viernes, 19 de diciembre de 2014

Saída ao "Circo de Nadal" (Actualizada)

Hoxe, venres 19 de decembro, e último día de clases do Primeiro Trimestre, todo o alumnado do colexio sairá de excursión ao "Circo de Nadal", ubicado na zona de Coia, en Vigo. As instalacións permanecerán instaladas baixo unha gran carpa climatizada, na Avenida Castelao do 19 de decembro ao 11 de xaneiro.
Se queredes coñecer un pouquiño máis aos responsables deste espectáculo, podedes premer na seguinte ligazón: http://www.lafiestaescenica.com/ 
 "La Fiesta Escénica" pretende con este novo espectáculo que os espectadores vivan unha experiencia de Nadal a través dun despliegue inédito de luz, música, vestiario, escenografía e números circenses protagonizados por 35 artistas internacionais provenientes do Xapón, Alemania, Rumanía,China, México, Panamá e Brasil.
Agardamos pasalo moi, moi ben e, en canto teñamos as fotos desta saída, subirémolas ao blog para que as poidades desfrutar. De momento, aquí vos deixamos cunha sinopse da función, así coma cunhas imaxes atopadas na rede:
"Ambientado na noite de Nadal, o show conta a historia dunha nena que se desperta no momento da chegada dos agasallos. Intentará agacharse para non ser descuberta polos traballadores do Polo Norte, pero ao marchar a llevan con eles por erro. Ao ser descuberta comeza unha máxica aventura repleta de fantasía na que os enanos, elfos e duendes tratarán de enviar á nena de volta ao seu fogar antes de que os seus pais desperten.
  A nena se irá atopando cunha veintena de números circenses: equilibristas, trapecistas, malabaristas, aéreos, etc. cos que se quedará marabillada. Os espectadores poderán contemplar fantásticos números como banquina, punzadores, cintas áreas, bastóns xaponeses, etc."

Fonte: http://quehacerenvigo.es/circo-de-nadal-en-vigo-2014/

Xa temos as imaxes desta saída, así que aquí vai a presentación:
 

jueves, 18 de diciembre de 2014

Chocolatada nas aulas

Onte, recibimos nas aulas a visita de Papá Nöel así coma desfrutamos dunha saborosa chocolatada.
Aquí vos deixamos cunhas imaxes de mostra e, en canto teñamos a totalidade das fotos, subirémolas a este blog.

Fotos Festival de Nadal 2014

Hoxe, compartimos con todos vós estas imaxes da Festa de nadal de onte na escola.
As actuacións que puidemos desfrutar foron as seguintes:

 FESTIVAL - MÉRCORES, 17 DE DECEMBRO DE 2014 - 10:30 HORAS
 
-Teatro de sombras: "RENATO" (Mestra Carme e dous compañeiros dun curso de teatro dirixido por "Tanxarina") 
-Badaladas de Fin de Ano -Baile: "VIVIR MI VIDA" (Marc Anthony) Educación Infantil_3 e 4 anos -Baile: "VIDA" (Ricky Martín) Educación Infantil_3 e 4 anos
-Baile: "MARIANA" (Chayanne) Educación Infantil_5 anos 
-Baile: "BAILANDO" (Enrique Iglesias) Educación Primaria_2º curso 
-Panxoliña: "A BELÉN VINDE PASTORES" Educación primaria_1º curso 
-Subida ás aulas.

Aquí vos deixamos cunha presentación de imaxes. 
 
Se queredes descargar as fotos, podedes premer na seguinte ligazón: https://picasaweb.google.com/104924940840955327392/20141217_FestivalNadal

Doutra banda, en canto poidamos, subiremos os vídeos.

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Festival de Nadal 2014

Hoxe, desfutamos do Festival de Nadal dos pequenos e pequenas da escola. Aquí vos deixamos coas imaxes dos grupos e coa correspondente titora.
Dentro de pouco, en canto poidamos, subiremos os vídeos de cada actuación. 

Mandalas de Nadal

Hoxe, compartimos con todos e todas esta seleción de mandalas; estes debuxos gústanlles moito aos nenos e nenas e aquí deixamos unha recompilación inspirada no inverno e no Nadal por se queredes traballar con eles nas casas durante estasvacacións.
Se queredes saber máis sobre os mandalas, así como descargar máis exemplos, aquí vos deixamos con esta información, sacada da páxina seguinte: 
"Dibujar y pintar mandalas posibilita la concentra-
ción y el aprendizaje; equilibra los hemisferios cerebrales; favorece
el descanso y el sueño; facilita la comunicación y potencia la
creatividad; desarrolla los sentidos y la capacidad de percepción;
fomenta la iniciativa personal, y estimula la imaginación
favoreciendo la libre expresión. A través del dibujo, del color,
el niño expresa  su mundo interior, pensamientos, ideas, estados
de ánimo y relaciones con el mundo de un modo cada vez más
complejo, desde los primeros garabatos a las creaciones artísticas
más abstractas y elaboradas desarrollando con ello su
psicomotricidad, y confirmando su estrecha relación con el
desarrollo integral del niño."

Dende esta ligazón, poderedes acceder a máis mandalas, orientados á educación infantil: http://www.doslourdes.net/mandala1.htm

martes, 16 de diciembre de 2014

Programación Actividades Nadal 2014

Aquívos deixamos con toda a programación de actividades para estes días de Nadal.
 FESTIVAL - MÉRCORES, 17 DE DECEMBRO DE 2014 - 10:30 HORAS
- Teatro de sombras: "RENATO" (Mestra Carme e dous compañeiros dun curso de teatro dirixido por "Tanxarina")
-Baile: "VIVIR MI VIDA" (Marc Anthony) Educación Infantil_3 e 4 anos
-Baile: "VIDA" (Ricky Martín) Educación Infantil_3 e 4 anos
-Baile: "MARIANA" (Chayanne) Educación Infantil_5 anos
-Baile: "BAILANDO" (Enrique Iglesias) Educación Primaria_2º curso
-Panxoliña: "A BELÉN VINDE PASTORES" Educación primaria_1º curso
-Subida ás aulas.

 FESTIVAL - XOVES, 18 DE DECEMBRO DE 2014 - 10:30 HORAS
-Teatro: "O NOSO NADAL" Educación primaria_4º curso
-Baile: "ALL I WANT FOR CHRISMAS IS YOU" Educación primaria_3º curso
-Baile: "BALADA DE MACKIE NAVAJA" Educación primaria_5º curso
-Baile: "BAILANDO A TRAVÉS DEL TIEMPO" Educación primaria_6º curso
-Subida ás aulas.
-Chocolatada con Roncón de Reis.
-Visita da súa maxestade o Rei Mago, invitado pola ANPA.
 VENRES, 19 DE DECEMBRO DE 2014
-Saída extraescolar de todo o alumnado e profesorado do centro ao "CIRCO DE NAVIDAD", da compañía "La Fiesta Escénica", instalado en Coia. 
Horario da actividade: de 10:15 a 13:00 horas.
O noso agradecemento á colaboración da ANPA que o fixo posible.
-Volta ás aulas, recollida de notas, despedida e saída como de costume.

INFORMACIÓN DE INTERESE
-As representacións dos festivais terán lugar no ximnasio coma de costume.
-As entradas e saídas das familias serán polo portal dos coches e pola porta do ximnasio. Por seguridade, as portas do porche estarán pechadas.
-As actividades do colexio continúan unha vez rematado o festival, por iso pedimos a vosa colaboración para que os nenos e nenas queden cos seus titores durante toda a función.
-As clases reanudaranse o xoves, 8 de Xaneiro de 2015.

O CLAUSTRO DE MESTRES DO CEIP. PLURILÍNGÜE RÍA DE VIGO DESÉXANLLES UNHAS FELICES FESTAS DE NADAL E ANINOVO

lunes, 15 de diciembre de 2014

Máis ideas de Nadal: as botas

Se o pasado venres, vos amosabamos no blog a idea de facer estrelas coas imaxes dos nenos e nenas para decorar a árbore de Nadal, nesta ocasión compartimos un ha nova manualidade: botas de Papá Nöel.
Agardamos que vos gusten tanto coma a nós a súa realización.

viernes, 12 de diciembre de 2014

Estrelas de Nadal

Xa temos a árbore de Nadal montada no corredor de infantil!!! Este ano, a decoramos cunhas estrelas moi chulas que o alumnado picou co punzón e, a continuación, decorou coa súa imaxe. 
Unha idea moi chula cun resultado moi atractivo para os máis pequenos e pequenas da escola.

jueves, 11 de diciembre de 2014

Que queremos saber sobre a Prehistoria?

Onte, publicabamos neste blog a sesión realizada polo alumnado de 5 anos sobre o que sabían da Prehistoria. E hoxe, imos coa pregunta: Que queremos saber?
Logo de estar a semana pasada aportando os coñecementos que cada un dos alumnos/as tiñan sobre a prehistoria, esta semana estivemos plantexando que cousas queriamos saber da etapa histórica que traballariamos e fixemos unha longa lista coas aportacións de cada grupo; un representante de cada un deles foi o encargado/a de escribir as preguntas do equipo.
Unha vez feitas esas preguntas, cada un no seu caderno fixo un debuxo do que quería saber da Prehistoria e, continuación, escribiu as dúas preguntas que lle parecían máis interesantes. Aquí queda un exemplo do noso traballo.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Que sabemos sobre a Prehistoria?

Na aula de 5 anos estivemos a traballar co que sabiamos sobre a Prehistoria e, doutra banda coa que queriamos saber.
Hoxe, podedes ver unha imaxes sobre o QUE SABEMOS DA PREHISTORIA.