miércoles, 31 de enero de 2018

Atrapa o teu nome ( 4 EI)

Temos xogo novo na clase. "Atrapo o meu nome" Queredes saber o xeito de xogar? É ben doado !! Temos os nosos nomes no chan e co atrapa-nomes temos que collelo. Pero somentes podemos coller o noso!!! Primeiro nos fixamos na letra inicial, e así é máis sinxelo.

























martes, 30 de enero de 2018

O INVERNO

Na aula de cinco anos estivemos traballando as caracteríticas de esta estación e logo fixemos un pzzle no que primeiro coloreamos, logo recortamos e por último pegamos.
Asi de ben nos quedou esta actividade.






lunes, 29 de enero de 2018

ORGANIZAMOS A AULA

Os nenos e nenas de alternativa a relixión, a parte de desenvolver aspectos artísticos, a veces levamos a cabo tarefas que contribúan o benestar do grupo e mantemento da aula. O pasado venres organizamos o recuncho de arte: afiamos as pinturas, limpamos os recipientes, colocamos ben os utensilios da plastilina, fixemos bolas novas de plastilina e colocámolas no caixón,…










Moi bo traballo!

viernes, 26 de enero de 2018

CINE MUDO

Dentro do proxecto do cine na aula estamos a traballar o cine mudo e decidimos decorar a porta da nosa aula co nome de tres irmáns moi coñecidos que fixeron algo de cine mudo .
OS IRMÁNS MARX.
Mirade que porta tan bonita nos quedou.






jueves, 25 de enero de 2018

CUMPLES XANEIRO

Neste mes de Xaneiro estiveron de cumple: AINHOA, TOMÁS,LUCAS DURÁN XIANA,ÁXEL ERIK e así o celebramos no cole con todos os compañeiros e compañeiras.

martes, 23 de enero de 2018

LEITE PARA MEDRAR

O longo desta  semana como acompañamento das nosas merendas imos disfrutar a oportunidade de beber leite. Esta experiencia estanos a gustar moito.
Mirade como disfrutamos.