Mostrando entradas con la etiqueta Mes do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mes do Libro. Mostrar todas las entradas

lunes, 7 de abril de 2014

"En abril, libros mil"

 Como cada mes de abril, a nosa BiblioRía xa está a preparar diferentes actividades para traballar e desenvolver durante este mes de abril.
Así, o pasado martes, 1 de Abril, Gaspar deixou en cada unha das aulas unha carta con sorpresas variadas, coma sempre nos ten acostumados.
A carta dicía o seguinte:

ABRIL: MES DO LIBRO
"EN ABRIL, LIBROS MIL"
 Ola amiguiños e amiguiñas! Aquí estamos xa no Mes do libro.
Xa logo chega a Pascua, e de seguro que andades a pensar na rosca e nos ovos de chocolate que vos van regalar os padriños, non sí?
Mmm... que ricos!!!
Non lembrades que tamén tedes uns padriños no cole? Pero sen agasallo de roscas, eh! Escoitade... teño unha proposta que facervos!

Trátase de volver a facer aquel xogo que se chamaba PADRIÑOS LECTORES. Ou sexa, que un neno ou nena dos maiores lle lía un conto a outro neno ou nena da nosa clase. Que vos parece a idea de volver a ser uns AFILLADOS E AFILLADAS LECTORES?
Pois axiña virán os PADRIÑOS a facervos unha visita; eles e elas xa están impacientes por vervos!
Escoitade atentamente a vosa titora ou titor, que vo lo explicará máis polo miúdo. Xa veredes que divertido é isto! Xa me contaredes! Biquiños de...


Gaspar
Felices Lecturas! (Abril/2014)

Pois ben, este ano, do mesmo xeito que celebramos o curso pasado, voltaremos a realizar a actividade dos padriños/madriñas lectores/as.
O pasado venres, os padriños dos nosos nenos e nenas de educación infantil visitaron as nosas aulas e coñeceron ou voltaron a saudar aos seus afillados e afilladas, quedando repartidos/as do seguinte xeito:
3 ANOS: os seus padriños/madriñas son os nenos e nenas de 3º Ed. Primaria.
4 ANOS: os seus padriños/madriñas son os nenos e nenas de 4º Ed. Primaria.
5 ANOS: os seus padriños/madriñas son os nenos e nenas de 5º Ed. Primaria.

Dentro de moi pouco (cando pasen as vacacións de Semana Santa) voltaremos a realizar esta actividad tan bonita co noso alumnado. Para que lembredes o ben que resultou o curso pasado, aquí vos deixamos este vídeo de mostra:

viernes, 26 de abril de 2013

Visita de Nacho Pérez á BiblioRía

VISITA DE NACHO PÉREZ
Onte, día 25, visitounos na BiblioRía do colexio Nacho Pérez, que se autodefine como "Tintinólogo".
Nacho prestounos un cohete de Tintín precioso, feito por él, que colgamos do teito da BiblioRía.
Mostrounos un power point, con datos moi interesantes sobre a traxectoria de Tintín; ademais ensinounos moitos obxectos de Tintín: un reloxo, un cinturón, unha garavata, cartas... 
Tamén nos mostrou libros de Tintín en varios idiomas.
Os nenos/as fixéronlle moitas preguntas
Para rematar a sesión, agasallámoslle cun libro de Tintín e co marcapáxinas que fixemos para este curso.
Por último asinou no Caderno de Bitácora da BiblioRía.
Agora xa sabemos máis sobre o noso personaxe favorito!
Moitas Grazas pola túa visita Nacho!


Se queredes saber máis cousas de Tintín podedes entrar no

recanto do Tintinólogo.

Apadriñamento lector

O día 10 de abril, comentabamos neste entrada do blog (http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2013/04/en-abril-libros-mil.html)
Por fin chegou o día tan esperado por todos e todas, o 24 DE ABRIL.
Os padriños e madriñas foron a buscar ás aulas aos seus afillados/as e os levaron ao patio para contarlles os contos que levaban preparando durante un tempo.
O día resultou marabilloso. O tempo acompañou e todos os nenos/as disfrutaron moito da xornada de convivencia e lectura.

miércoles, 10 de abril de 2013

EN ABRIL, LIBROS MIL

Xa chegou o mes de abril, o MES DO LIBRO, así que "EN ABRIL, LIBROS MIL"
Durante este mes, imos comezar a desenvolver unha actividade fermosa e moi divertida, relacionada coa lectura. Trátase dun xogo titulado
"PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES E LECTORAS"

O xogo consiste en que un neno ou nena dos maiores lle lea un conto a outro neno ou nena máis pequeno. Así quedaría a organización para os nenos e nenas de infantil:

* Alumnos/as de 3º de primaria serán padriños/madriñas do alumnado de 3 anos (4º de educación infantil).
* Alumnos/as de 4º de primaria serán padriños/madriñas do alumnado de 4 anos (5º de educación infantil).
* Alumnos/as de 5º de primaria serán padriños/madriñas do alumnado de 5 anos (6º de educación infantil).

O pasado venres, os nenos/as maiores viñeron ás aulas de educación infantil para coñecer aos seus afillados/as, fixeron unha foto e, con ela, elaboramos un "Carnet de apadriñamento lector" que iremos asinando ao longo desta semana.

Pouco a pouco, vos comentaremos as novas que teñamos sobre esta actividade, así que estade atentos/as.

sábado, 30 de abril de 2011

Sesión co contacontos Benxamín Míguez Novoa

 Onte venres, recibimos na BiblioRía ao contacontos Benxamín Novoa.
Os afortunad@s foron os nenos e nenas de 5 anos que estiveron acompañados polo alumnado de 1º e 2º de Primaria.
Pasámolo moi ben escoitando contos onde tres dos nosos compañeir@s foron os protagonistas. César, Noa e Pedro foron os escollidos para protagonizar as tres historias que nos contou Benxamín. Dende monstruos, pasando por ratos, formigas,... inundaron a BiblioRía durante esta xornada así como quedaron reflectidos nos debuxos que o contacontos debuxaba nas follas... aquí tedes unha pequena mostra.

Máis información: http://www.biblioria.blogspot.com/

jueves, 28 de abril de 2011

Mostra dos nosos libros das árbores (II)

Como xa comentabamos na entrada anterior, durante o mes de abirl celebramos o MES DO LIBRO.
O martes, voltamos das vacacións de Semana Santa e os nenos e nenas de 3 e 5 anos foron os primeiros en visitar a "Mostra dos nosos libros das árbores", onte, mércores, lles tocou o turno ao alumnado de 4 anos.
Aquí vos deixamos unhas poucas imaxes do seu paso pola BiblioRía...

martes, 26 de abril de 2011

Mostra dos nosos libros das árbores (I)

 
Hoxe, no cole, comezou a Mostra dos libros das Árbores. Como ben sabedes, todo o alumnado de cole foi levando ás súas casas unhas follas con forma de árbore; nelas tiñan que pegar unha fotografía da súa árbore favorita, cubrir os buraquiños coa información da árbore e, por detrás, contarnos algunha historia persoal relacionada coa mesma.
Pouco a pouco, fomos recibindo a información de cada unhas das árbores e, con todas elas, cada aula elaborou un libro. Este mes, celebramos o MES DO LIBRO (En abril, libros mil) e hoxe comezou a mostra con todos eles.
Aquí tedes unhas imaxes da decoración da BiblioRía. Por outra banda, tamén poderedes ver uns marcapáxinas e unhas saborosas gominolas con forma de rosa que, cada un dos nenos e nenas, reciben ao facer o préstamo de libros.
Gaspar nos tiña preparadas unhas saborosas gominolas!!!... e tamén uns marcapáxinas moi chulos!!!
LIBRO ELABORADO POLAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS
(4º Educación Infantil)
LIBRO ELABORADO POLAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4 ANOS
(5º Educación Infantil)
LIBRO ELABORADO POLAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 5 ANOS
(6º Educación Infantil)
Se queredes coñecer máis información, podedes visitar o blogue da nos BiblioRía onde publicamos as novas das actividades realizadas na mesma así como información de interese relativa a autores, libros,... Aquí vos deixamos o seu enderezo: