Mostrando entradas con la etiqueta Letras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de mayo de 2018

LETRAS

O aprendizaxe da lectoescritura é un proceso lento e madurativo, que conleva un gran número de aprendizaxes previos para o seu dominio. 
Na etapa infantil facemos un achegamento a mesma e na aula observamos como cada día os cativos están máis motivados con dito aprendizaxe e comezan a decodificar. Gústalles moito decatarse de que xa son capaces de recoñecer letras en textos, descobren que saben o que está escrito en algúns lugares, que len palabras,... 
E para mellorar a atención neste aspecto na aula contamos con diferentes xogos cos que practicar. Deixámosvos algunhas imaxes para que vexades que ben o facemos!




















lunes, 26 de febrero de 2018

ANIMAIS E DEMAIS

A partires dos xoguetes que temos na aula estamos traballando a conciencia fonolóxica. Concretamente cos animais, fixemos un xogo que consistía en elixir un animal que nos gustase e buscar o seu nome. Con esta tarefa traballamos a atención, a audición de fonemas e fomentamos o recoñecemento de letras.





























miércoles, 24 de octubre de 2012

Facemos collares do noso nome

Aquí vos amosamos unha actividade levada a cabo polo alumnado de 4 anos: uns collares que levan o seu nome.
Para a realización dos mesmos empregamos a pasta PATCOLOR da marca Jovi
(Pasta para modelar coloreada que se endurece al aire sin agrietarse. Su consistencia y flexibilidad hacen de ella una pasta muy práctica, ideal para crear pequeños objetos. Los colores son vivos y variados, no manchan y pueden mezclarse entre sí para obtener nuevas tonalidades.
Patcolor es agradable al tacto y se amasa y moldea fácilmente con las manos o con la ayuda de moldes, moldeadores y musgueras.
Como la pasta se seca lentamente, las creaciones pueden pulirse y pegarse unas con otras humedeciendo las zonas de unión con el dedo mojado en agua.¡Así entran ganas de ponerse manos a la obra! La pasta NO utilizada se ha de guardar en los botes y cerrarlos._http://www.jovi.es/clientes/modelaje/patcolor.html)

e tamén uns moldes de plastilina das letras maiúsculas.
  Con todo isto, comezamos a traballar. O primeiro que fixemos foi estirar a masa para, a continuación, facer os moldes das letras do noso nome. Posteriormente, fixemos un buraquiño por onde colocariamos a cinta ou o cordel e, por último, puxémolo a secar.
 Unha vez ben secas as letras, colocamos a cinta e xa temos rematados os nosos collares. Posteriormente, podemos realizar xogos variados coma:
- Cada neno/a entrega ao neno/a correspondente o seu collar. Para iso, ten que coñecer o seu nome e saber a quen corresponde.
- Cos collares colocados nos seus "amos" correspondentes, poderemos facer grupos de 3 e "desordenar" os collares. Outro neno ten que adiviñar que ten mal colocado o nome e cal é o que debería ter.