lunes, 30 de junio de 2014

Imaxes Festival Fin de Curso

O curso remata e hoxe compartimos con todos e todas esta presentación en imaxes sobre o festival de Fin de curso (educación infantil e 1º ciclo de primaria) que tivo lugar o xoves, 19 de xuño, e que foi todo un éxito!!!
 Como este curso andivemos a trafegar no mundo da arte (grazas ao proxecto de centro que xurdiu da BiblioRía titulado “Lendo con Arte”) os nenos e nenas convertéronse nuns artistas; e así o demostraron neste festival de fin de curso tan cultural, onde ademais de recitar, cantar e bailar, tamén nos contaron, do xeito máis artístico, o que aprenderon coa investigación do proxecto sobre os pintores e as obras que cada quen traballou.
En primeiro lugar, foi a actuación de 1º e 2º de Primaria, que escenificaron o cadro de Velázquez, “LAS MENINAS”, e nos contaron todos os pormenores e "cotilleos" da corte de Felipe IV, e de todas as personaxes que quedaron inmortalizadas nesta obra de arte. A historia rematou bailando un “Minué”.
En segundo lugar, foi a actuación de Educación Infantil que xirou arredor da figura e obra de VINCENT VAN GOGH. Un grupo mixto formado por nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos comezou recitando un poema que resumía a vida do artista holandés.
A continuación, os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha danza coa música: “Starry, Starry Night” de Don McLean, que falaba do cadro co que traballaron: “La Noche Estrellada”; para rematar, recitaron un poema elaborado na aula adicado a este cadro.
Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron un baile coa canción: “Una calle de Paris” na versión de El Sueño de Morfeo, que tamén falaba de Van Gogh e a súa habitación, xa que eles traballaron moi especialmente co cadro “La Habitación de Arlés”; a continuación, recitaron un poema adicado especialmente a ese cadro.
E, xa para rematar, os nenos e nenas de 5 anos bailaron ao son da canción “Happy”, de Pharrell Williams e fixeron unha coreografía que rematou nun cadro vivente representando "Los Girasoles”. Tamén eles/as tiñan un poema adicado a este cadro que traballaron especialmente durante o curso e que recitaron para todos como broche final.
Por último, tivo lugar a gradución destes nenos de 6º de Infantil que recibiron a banda e a orla, xa que o vindeiro curso pasan a Primaria. Norabóa!


Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

viernes, 27 de junio de 2014

Período de Adaptación curso 2014/15

O Período de adaptación para o alumnado de 3 anos que se incorporará á escola o vindeiro curso 2014/15 é o seguinte:
 
 
 
GRUPO A
- Martín Abril
- Martina Alonso
- Letizia Alves
- Sara Carballa
-
 
GRUPO B
- Aiden Comesaña
- Mateo Fernández
- Ivo Thiago Gonçalves
- Aitana Mira
- Leire Rodríguez
 
GRUPO C
- Joel Penavella
- Samuel Rial
- Antón Rodríguez
- Iago Rodríguez
-
 
GRUPO D
- Gabriela Sanromán
- Marta Varela
- Enzo Vázquez
-
-
 
GRUPO E
- Gael Vicente
- Laura Pérez
- Noel Rouco
- André González
-
 

 


jueves, 26 de junio de 2014

Libros de texto para o alumnado que pasa a 1º de Educación Primaria

O alumnado de 5 anos xa se despediu da etapa de educación infantil e, para o vindeiro curso, xa formarán parte do alumnado de educación primaria.
Aquí vos deixamos co listado de libros que precisan para 1º ciclo de primaria-1º curso.

-LENGUA (cuadernillos 1, 2, 3)_Editorial Edebé_ISBN: 788468300757

-MATEMÁTICAS 1_Editorial Edebé_ISBN: 9788468300634

-LINGUA GALEGA/COÑECEMENTO DO MEDIO. ANDAVÍA. (Globalizado)_Editorial Santillana_ ISBN: 788499720005

-INGLÉS. Class Book. SURPRISE 1_Editorial Oxford_ISBN: 9780194409452

-INGLES. Activity Book. SURPRISE 1_Editorial Oxford_ISBN: 9780194408066

Calendario escolar 2014/2015

Na páxina web da Consellería de Educación xa está publicado o calendario escolar para o vindeiro curso 2014/2015.

Inicio do curso: 10 de setembro
Fin do curso: 19 de xuño.

Períodos de vacacións:
- Nadal: desde o día 22 de decembro de 2014 ata o día 7 de xaneiro de 2015, ambos os dous
inclusive.
- Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.
- Semana Santa: desde o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015, ambos os dous inclusive.
- Días non lectivos:
     - Día do Ensino: 31 de outubro de 2014
     - Días non lectivos do centro: 3 de novembro e 4 de maio. 

Conmemoracións
- 25 de novembro de 2014: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
- Do 1 ao 11 de decembro de 2014: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de
Galicia.
- 10 de decembro de 2014: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
- 30 de xaneiro de 2015: Día escolar da non violencia e da Paz.
- 8 de marzo de 2015: Día Internacional da Muller Traballadora.
- 15 de marzo de 2015: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
- Do 9 ao 13 de marzo de 2015: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con
xornais.
- Entre o 13 e o 30 de abril de 2015: Día do libro.
- 7 de abril de 2015: Día Mundial da Saúde.
- 9 de maio de 2015: Día de Europa.
- Do 7 ao 17 de maio de 2015: Semana das Letras Galegas.
- 5 de xuño de 2015: Día Mundial do Medio Ambiente.

miércoles, 25 de junio de 2014

Actividade EDI: "Sumamos y restamos con el fútbol y el baloncesto"

Hoxe, compartimos esta segunda publicación; é unha nova actividade para o Encerado Dixital Interactivo, que poderedes descargar na seguinte ligazón: http://edi-riadevigo.wikispaces.com/numeros
A iniciación ás sumas e ás restas é un momento moi aporpiado para traballar cos aspectos cotidianos e divertidos para o alumnado; con situacións do seu día a día que sean significativas para eles/as y que lles desperten a motivación e a curiosidade por realizar estas dúas operacións: as sumas e as restas.
Así, os nosos alumnos e alumnas están moi interesados por dous deportes aos que xogan no recreo: o fútbol e o baloncesto. Aproveitando o número de xogadores por equipo, as tarxetas vermellas, os equipos de baloncesto,... realizaremos nesta actividade operacións sinxelas de sumas e restas.
Aquí vos deixamos uns pantallazos para que vexades como son:

O control da impulsividade na educación infantil

Moitas veces, os nenos e nenas de educación infantil amosan comportamentos impulsivos, agresivos,... por iso queremos compartir con todos os nosos usuarios e usuarias esta "Técnica da Tartaruga" que seguro moitos/as de vós xa coñecedes ou tedes escoitado falar dela, e que axuda aos nenos/as a controlar a súa impulsividade.
Os obxectivos desta técnica son os seguintes:
  • Ensinar estratexias para relaxarse.
  • Fomentar o autocontrol da conducta impulsiva.
  • Desenvolver a capacidade de coñecer, expresar e manexar as emocións.
  • Controlar a agresividade, analizando adecuadamente as situacións e responder con autocontrol.
  É unha ferramenta de modificación de conducta basada no autocontrol,  dirixida a nenos/as que carecen de habilidade para xestionar o fracaso, aos que a frustración lles producen rabietas, que pegan aos outros, lles insultan, lles fastidia e sufren innecesariamente pola súa falta de habilidade para controlar os seus impulsos ( Schneider, Marlene; Robin, Arthur).  É unha técnica de gran utilidade para nenos de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.

Aquí vos deixamos diferentes ligazóns por se queredes ler e saber un pouco máis sobre esta técnica:



No blog http://educameblog.wordpress.com/ podemos atopar toda a explicación da técnica coas imaxes correspondentes. Aquí vos deixamos coa explicación:

"Método de aplicación:

      Con esta técnica se pretende que el/la  niño/a imite la posición de la tortuga y se repliegue dentro de un caparazón imaginario, ante una situación en la que no pueda controlar sus impulsos y emociones. Para ello:

  • El educador previamente debe explicar el cuento de la tortuga de modo que se identifique con el personaje principal.
  • Una vez leído el cuento se le enseña al niño a responder a la palabra clave “tortuga”, ante una situación estresante, introduciendo su cuerpo en su caparazón imaginario: barbilla en el pecho, mirada al suelo, brazos y puños cerrados y en tensión, estirados a lo largo del cuerpo. Una vez aprendido a responder ante esta palabra, se le enseña a relajar sus músculos a la vez que hace la tortuga, ya que la relajación es incompatible con los comportamientos agresivos, con el objetivo de diferenciar entre las conductas apropiadas de las inapropiadas.
  • Por último, se le enseñan técnicas de resolución de problemas para responder a  la situación que le ha llevado a realizar esta técnica. Primero se define el problema y posteriormente, se buscan respuestas  y alternativas para decidir cuál es la más correcta,  ante cada situación dada.

      Es muy importante que después de cada práctica realizada correctamente se le refuerce de manera inmediata, para que se sienta motivado para utilizar por sí mismo estrategias de forma autónoma cuando se sienta inquieto ante situaciones que le resulten de difícil control.
      A continuación os dejamos a vuestra disposición el cuento de la tortuga, así como los pasos para su aplicación:"

Doutra banda,tamén é moi útil e recomendable a lectura deste conto de Edicións Embora, co que contamos na BiblioRía da nosa escola: 
"O segredo de Flora", de Paloma Rodríguez e publicado no 2010. 
O seu ISBN é 9788492644155.

Argumento: Flora ten un segredo fantástico e é que aprendeu unhas palabras máxicas que lle axudan a non sentir enfados nin ganas de pegar. O segredo de Flore consiste en atopar un modo de combatir a violencia, explicando así a nenos e neas que é intolerable en todas as súas manifestacións.

O CEIP. Mestre Rodríguez Xixirei publicou no youtube este mesmo conto, adaptado polo alumnado de 5 anos, e que compartimos con todos vós:

martes, 24 de junio de 2014

Escursión a unha goleta pirata

O xoves, 12 de xuño, o alumnado de educación infantil da escola realizou unha saída moi especial: visitamos un "barco pirata", unha antiga goleta situada no Porto de Bouzas. 
Dende este blog, queremos dar as grazas a Carlos, un pai dunha nena da nosa escola, pola organización desta saída, o trato amabilísimo de todo o persoal que alí se atopaba e a gran colaboración con nós en todo momento. MOITAS GRAZAS.

Fai dous anos, o alumnado que naquel momento se atopaba en educación infantil realizou unha saída a esta mesma embarcación, aproveitando o proxecto que estabamos a realizar sobre os piratas. Se queredes lembrar aquela visita, podedes premer nas seguintes ligazóns:



Este curso escolar, o proxecto de centro "Lendo con arte" versa sobre o mundo da arte e, máis concretamente, sobre a pintura. O destino quixo que este ano, dentro da goleta, atoparamos unha mostra relacionada co mar, os animais mariños, curiosidades sobre o barco, buscas do tesouro,... e, como ben dixemos, grazas a Carlos puidemos desfrutar da exposición da goleta todo o alumnado de educación infantil e así profundizar noutro tipo de exposicións, de pinturas, de museos diversos ubicados en distintos lugares, etc.

A xornada presentouse con moita calor, polo que tivemos que facer uso de gorras, cremas solares, auga,... Sobre as 10:30 horas da mañá, o bus nos deixou no Porto de Bouzas (Marina Dávila), onde tanto Carlos como o resto de traballadores que nos acompañaron na visita nos estaban a agardar.
 Despois dos correspondentes saúdos, comezamos a nosa visita facendo dous grupos: o alumnado de 3 e 4 anos foi o primeiro en camiñar ata a goleta, mentras que os nenos e nenas de 5 anos agardamos un anaco para poder subir. Mentres non nos puidemos dirixir á goleta, estivemos paseando polo porto; alí, nos atopamos cun gran cartel onde puidemos descubrir a cantidade de especies mariñas que podiamos atopar pola zona: nécoras, calamares, centolos, polbos,... un sinfín de peixes que nadaban baixo os nosos pés.
A continuación, puidemos vivir unha gran experiencia: uns buzos estaban a punto de facer unha inmersión na auga e puidemos ser testigos de toda a montaxe dos neoprenos, as bombonas de osíxeno, as aletas,... Unha das chicas alí presentes nos explicou como era a forma de respirar baixo o mar coa axuda da bombona; os nenos e nenas que estaban interesados/as en probar a experiencia puideron respirar a través dela (era moi sinxelo; tiñámolo que facer coma se estivésemos bebendo por unha palliña).
A monitora ensinounos tamén como tiñamos que nos tirar ao mar; así, despois de resolver as nosas dúbidas, se colocou ben o neopreno e fixo o seu "lanzamento" ao mar. Aquí vos deixamos un vídeo do momento:

A visita continuou no interior do barco. Despois de descubrir o mundo dos buzos, camiñamos polo pantalán ata chegar á goleta e nos reunir cos nenos e nenas de 3 e 4 anos que xa estaban no seu interior, acompañados por Pepe, o capitán da goleta. 

Pepe explicóunos a historia do barco, dende os seus inicios ata a actualidade, diferentes curiosidades, os lugares onde estivo, o cambio de nome que tivo a goleta, etc.

Todos/as escoitabamos as súas palabras moi atentos/as, ata que chegou o momento que nos dirixir ao seu interior; alí, Pepe fixo de guía ou monitor e nos contou diferentes curiosidades que nos deixaron moi abraidados/as.
Pepe estivera na caza dun calamar xigante, que puidemos ver en fotografías... Era inmenso, enorme... pois sí que era certo o seu nome: o calamar xigante.
Doutra banda, puidemos coller coas nosas mans as "espadas" dos "peixes espada"... como pesaban!!! non nos podiamos crer que puideran levar e arrastrar ese peso baixo do mar!!!
Outro dos momentos importantes da visita foi coñecer o posto de mandos da goleta; alí, estaba o timón e diversos aparellos para poder navegar co barco.
Despois de nos converter en capitáns da goleta por uns segundos, baixamos de novo ao interior do barco e realizamos a hora da merenda, pero aquí non acabaron as sorpresas. Os nenos e nenas da escola realizamos unha busca do tesouro: tiñamos que atopar no interior a imaxe do primeiro capitán do barco e alí preto atopariamos unha sorpresa e, como non, puxemos mans á obra ata dar coa imaxe e, por iso, recibimos o noso tesouro: unha caixa de madeira chea de moedas de ouro comestibles!!!
Foi unha xornada moi entretida para todos nós e tamén para as mestras. Desexamos repetir a nosa visita e, como xa dixemos, damos as GRAZAS a todas as persoas que fixeron posible esta saída e que nos fixeron desfrutar durante toda esta xornada.

Se queredes ver máis imaxes, podedes premer na seguinte ligazón:
https://picasaweb.google.com/104924940840955327392/20140612_ExcursionAUnhaGoletaPirata

lunes, 23 de junio de 2014

A recta numérica do 0 ao 100 en educación infantil

Aínda que as clases acabaron o pasado venres, 20 de xuño, o noso blog non para e continúa a compartir con todos os nosos usuarios e usuarias diferentes recursos e actividades.
Hoxe, nos centramos no traballo coa recta numérica en educación infantil, un elemento moi importante a ter en conta e que presenta unha gran importancia dentro de traballo significativo cos números. 
A recta numérica serve para case todo: para contar progresiva e regresivamente, para o cálculo mental, para contar de forma salteada, para iniciarse nas operacións básicas, na medida,... 

A recta numérica é o soporte fundamental para que o alumno/a se afiance e progrese en cada un dos niveis de dominio da secuencia numérica. Se a percorremos cos dedos, aprendemos a separar adecuadamente cada un dos números, a comezar a contar dende o número que se nos pida ou dende o número elixido, a contar determinados números a partir dun concreto, a facelo en sentido progresivo ou regresivo ou, finalmente, a facelo de forma salteada.

As mestras de educación infantil elaboramos estes números para formar a nosa propia recta numérica na aula. Colocarémola baixo o encerado formando unha liña continua do 0 ao 100; pegarémola con velcro para facilitar o seu manexo por parte do alumnado.
Doutra banda, navegando pola rede tamén atopamos estes outros números do 0 ao 100 que poderedes colorear como queirades, recortar e formar a recta nas casas ou nas vosas aulas.
e con esta idea de traballar a recta numérica con pinzas e plastilina:

jueves, 19 de junio de 2014

Mercadillo de libros

O pasado luns, 16 de xuño, tivemos o agardado MERCADIÑO DE LIBROS na escola, organizado pola BiblioRía.
Os postos de "troco de libros por lecturas” puxéronse á sombra do liquidambar e o plátano de sombra, dúas árbores do patio. A hora de apertura estaba programada para as 12:30, así que en canto tocou o timbre, ao remate do recreo,  os nenos e nenas  xa sabían que iamos cambiar a “hora de ler” polo mercadiño. 
Achegáronse aos postos cos seus “pases” na man, aínda que algúns esquecéreno na casa ou perdérono, e despois de botarlle unha ollada á mercancía decidíronse polo libro ou libros que querían levar.
O máis fermoso foi ver o interese por escoller o libro ao seu gusto, a alegría, a orde coa que o fixeron e, sobre todo, a espontaneidade coa que cada quen, en grupo ou individualmente, se  puxo inmediatamente a ler sentado na herba polos recunchos do patio.
Foi unha fermosa estampa para rematar o curso da biblioteca nesta  soleada mañá de xuño!
Non vos perdades as fotos. Falan por si soas!!!
Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

Traballo 5 anos_"La mariquita Juanita"

Os nenos e nenas de educación infantil estiveron a traballar cos contos de "La mariquita Juanita" durante todo este curso escolar.
Cada un deles elaborou un libro de rexistro con fichas variadas sobre os doce contos que conforman o libro. Aquí vos deixamos o resultado que agardamos vos guste.
Lembrade que se queredes ver as entradas do blog anteriores, relacionadas con este tema poderedes premer na seguinte ligazón:
http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/search/label/La%20mariquita%20Juanita

Traballo 4 anos_"La mariquita Juanita"

Despois de tantos días de traballo, aquí vos deixamos co libro elaborado sobre os contos de "La mariquita Juanita" polo alumnado de 4 anos.
Agardamos que vos guste e se queredes consultar publicacións do blog anteriores, relacionada con esta personaxe e as súas amizades, podedes premer na seguinte ligazón:

miércoles, 18 de junio de 2014

Programación Festival Fin de Curso 2014

Un ano máis, chega a Festa de Fin de Curso e aquí vos deixamos a programación das actividades previstas.
Xoves 19: As 10:30 h. Festa Fin de Curso Ed. Infantil e 1º Ciclo Ed. Primaria á que están convidadas a asistir como público as familias de alumnado nestes niveis. A programación é: 

  • 1º e 2º Ed. Primaria: “Velázquez e as Meninas" (Conto con proxección de sombras)
  • 4º, 5º e 6º Ed. Infantil: “A historia de Van Gogh" (Poesía-rap) 
  • 4º Ed. Infantil: “Starry Starry Nigth” (Baile) 
  • 4º Ed. Infantil: “A noite estrelada” (Poesía) 
  • 5º Ed. Infantil: “Una calle de París” (Baile)
  • 5º Ed. Infantil: “A habitación de Arlés" (Poesía) 
  • 6º Ed. Infantil: “Happy” (Baile)  
  • 6º Ed. Infantil: “Os xirasoles” (Poesía) 
  • 6º Ed. Infantil: GRADUACIÓN         
Venres 20:  As 10:30 h. Festa Fin de Curso 2º e 3º Ciclo Ed. Primaria á que están convidadas a asistir como público as familias de alumnado nestes niveis. A programación é:

  • 3º Ed. Primaria: “As seis caras do Gran Señor” (Teatro) 
  • 4º Ed. Primaria: “O  trasmundo” (Cadro humano) 
  • Inglés: "Turning the English classroon into a Museum" (Vídeo) 
  • 5º Ed. Primaria: “Picasso e a paz” (Conxunto instrumental-visual) 
  • 6º Ed. Primaria: “O son do ar” (Canción) 
  • Despedida alumnado de 6º Ed. Primaria

Os días 19 e 20, a apertura do centro para a entrada de público á festa será ás 10:15 h. Os servizos de transporte e comedor escolar funcionarán en horarios e condicións habituais. Coa finalidade de organizar do mellor xeito o funcionamento do colexio, en estas dúas datas non poderá ser recollido o alumnado antes do remate do horario escolar ás 14:30, ou ás 15:15 en caso de alumnado usuario do servizo de comedor. 

Do 23 ao 27 de xuño, na Praia de Canido (16,30 a 20,00): Biblioteca de Verán.

Libro sobre Van Gogh - 6º Educación Infantil (5 anos)

O alumnado de 5 anos elaborou este caderno, enviado por Gaspar, sobre os datos máis importantes da vida e obra do artista holandés Vinçent Van Gogh. 

Libro sobre Van Gogh - 5º Educación Infantil (4 anos)

Aquí vos deixamos co libro elaborado polo alumnado de 4 anos sobre a vida e obra Van Gogh.

Libro sobre Van Gogh - 4º Educación Infantil (3 anos)

Como ben sabedes, a principios de curso, chegou ás aulas unha maleta sorpresa de parte de Gaspar. 
Dentro desa maleta, atopabamos un libro para completar coa información recollida sobre o pintor traballada na clase. Pois ben, aquí tedes o libro rematado que agardamos vos guste.
En breves, poderedes ver o de 4 e 5 anos.

martes, 17 de junio de 2014

A nosa escola parece un verdadeiro museo

Neste curso, os corredores da nosa escola enchéronse de arte e se converteron nun museo.
Por unha banda, podemos atopar os cadros que nos trouxo o profesor Carlos, do IES "Val de Tea", que é pai dun neno do colexio e, por outra banda, atopamos tamén copias ou reproducións  de cadros famosos feitos polos nenos e nenas das distintas aulas. 
Na aula de Inglés integráronse contidos de Arte coa Lingua Inglesa; tanto nas clases de Lingua Estranxeira (Inglés) como nas de Arte en Inglés (nos grupos Plurilingües e Bilingües). 
Nun principio, cada curso traballou técnicas pictóricas diversas e, posteriormente, centrou a atención nun pintor norteamericano para crear o seu propio cadro ou a versión dese cadro. Cada unha destas obras de arte pasou a formar parte do Museo no que se converteu a clase de inglés “The English Classroom turns into a Museum” e que o alumnado de 6º de educación infantil (5 anos) visitou fai poucos días. (Podedes lembrar a visita premendo na seguinte ligazón: http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2014/06/visitamos-mostra-de-arte-da-aula-de.html)

Estes son os cadros que alumean os nosos corredores:
  • KANDINSKY- " los cuadrados con círculo concéntricos"
  • VAN GOGH - "Autoretrato", "La noche estrellada" e " La habitación de Arles"
  • EL GRECO- "El caballero de la mano en el pecho"
  • PICASSO- "Autoretrato", " Pablo vestido de arlequín", " El joven de la gabardina roja"
  • MUNCH- " El grito"
  • CÉZANNE- "Autorretrato"
  • ARCIMBOLDO- " Las estaciones"
  • VELAZQUEZ- " Las meninas"
  • LAXEIRO- " O trasmundo"
  • PICASSO- " El Guernica"
  • MONET - " La terraza de sainte-Adresse, "Dama con parasol"
Aquí tedes dúas reportaxes gráficas: na primeira podedes ver os cadros cedidos ao colexio e na segunda as obras de arte feitas polos nenos e nenas da escola.



 


lunes, 16 de junio de 2014

"Verano", de Arcimboldo

As nosas catro estacións de Arcimboldo xa están rematadas. A última que quedaba por facer era a do verán e xa a temos lista e colgado da parede do noso porche.
Agora, toda a serie de catro estacións feita por nós luce no "museo" no que se convertiu a escola.
Aquí vos deixamos as imaxes que agardamos vos gusten.
 "OUTONO"
 "INVERNO"
 "PRIMAVERA"
 "VERÁN"
Dentro de moi pouco, poderedes desfrutar cos libros de Arciboldo feitos polo alumnado.

domingo, 15 de junio de 2014

Gañadores da VIII Edición do Premio Espiral Edublogs

Onte, 14 de xuño de 2014, tivo lugar a entrega de Premios Espiral Edublog. Lamentablemente, este ano non tivemos sorte pero queremos felicitar aos blogs gañadores polo seu estupendo traballo e por este premio tan merecido.

Parabéns para todos e todas!!!

Os blogs premiados pola categoría de BLOGS DE MAESTROS E MAESTRAS DE INFANTIL foron os seguintes:



Podedes consultar a listaxe completa de gañadores en cada unha das categorías premendo na seguinte ligazón:

viernes, 13 de junio de 2014

A nosa camiseta "En Galego mola" (ACTUALIZADA)

Estimadas familias,

Como actividade programada ao redor da celebración do Fin do Curso, o alumnado do colexio vai cantar de xeito conxunto a canción "En Galego mola" con adaptación de letra sobre a canción "Si me voy", de Paula Rojo. Este acto será grabado e subido posteriormente á páxina web do cole. 

Para a realización desta actividade é preciso que todo o alumnado que fixo a camiseta "En galego mola" veña vestido con ela o vindeiro martes 17

Asimesmo, o alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria poderá vir vestido con esta camiseta o día 19 e o alumnado de educación infantil e 1º ciclo de primaria o día 20. (De non ter a camiseta, prégase que veñan vestidos cunha camiseta de cor branca).

Como paso previo á estre desta camiseta é necesario facer un pranchado tanto por diante como por detrás do pintado. Pode ser recomendable evitar o contacto directo co ferro (plancha, en castelán) colocando unha tea de proteción no medio. É importante deixar o ferro pequenos momentosnas zonas pintadas para que se fixe ben a pintura.