Mostrando entradas con la etiqueta Crebacabezas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Crebacabezas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de octubre de 2014

Crebacabezas do Samaín

Na aula de 5 anos, realizamos unha actividade plástica para celebrar a chegada do Samaín: este crebacabezas de cabazas.
 Aquí vos deixamos máis crebacabezas relacionados coa festa por se os queredes traballar nas vosas aulas.

viernes, 17 de octubre de 2014

Crebacabezas dun esquío. Manualidade

Chegou o Outono!!! e dende que entrou esta nova estación na aula de cinco anos, estamos a traballar moitas cousiñas de outono. Unha pequena mostra das diferentes actividades que estamos a desenvolver foi este traballo, coloreado, recortado e pegado deste crebacabezas dun esquío comendo landras.
Esperamos que vos gusten.

viernes, 13 de junio de 2014

Actividades variadas sobre o verán

Xa case estamos chegando a unha nova estación do ano: o Verán.
Nas aulas, xa estamos a ultimar todos os detalles para entregar o material ao alumnado e, aproveitando a chegada da fin de curso, queremos compartir con todos/as os nosos usuarios e usuarias estes recursos variados sobre a estación.
Fai tempo, publicabamos neste blog estas dúas entradas nas que xa podiades atopar actividades en liña, actividades LIM, actividades para o encerado dixital,...

Aquí vos deixamos as dúas ligazóns:


Continuamos aumentando o noso almacén de recursos para facilitar a tarefa docente, así como para propoñer diferentes ideas de traballo nas casas, durante o tempo de vacacións; por iso, aquí vos deixamos estes crebacabezas tan chulos que agardamos vos gusten:

lunes, 31 de marzo de 2014

Ideas para celebrar a Pascua

Coma sempre por estas datas, nas aulas de educación infantil facemos algunha manualidade ou traballo sobre a Pascua; xa sexan ovos, coellos, etc.
Nas aulas da nosa escola estamos a traballar cos coelliños que tanto gustan aos máis pequenos e queremos compartir con todos e todas algunhas ideas que atopamos na rede e que vos poden servir tanto para traballar nas vosas aulas, como nas casas (xa que as familias, en moitas ocasións, nos demandades recursos variados para que os nenos e nenas se divirtan nos días sen cole).
Dunha banda, aquí vos deixamos uns crebacabezas para pintar, recortar e montar. Grazas a eles traballaremos a motricidade fina, o recorte coas tesoiras, a orientación espacial,...
Por outra banda, tamén compartimos estes debuxos para unir con números e que poderemos facer cos pequenos de forma amena e divertida, axudándolles cando o precisen (sobre todo, cos números "altos").
Ou estas actividades para montar os coellos.
O mundo de internet, ofrécenos variadas opcións e recursos; moreas e moreas de álbumes picasa, blogs super interesantes, webs variadas,... nos que poderemos atopar debuxos para pintar, manualidades, actividades,... para traballar tanto nas aulas coma durante estes días festivos de Semana Santa nos que os máis cativos estarán de vacacións.
Aquí vos deixamos unhas ligazóns interesantes onde poderedes descargar material variado:
 






viernes, 14 de febrero de 2014

Feliz Día de San Valentín

Como ben anunciabamos na entrada desta mañá, hoxe pole tarde publicariamos unha noticia moi amorosa.
Pois sí! Esta semana, nas aulas de educación infantil estivemos a traballar nunha sorpresa moi especial para todas as familias neste día... porque non só temos que divertirnos os que temos mozo, moza, parella,... o Día de San Valentín é o Día do Amor e nós estamos cheos de amor de moita xente (pais, nais, tíos, curmáns,...) e, por iso, o festexamos con todos e todas os que no rodean.
 
O luns, xa vos deixabamos unha morea de recursos no blog que podiades aproveitar para celebrar e agasallar aos máis queridos por estas datas (para lembrar a noticia, podes premer na seguinte ligazón: http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2014/02/recursos-e-ideas-para-san-valentin.html) e xa deixabamos descobrir a sorpresa que comezariamos a preparar para agasallar nas casas.
Aquí podedes ver o resultado. O alumnado de educación infantil traballou moi intensamente para facer destes caracois unha sorpresa chea de cores e con moito amor.
 Por outra banda, os nenos e nenas de 4 anos aproveitaron un dos recursos publicados e fixeron este crecabezas tan chulo do oso amoroso.
Agardamos que pasedes un bo Día de San Valentín e aquí vos esperamos o luns con máis novas sobre as nosas andanzas.