viernes, 17 de noviembre de 2017

BRISA

OS NENOS E NENAS DE CINCO ANOS ESTA SEMANA TIVEMOS A VISITA DE BRISA E DOS SEUS MONITORES. ESTA VISITA ESTIVEMOS A PEINAR O PELO DA NOSA AMIGRA BRISA.











jueves, 16 de noviembre de 2017

LETRILANDIA

Os nenos e nenas de cinco anos estivemos todas estas semanas coñecendo aos membros da familia do Pais de Letrilandia. Agora logo de moito traballo xa os coñecemos a todos e estamos preparados para comenzar a coñecer aos otros habitantes deste país tan máxico.








 

miércoles, 15 de noviembre de 2017

Xogando con escuma


Espuma

Xogar con diferentes texturas sempre é divertido pero sobretodo cando o facemos con cousas que semellan ser non feitas para xogar, como a escuma de afeitar. O certo ?  Que foi moi divertido!! Aínda que algún e algunha non quixeron saber moito da escuma. en cambio...outros e outras...se encheron de escuma, debuxaron nela e sobretodo o pasaron xenial!!!

martes, 14 de noviembre de 2017

PRIMEIROS AUXILIOS

Aquí vos deixamos unha guía práctica de primeiros auxilios para pais, que vos pode servir de utilidades en caso de algunha emerxencia cos nenos e nenas. Preme na imaxe e poderás acceder.



http://www.092cr.net/doc/guia%20primeros%20auxilios%20para%20padres%20y%20madres.pdf



lunes, 13 de noviembre de 2017

PLANTAMOS LANDRAS

Os xoves visitanos o profe Juanca e aproveitamos a súa axuda para facer actividades relacionadas coa natureza. Nesta ocasión plantamos landras! Para esta actividade contamos coa colaboración de Carla, a mama de Miranda. 

Por mor dos incendios da zona decidimos poñer o noso gran de area na reconstrucción do monte con esta tarefa a longo prazo. 

A tarefa consistiu en plantar unhas landras na zona da horta escolar, as que iremos regando e coidando coa idea de que, dentro duns anos, cando se convertan en pequenos carballos, os poidamos prasplantar ao noso monte.

Aquí vos deixamos unhas imaxes do proceso.





























Moitas grazas Juanca e Carla pola vosa participación!
Sen a vosa axuda non sería posible.

domingo, 12 de noviembre de 2017

MAGOSTO 2017

Deixamos un video da celebración do Magosto no Parque Forestal de San Miguel do venres 10 de novembro. Foi unha mañá diferente e divertida na que ademais de comer castañas e choripán puidemos ver os estragos que fixeron os lumes de outubro e cantar "Lumes nunca, nunca máis". Agardecemos aos pais e nais que estiveron con nós e colaboraron a que esta actividade resultará xenial. Graciñas !!!

jueves, 9 de noviembre de 2017

INVITACIÓN DE MAGOSTO

Mañá venres imos celebrar no Monte de San Miguel de Oia o noso magosto escolar, quedades invitadas aquelas familias que poidades a vir colaborar con esta celebración.
Resultado de imagen de fotos de magosto

miércoles, 8 de noviembre de 2017

A clase de 4 de E.I. anos

Aquí presentamos algunha das actividades que facemos na clase de 4 de E.I.. Dende xogar co arco da vella baseado na pedagoxía Waldorf e Montessori ata os xogos coas pipetas e pinzas para ir afinando a psicomotricidade fina, tan importante no proceso da escritura, entre outras cousas.

martes, 7 de noviembre de 2017

CAMISETAS DE MEDO

Os nenos e nenas de cinco anos axudadados por compañeiros de sexto de primaria están a pintar unhas camisetas de medo. Esperamos que vos gusten.

lunes, 6 de noviembre de 2017

ÁRBORE DAS EMOCIÓNS

Na nosa aula habita un trasno moi simpático que nos pediu que lle fixéramos unha árbore na que poder descansar a cambio dunha sorpresa. Intrigados, decidimos facela,  buscamos o lugar máis axeitado e puxémonos mans a obra. Recortamos anacos de aironfix azul, verde e marrón, e fómolos pegando pouco a pouco, posteriormente ocorréusenos facer un burato na árbore onde se puidera poñer o noso trasno.

E cando rematamos... apareceu a sorpresa! Regalounos moitas follas de cores para poñer na árbore, cada cor representa unha emoción, e así cada día podemos reflexionar sobre como nos sentimos e facelo visible. Mellorando así o noso autocoñecemento e autocontrol das emocións.