la paleta de Van Gogh", e con este conto estivemos a coñecer mellor a este pintor, ilustrándonos tamén con varias das obras realizadas polo artista. 
Aproveitando a celebración do Día da Poesía (para lembrar a noticia, podes premer na seguinte ligazón: http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/search/label/D%C3%ADa%20da%20poes%C3%ADa) recitamos unha poesía inspirada nun dos cuadros do artista titulado "A habitación de Arlés"  
 Colgado dunha parede,
vin un cadro dun cuartiño,
non sei se será dun neno,
dun mozo ou dun velliño.
Tiña as paredes azuis,
na cama colcha amarela,
tiña, ademais, días cadeiras
e mesiña de madeira.
Era un cuarto pequerrecho
o que nese cadro vin!
Pregúntome cada noite:
Quen irá durmir alí?


Por último, estivemos a pintar uns xirasois como fixera Van Gogh no seu cadro "Os xirasoles".
Aquí vos deixamos algunha imaxes do traballo realizado durante estes días, esperamos que vos gusten.

jueves, 27 de marzo de 2014

Conocemos o Museo del Prado e o Louvre

Na aula de 5 anos, continuamos a investigar sobre os museos.

Durante o desenrolo deste proxecto, decidimos centrar a atención sobre varios museos da nosa cidade: Vigo. Así, traballamos os máis próximos á nosa escola ou os que visitamos nas excursións. Por iso, os museos de Vigo traballados foron: 
  • Museos visitados na excursión:
- Fundación Pedro Barrié de la Maza e Fundación Novacaixagalicia (premede nas ligazóns para lembrar as noticias ao respecto):


  • Museos próximos á escola e significativos para nós:
- Museo Verbum e Museo do Mar (premede nas ligazóns para lembrar as noticias ao respecto):


Para seguir adquirindo unha visión xeral sobre os museos máis importantes do noso arredor, estivemos a dar unha volta polo mundo, por fóra da nosa cidade. Así, visitamos Madrid e París para coñecer dous museos moi importantes: o Museo Nacional do Prado e o Museo do Louvre.

O primeiro que visitamos foi o Museo Nacional do Prado. 
Este museo é moi significativo para nós xa que na nosa aula estivemos a traballar cun cadro que alí se atopa: El caballero de la mano en el pecho, do Greco, e a curmá da nosa compañeira Ada nos enviou diferentes imaxes posando co famoso cadro.
Doutra banda, os nenos e nenas de 1º ciclo de primaria están a traballar coas Meninas, de Velázquez, e atopamos na escola unha enorme reprodución deste cadro, que tamén se atopa neste museo.
No Museo Nacional do Prado podemos atopar infinidade de obras variadas que o converten nun dos museos máis importantes do mundo e, tamén, nun dos máis visitados.
Aquí vos deixamos a ligazón á súa web: https://www.museodelprado.es/

Grazas á colaboración das familias, puidemos desfrutar da lectura deste conto: "Andrés en el Museo del Prado", que poderedes atopar e descargar na seguinte ligazón: http://andresenelmuseo.files.wordpress.com/2013/05/andrc3a9s-en-el-museo-del-prado.pdf
  Coma sempre, cada un dos nenos e nenas da aula, recolleu a información traballada na súa folla de rexistro.
Unha vez finalizado o traballo con Museo do Prado, comezamos a coñecer un pouco máis o Museo do Louvre, situado en París (Francia). Este museo é un dos máis importantes do mundo e o máis visitado. Fai anos, este edificio non era un museo, senón a residencia dalgúns reis que albergaban no seu interior as súas colecións de arte.
Na actualidade, sí é un museo e podemos acceder a el a través da pirámide de cristal que atopamos no medio do recinto.
Xa no seu interior, atoparemos milleiros de cadros de pintores moi importantes, así coma unha gran mostra de escultura, arte exipcia,... Na aula, estivemos a traballar cun dos cadros máis portantes que atopamos neste museo: La Gioconda, de Leonardo da Vinci.
Grazas a nosa compañeira Alis, que trouxo moita información da súa casa, puidemos coñecer máis datos sobre a figura de Leonardo da Vinci, sobre o Louvre e sobre este cadro tan famoso.
Cada un dos nenos e nenas fixo a súa propia reprodución da Gioconda e quedaron tadas chulísimas.

martes, 25 de marzo de 2014

Prantamos xirasoles

Ultimamente, a "cousa" vai de prantar. Se onte, vos comentabamos como fora a nosa excursión ao Parque Forestal de San Miguel, hoxe vos amosamos as imaxes da prantación de xirasoles que fixemos no horto escolar e nos xardíns do colexio.
Nas aulas de educación infantil, estamos a traballar coa figura de Van Gogh. Un dos seus cadros máis famosos (que están a traballar máis a fondo os nenos e nenas de 5 anos) é "Os xirasoles" e, por iso, decidimos prantar xirasoles para ver como medran na nosa escola e, tamén, facerlle unha pequena homenaxe a este importante pintor.
Aquí vos deixamos cunha presentación de imaxes. Se queredes acceder ás mesmas para as descargar, poderedes facelo na ligazón que aparece debaixo.

viernes, 21 de marzo de 2014

21 de marzo. Día da Poesía

Segunda entrada que publicamos hoxe; nesta ocasión para vos falar dunha conmemoración que tivo lugar na BiblioRía da escola.
Como cada curso, coa chegada do 21 de marzo, celebramos que xa é primavera, pero tamén outra conmemoración moi importante: o DÍA DA POESÍA.
A nosa BiblioRía é o lugar escollido para nos xuntar por cursos ou ciclos e recitar as nosas poesías; este curso, con motivo do proxecto de centro "Lendo con arte", decidimos facer poesías inventadas e alusivas aos diferentes cadros que traballamos nas aulas.
O alumnado de 6º de primaria foi o encargado de facer as presentacións.
A continuación fomos recitando as poesías preparadas sobre os cadros. Os primeiros en comezar foron os nenos e nenas de 3 anos, coa súa poesía sobre "A noite estrelada", de Van Gogh.

A NOITE ESTRELADA
Noite escura e silenciosa,
noite que non durmín nada.
Asomeime a miña fiestra
e vin a noite estrelada.
O ceo de azul escuro,
as estrelas salpicadas, 
todas cheíñas de cores,
sobre todo de cor branca.
A lúa preside o ceo,
toda enchida de laranxa.
O pobo está silencioso,
alá ao lonxe, na montaña,
o vento sopra suave,
nin sequera o can ladraba.
Posteriormente, chegou o turno do alumnado de 4 anos coa súa poesía sobre "A habitación de Arlès", de Van Gogh.

A HABITACIÓN DE ARLÈS
Colgado dunha parede,
vin un cadro dun cuartiño,
non sei se será dun neno,
dun mozo ou dun velliño.
Tiña as paredes azuis,
na cama colcha amarela,
tiña, ademais, días cadeiras
e mesiña de madeira.
Era un cuarto pequerrecho
o que nese cadro vin!
Pregúntome cada noite:
Quen irá durmir alí?

Finalizada a quenda dos de 4 anos, lle tocaba o turno aos nenos e nenas de 5 anos, coa súa poesía sobre "Os xirasoles", de Van Gogh.

OS XIRASOLES

Un, dous tres,
catro, cinco, seis,
que cadro máis fermoso
o que alí atopei!
Tan cheo de flores,
conto que son doce,
de cor amarelo
con verdes e ocres.
Non son margaridas,
nin lirios, nin rosas,
son flores moi grandes,
son flores fermosas.
De pétalos amarelos
e co corazón marrón
cheíños de pipas
chaman a atención!
Dentro dun floreiro,
doce xirasoles son!
Cando o alumnado de educación infantil rematou de recitar as súas poesías, chegou o turno do alumnado de 1º ciclo de educación primaria, que compartiu a sesión con nós.
Así, escoitamos aos nenos de 1º e 2º de primaria recitar poesías diversas inspiradas no cadro "As Meninas", de Velázquez.
Coma sempre, foi unha xornada moi amena e divertida que culminou cun agasallo de Gaspar para todos os participantes en forma de marcapáxinas para cada un. 
Para máis información sobre este día, poderedes visitar o blog da BiblioRía: www.biblioria.blogspot.com