viernes, 28 de abril de 2017

SARI

Apareceu na aula unha bolsa que non sabiamos que tiña dentro, Sara foi a encargada de descubrilo.

Entre todos/as axudamos a estirar esta tea tan longa e estivemos pensando de que uso podería ter este agasallo que apareceu na aula.

Cando descubrimos que era a roupa típica das mulleres na India e que se chamaba SARI, buscamos un tutorial en internet para aprender a vestilo. Este foi o resultado.
Logo despois pasamos ao traballo de papel , onde cada un coloreu un Sari e escribiu dita palabra.









jueves, 27 de abril de 2017

VISITA DOS PADRIÑOS LECTORES.

Estamos a preparar o día do libro e os padriños  e madriñas lectores viñeron visitar e coñecer os seus afillados/as , para ter unha primeira toma de contacto e averiguar os seus gustos lectores obtendo información de primeira man para seleccionar os contos que nos lerán o día 28.
PREMEDE NA FOTO DE GASPAR PARA VER QUE BEN O PASAMOS  TODOS/AS 
Resultado de imagen de GASPAR DELFIN

miércoles, 26 de abril de 2017

NAMASTÉ

Seguimos investigando sobre India e atopamos que o seu saúdo e coñecido como Namasté e que o empregan tanto para deir OLA como para decir ADEUS.
Na aula estivemos practicando este saúdo.


Logo despois escribimos a palabra NAMASTÉ, e coloreamos a unha persoa facendo o saúdo.




martes, 25 de abril de 2017

VERMES DE SEDA

Cando fixemos o proxecto de China , aprendemos que facian a ropa con seda que obtiñan duns vermes especiais.
Unha compañeira trouxo a aula uns ovos de verme que gardamos con moito agarimo e esta semana empezaron a nacer os primeiros vermes. Estos vermes só comen folla de moreira que recollemos no xardín do cole cdada día, para que teñan comida fresquiña.
Aquí vos quedan unhas fotos e dentro dunhas semanas cando teñan crecido volveremos a subir outras.




lunes, 24 de abril de 2017

EVACUACIÓN

O derradeiro día de cole practicamos un simulacro de evacuación, tivemos a visita dos bombeiros que amablemente nos explicaron como funcionaba o seu servicio e deixaronos subir o camión.
PREME NO CAMIÓN E PODERÁS VER O QUE ACONTECEU.Resultado de imagen de camión bomberos

viernes, 21 de abril de 2017

SORPRESA INDIA

Esta semana temos uns visitantes moi especiais na nosa aula. O martes cando chegamos ao cole das vacacions de Semana Santa, tiñamos unha sorpresa da India! Unhas marionetas que chegaron dende ben lonxe para pasar uns días con nos. Axudarannos a ir profundizando cada día un pouco máis sobre a cultura India.



Os nosos visitantes chámanse Alok e Malala, e entre todos buscamos nomes da India para os seus amigos, decidimos chamarlles: Naya e Kalu.














Esperamos aprendermoitas cousas con eles!!

jueves, 20 de abril de 2017

RUPIA

Seguindo coas aportacións ao proxecto, a nosa compañeira Laura trouxonos unhas poucas moedas da India, chamadas" RUPIA".
Con este dato puxemonos a traballar e atopamos en internet que o valor da nosa moeda o "EURO" equivale a 69,20 RUPIAS,fixemos comparacións entre as duas moedas.





 E logo estivemos a facer sumas e restas con Rupias.




miércoles, 19 de abril de 2017

MACHU PICHU

Como cada mes o noso amigo Gaspar escribiunos unha carta para que investiguemos sobre unha nova marabilla, desta volta e o turno do " MACHU PICHU".




   Resultado de imagen de fotos machu picchu
Se queredes ter mais información convidamosvos a visitar o blogue da BIblioRia, premendo no enlace.
http://biblioria.blogspot.com.es/

martes, 18 de abril de 2017

PORTADAS SEGUNDO TRIMESTRE

Como xa estamos en primavera, as portadas dos nosos traballos do segundo trimestre levaban unhas volvoretas moi coloridas que fixemos nos mesmos coloreando pasta e pondo purpurina. Aquí vos deixamos unha mostra de todo o traballiño que fixemos para obter un resultado final tan lucido.

viernes, 7 de abril de 2017

BANDEIRA DE INDIA

A nosa aula seguen chegando aportacións das familias con elementos da India, desta volta foron Martina, Enzo, Samuel e Nacho.


Seguindo co noso traballo de aula estivemos investigando sobre a bandeira de este pais e descubrimos o seguinte:
A bandeira da India, tamén coñecida como tiranga (तिरंगा en hindi) significa tricolor, está composta por tres franxas horizontais coas mesmas dimensions, de cor laranxa a superior, branco a central e verde a inferior. No centro ten unha roda azul marino con vintecatro picos, coñecida como ashoka chakrá, tomada da columna Ashoka (en Sarnath).