Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiro cociña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiro cociña. Mostrar todas las entradas

martes, 30 de abril de 2019

COCIÑANDO

Esta semana fixemos no noso taller de cociña unha receita de pionono aportada por un dos nosos compañeiros de aula, así quedou o noso traballo.

jueves, 14 de marzo de 2019

MOUSSE DE CHOCOLATE

ESTA SEMANA NO NOSO TALLER DE COCIÑA FIXEMOS MOUSSE DE CHOCOLATE VEGANA, CON AGUACATE, CACAO E AZUCRE DE CAÑA.
AQUI QUEDA A MOSTRA DA NOSA TAREFA.

lunes, 10 de febrero de 2014

Recomendamos... Curso de cociña infantil

Hoxe, queremos compartir no blog a seguinte iniciativa:
CURSO DE COCIÑA PARA RAPACES
que terá lugar o vindeiro
SÁBADO, 15 DE FEBREIRO.
 Sabemos que a cociña non é só para os adultos, os cativos tamén desfrutan entre fogóns e verduras. 
Neste curso os máis pequenos poderán aprender de forma divertidaas bases da cociña e realizar os seus primeiros pratos.
Así que se os teus rapaces son amates de enredar na cociña e teñen entre 5 e 14 anos, animádeos a ser os novos chefs da súa casa!
Os pequenos han de vir acompañados dun adulto.


Para máis información:


 https://www.facebook.com/LatasCopasePuros


ESTA TARDE, PUBLICAREMOS UNHA NOVA ENTRADA NESTE BLOG NA QUE COMPARTIREMOS CON TODOS E TODAS DIFERENTES RECURSOS PARA TRABALLAR DURANTE ESTA SEMANA DE SAN VALENTÍN, TANTO NAS CASAS COMA NAS AULAS. 

viernes, 4 de noviembre de 2011

Facemos arañas con galletas Oreo e regalices

Como ben aparece no título desta entrada, nas aulas de infantil estivemos a facer unha saborosas arañas, utilizando galletas Oreo e regalices.
O primeiro que temos que facer é preparar os materiais necesarios, é dicir, precisamos separar as dúas partes das galletas e, por outro lado, cortar en pequenos anacos as regalices.
Recomendación: pode ser que, ao abrir as galletas, rompan en anaquiños, tal e como aparece na imaxe que tedes debaixo. Para que non pasen estas cousillas, pensamos nunhas suxerencias.
Por un lado, utilizar un coitelo para separar as partes; por outro, quentar un pouquiño as galletas para que estean máis brandas e así "despeguen" ben.
Unha vez que teñamos feitos estes pasos, os nenos e nenas xa poden colocar as patas ás arañas, é dicir, colocar os anacos de regaliz sobre a nata das galletas e, posteriormente, tapar a mesma coa outra parte.
Pouco a pouco, iremos conseguindo as nosas saborosas arañas!!!
Dende aquí, vos animamos a desenvolver esta actividade nas casas e compartir cos vosos fillos, netos,... unha xornada "tenebrosa" e "culinaria".
Aquí vos deixamos un vídeo atopado na rede que explica, paso a paso, o procedemento... ADIANTE!!!

viernes, 1 de octubre de 2010

Recetario Educación Infantil

Aquí tedes a recopilación das receitas realizadas no Obradoiro de cociña do curso pasado. A partires do segundo trimestre, o alumnado de educación infantil traballou en cinco grupos onde se repartiron os nenos e nenas das aulas de 3, 4 e 5 anos... mmm...que apetecible!!!
A verdade, é que todas estaban boísimas... veña, aproveitade o tempo libre e a cociñar!!!...
Rec Eta Rio

viernes, 11 de junio de 2010

Xa temos as imaxes do Día das Familias

Como sabedes, o día 21 de maio, celebramos no noso colexio a tradicional visita das familias para participar nos tradicionais obradoiros. Este ano, tocou cociñar e xa temos colgadas na nosa páxina web a totalidade das imaxes.
Se queredes acceder a elas, premede no enlace de abaixo.

lunes, 24 de mayo de 2010

Celebramos o DÍA DAS FAMILIAS

Como todos os anos, o día 15 de maio celébrase o "Día Internacional das Familias" e, este curso, foi o día 21 de maio o escollido para realizar con elas diferentes actividades sobre a cociña.
Como ben lembrarán as familias, que estiveron xogando co alumnado de educación infantil o ano pasado, as actividades do Obradoiro de Reciclaxe foron as escollidas para amenizar a xornada... este ano, o noso Obradoiro foi de Cociña así que todos e todas a cociñar!!! Puxemos as nosas mans á obra e, cada grupo, elaborou unha receita diferente que, despois, degustariamos todos e todas xunt@s no porche do cole.
A verdade é que foi unha xornada moi divertida e, como non, dende o noso blog queremos dar as GRAZAS ás FAMILIAS, ALUMNADO, COCIÑEIRAS E PROFESORADO.
ATA A PRÓXIMA!!!


martes, 4 de mayo de 2010

Traballamos coas froitas

Grazas á nosa mestra de Pedagoxía Terapéutica: GELI podemos disfrutar de este xogo Jclic para traballar coas froitas. Ela o atopou na rede; está elaborado polo Colexio Liceo Mierense de Asturias ao que tamén lles damos as grazas.
Preme no debuxo e accede á aplicación.

"Caras cocineras"

GRAZAS a mestra Belén e ao seu blog: http://casadetolos.nireblog.com/
descubrimos un xogo flash moi divertido e co que poderemos traballar no noso Obradoiro de Cociña.
Divírtete creando caras con diferentes froitas e hortalizas.
Preme no debuxo da aplicación e accede ao xogo.


jueves, 29 de abril de 2010

A Pirámide Alimenticia

Como sabedes, este ano andamos "entre pratos, fariña e alimentos" grazas ao noso Obradoiro de cociña... e, todo isto, para mostrarlle a "pequena eiruga larpeira" como levar unha boa alimentación.
Para iso, é necesario coñecer a Pirámide Alimenticia, onde atopamos a clasificación dos alimentos en máis ou menos saudables, as cantidades recomendadas, etc.
No corredor da aula de cinco anos quixemos montar a nosa propia e, a verdade, é que está quedando moi ben.

domingo, 18 de abril de 2010

Receita número 7

Este martes, tivemos unha "nova edición" do noso Obradoiro de Cociña. A receita escollida foi "Macedonia de Froitas" e, simplemente podemos dicir, que foi todo un éxito... ata nenos e nenas que non comen, polo xeral, a froita, degustaron ata dous vasos de macedonia.

miércoles, 24 de marzo de 2010

Nova receita para as familias. Receita nº6

Receita para as familias
RECEITA Nº6
PASTEL DE CHOCOLATE

INGREDIENTES
- 200 gr de chocolate de facer
- 200 gr de manteiga
- 200 gr de améndoas trituradas
- 200 gr de azucre en po
- 80 gr de fariña
- 5 ovos

PREPARACIÓN
Funde amodo o chocolate.
Cando o chocolate estea moi uniforme engadiremos a manteiga cortada en pequenos dados e removeremos atE obter unha mestura homoxénea.
Bate nunha ensaladera as xemas con azucre, incorpora o chocolate coa manteiga, engade a fariña e as améndoas trituradas batendo fortemente para evitar que se formen grumos.
Incorpora coidadosamente as claras dos ovos batidas a punto de neve.
Verte coidadosamente a mestura nun molde e introdúceo Ao forno, precalentado a mediana potencia, deixándoo cocer durante 35 a 45 minutos e xa está listo.

martes, 23 de marzo de 2010

Receita 6: Bombóns de Krispies




Hoxe toca... "Bombóns de Chocokrispies"

Hoxe, martes 23 de marzo, toca no noso Obradoiro de cociña: "Bombóns de chocokrispies". Grazas a nosa mestra Ángeles que nos axudou coa receita e co microondas, puidemos elaborar uns boísimos bombóns de chocolate moi orixinais... disfrutade coas imaxes!!!... mmm!!! que rico

Imaxes "Facemos madalenas"

Xa están aquí as imaxes da sesión do Obradoiro de cociña onde fixemos unhas boísimas madalenas... lamentamos non ter imaxes do resultado, pero aseguramos que estaban boísimas e tiñan moi boa presenza... pero coas prisas por comelas, as fotos quedaron sen facer...


Receita Sesión 5




Receita Sesión 4


jueves, 11 de marzo de 2010

Obradoiro de cociña-SESIÓN 4

Este xoves, tivemos a nosa 4ª sesión do Obradoiro de cociña. Misión: preparar unhas saborosas eirugas larpeiras.
Dentro de pouco, colgaremos neste blog a receita para a súa elaboración así como a adicada ás familias; mentres tanto, disfrutade coas imaxes.


domingo, 7 de marzo de 2010

Aprendemos a comer

Como ben sabedes, a eiruga larpeira colleu un bo empacho de tanto e tanto comer... para que isto non ocurra, é necesario coñecer a Pirámide Alimenticia e saber cales son os alimentos máis e menos saudables.
Aquí vos deixamos esta aplicación flash para que poidades xogar; preme na imaxe e accederás á actividade.


Na rede, atopamos milleiros de Álbumes Picassa con variadas imaxes; dende o noso blog, selecionamos algúns deles onde atoparedes alimentos variados para traballar na aula a Pirámide ou outras actividades sobre os alimentos e a cociña. Preme nos enlaces para acceder a eles.
GRAZAS A TOD@S OS QUE COLABORAIS SEMPRE COS DOCENTES CREANDO ESTES ÁLBUMES PICASSA