sábado, 14 de mayo de 2011

O protagonista da semana: ANXO

Este venres, 13 de maio de 2011, recibimos na nosa aula á familia do protagonista. Esta semana era o turno de Anxo e viñeron a pasar unha xornada con nós a súa nai e o seu pai.
O primeiro que fixemos, como xa é tradición, foi ensinar a todos os presentes as actividades que Anxo realizou durante a semana así coma os debuxos que os seus compañeir@s fixeron del.
 Unha vez rematada a presentación das fichas, tivo lugar unha proxección de imaxes do noso prota. O seu pai Anxo foi explicando a historia do seu fillo e o pasamos moi ben, sobre todo, coas fotos das súas viaxes.
 Posteriormente, Isabel, a súa nai, foi a encargada de facer a "presentación en sociedade" das mascotas de Anxo; dous peixes que, aínda que algún decidiu chamalos "sol e sombra", os seus nomes son Sol e Nubes.
Tamán nos ensinou os bonecos favoritos do protagonista... un oso e un crocodilo que Anxo, moitas veces cando era pequeno, se dedicaba a sacarlle a roupiña en lugar de durmir... un pouquiño trasto non???
 Un dos momentos mási interesantes foi cando lle preguntamos a Isabel cal era a súa profesión; ela nos dixo que traballaba no centro de saúde e que se dedicaba a facer radiografías... grazas ao seu traballo, puidemos descubrir como eran as radiografías e xogar un pouco con elas... puxémolas nas fiestras para as poder ver mellor e descubrimos o que era un marcapasos, miramos os osos dunha man, a cabeza, etc. moi interesante!!!
 Despois, chegou o turno do pai de Anxo que é mestre e quixo inculcarnos a importancia e o amor pola lectura... Un dos seus poetas favoritos e Manuel María e, dentro deste libro que temos da imaxe, hai un poema moi chulo que fala dun cuco e que o pai de Anxo recitou para todos nós.
 Como estamos na "hora dos libros" que mellor que continuar cos contos favoritos de Anxo. A engargada de facer de contacontos foi a súa nai que, moitos luns, tamén é contacontos nunha biblioteca.
O libro escollido foi "Historia da resurección do papagaio"
 ... como ao prota lle gustan moito os papagaios, tamén puidemos cantar e aprender unha das cancións do conto "Cancionero infantil del papagayo" chamada "Papagaio louro" así como unha canción de adiviña que fala dos dedos da man: meniño, paxariño, maior de todos, furabolos e matapiollos... sabiades estes nomes dos dedos da man???
 Un dos momentos onde máis nos divertimos foi cos xogos que fixemos no porche. Xogamos cos paillos chineses e o paracaidas. A verdade é que o pasamos moi ben e esperamos repetir!!!
O pai de Anxo foi monitor de tempo libre fai tempo e coñece unha morea de xogos. Cos palillos chineses tiñamos que ir sacando os paos pero sen mover os outros...
 ... co paracaidas, xogamos a tirar fóra as pelotas, ao gato e ao rato... encantounos!!!

 Para rematar a xornada, subimos á aula onde a familia do prota nos tiña preparadas dúas sorpresas. Por un lado, unhas peonzas feitas por eles e, por outro, unhas saborosas chuches.
 Nós tamén lles tiñamos un agasallo. O correspondente diploma que acredita a súa participación no proxecto. Soamente podemos dicir, coma sempre, 
MOITAS GRAZAS!!!

viernes, 6 de mayo de 2011

A protagonista da semana: SOFÍA

Esta semana, a protagonista da aula de 5 anos foi Sofía e recibimos a súa nai Begoña e ao seu pai Eugenio.
O primeiro que fixemos foi amosar a todos os presentes as actividades que Sofía e os seus compañeir@s realizaron durante toda a semana.
A continuación, a súa familia proxectou na pantalla da aula unhas imaxes nos que a protagonista aparecía en diferentes momentos: rodeada de animais, coas súas mascotas, na piscina, de cumpreanos, disfrazada, etc.
Descubrimos que a Sofía lle encantan os animais así como a cantidade de mascotas coas que conta na súa casa. También averiguamos que lle encantar ir a praia e que... ata no inverno pensa que fai día de praia!!!
Non podía faltar a rolda de prensa e os nenos e nenas lles fixeron preguntas ao pai de Sofía, a súa nai e a propia protagonista... coñecimos como se portaba de pequena, cal é o seu vestido favorito, os seus zapatos favoritos, a súa peli, os seus debuxos, o seu animal... infinidade de cousiñas!!!
Begoña, a súa nai, tamén aproveitou para contarnos un conto sobre a amizade onde a protagonista era unha fada moi bonitiña...
Xa para rematar, a protagonista entregou a cada unos dos nenos e ás mestras unhas chucherías e a mestra Tere agradeceu a súa colaboración no proxecto cun diploma.
MOITAS GRAZAS!!!

A cor da auga

Despois de investigar sobre o son da auga e saber que soamente o ten cado está en movemento, decidimos descubrir agora cal era a súa cor.
Coma sempre, rexistramos nunha folla as opinións de todos os que estabamos na aula e fixemos un rexistro das mesmas para saber cal era a resposta maioritaria...
... pois ben, feitas a preguntas correspondentes, comezamos a investigar. Fixemos ou "tintamos" a auga de todas as cores que os compañeir@s dixeran anteriormente e comparamos esa auga coa que habitualmente bebemos, compramos no súper, sae da billa, etc.
Non coincidía ningún... como podía ser?... non era vermella, nin rosa, nin verde, nin azul,... entón, cal era a súa cor?
Algúns comezaron a dicir... "a auga non ten cor... é transparente"... polo que decidimos facer a proba con papeis "celofán"... miramos a través dos papeis de diferentes cores e aproveitamos o "film trasparente" da merenda dun neno para mirar a través del... anda!!! a través do papel transparente, miramos igual que a través da auga!!!
Así, anotamos na nosa folla de rexistro o aprendido nesta sesión... a auga non ten cor, é transparente... xa sabemos unha cousiña máis.

jueves, 5 de mayo de 2011

Novos recursos e noticias

A entrada de hoxe ven cargada de novas e de recursos.
Por un lado, a mestra Rosa (CEIP. O Pombal) decidiu compartir con todos nós este blogue no que recopila e comparte diferentes actividades para traballar nas aulas de educación infantil... GRAZAS ROSA!!!... non deixedes de visitalo.
(poderedes acceder aos blogues mencionados, premendo na imaxe do mesmo)

 Por outro lado, no blogue de Actividades LIM da mestra Belén Junquera, poderedes atopar milleiros de actividades variadas e, agora, sobre o protagonista das Letras Galegas: Lois Pereiro.


... por suposto, no dubidedes en visitar o seu blogue: Casa de Tol@s,


Por último, vos presentamos unha sinxela actividade para traballar no Encerado Dixital Interactivo (vamos... a que nos chamamos... pizarra máxica), nos ordenadores ou proxectar a actividade co videoproxector e xogar co rato na aula.
Aquí vos deixamos a actividade e a páxina onde poderedes atopar un montón delas así como as utilizar sen problema.




Por último, temos que informar que o noso blogue non foi un dos selecionados como finalista dos Premios Espiral 2011...
dende aquí, soamente podemos dicir que outra vez será e que moitas felicidades aos premiados.
Vos deixamos a listaxe dos blogues de infantil así como a resolución dos finalistas (http://www.espiraledublogs.org/2011/).

BLOGUES EDUCACIÓN INFANTIL FINALISTAS
(NORABOA!!!)

miércoles, 4 de mayo de 2011

O son da auga


Hoxe, na aula de 4 anos e continuando co proxecto sobre a auga, decidimos investigar se ten son... Como non había forma de atopar o consenso, decidimos anotar nunha folla as nosas opinións; cada un dos nenos e nenas da aula colocou un gomet na súa resposta.
Unha vez completados todos, contamos cantas respostas tiñamos e as anotamos no papel... Chegaba o momento de investigar e descubrir... para iso, collimos un gran recipiente cheo de auga e decidimos escoitar o seu son pero... non escoitabamos nada.
Posteriormente, a mestra Paula proxectou co videoproxector da aula uns vídeos sobre diferentes fenómenos atmosféricos e sobre os sons do mar... Como podía ser que a auga non tivera son na aula e, moitas veces, si que tivera?
Imitamos eses fenómenos no cubo de auga... baleiramos unha botella de auga coma se fora unha cascada, collimos coas mans auga e a deixamos caer como se estivera a chover, sopramos con palliñas para facer os movementos da auga co vento, etc.
Investigando, investigando, descubrimos que a auga cando esta "parada" no ten son PERO SI CANDO SE MOVE.
Todo iso o anotamos na nosa folla de rexistro e a colgamos do corcho da aula...
A verdade é que o pasamos pipa e as mestra Emma e Paula nos prometeron que fariamos máis experimentos!!! así que... ata a próxima!!!

sábado, 30 de abril de 2011

Sesión co contacontos Benxamín Míguez Novoa

 Onte venres, recibimos na BiblioRía ao contacontos Benxamín Novoa.
Os afortunad@s foron os nenos e nenas de 5 anos que estiveron acompañados polo alumnado de 1º e 2º de Primaria.
Pasámolo moi ben escoitando contos onde tres dos nosos compañeir@s foron os protagonistas. César, Noa e Pedro foron os escollidos para protagonizar as tres historias que nos contou Benxamín. Dende monstruos, pasando por ratos, formigas,... inundaron a BiblioRía durante esta xornada así como quedaron reflectidos nos debuxos que o contacontos debuxaba nas follas... aquí tedes unha pequena mostra.

Máis información: http://www.biblioria.blogspot.com/