lunes, 9 de enero de 2012

Xa estamos de volta e... xa chegou o inverno.

Xa estamos aquí de novo!!! como non pode ser doutra forma, o primeiro que temos que dicir é que xa estamos nun ano novo: FELIZ ANO 2012!!!

Por outro lado, o inverno tamén chegou e as temperaturas comezaron a baixar. Por iso, queremos compartir con todos unha serie de recursos que atopamos na rede e que poderedes aproveitar nas vosas aulas ou nas casas.

  • Dende as seguintes ligazóns, poderedes lembrar actividades propostas neste blogue para traballar o inverno, así como unha actividade lim atopada na rede. Preme nos enderezos ou nas imaxes que aparecen abaixo e accede á información:

CHEGA O... INVERNO (Actividade LIM)
Actividades para traballar o inverno (Para repasar no EDI e de lectoescritura)
  • Por outro lado, na rede atoparedes milleiros de imaxes e recursos para disfrutar desta estación do ano:

Na páxina http://www.dibujosymanualidades.com/tag/invierno/ recopilan un montón de variadas actividades; algunhas delas serían estes dominós e memories (http://www.dibujosymanualidades.com/manualidades/juegos-de-invierno-domino-y-parejas/)... aquí vos deixamos unha mostra.
  • Xa para rematar, as tradicionais manualidades dos bonecos de neve:





jueves, 22 de diciembre de 2011

BOAS FESTAS DE NADAL A TOD@S!!!


A VOLTA ÁS AULAS SERÁ O VINDEIRO DÍA 
9 DE XANEIRO
DESEXAMOS QUE PASEDES UNHAS BOAS FESTAS DE NADAL E QUE O NOVO ANO VEÑA CARGADO DE BOS DESEXOS E MOITA SAÚDE.
 

Chocolatada, visita do Rei e Teatro familias!!! última xornada antes das vacacións de Nadal.

Este mércores, 21 de decembro, celebramos a última xornada na escola antes das Vacacións de Nadal.
 Como ben comentabamos nunha das últimas entradas deste blogue, o chocolate, a visita do Rei e o teatro das familias animou este día.
Para comezar, que mellor que quentar o corpo cun saboroso chocolate elaborado polas cociñeiras da escola.
  
Para continuar coa xornada, unha emocionante visita do Rei Mago... algún que outro aínda ten o "susto" no corpo...
Pedímoslle bos desexos pero tamén algún que outro agasallo... e nós recibimos gominolas e as mestras unha pranta de Nadal. 
 Xa para rematar, un divertidísimo teatro de pais/nais onde eles mesmos se converteron nuns simpáticos bebés... FELICIDADES POLO VOSO TRABALLO... ENCANTOUNOS!!!
Aquí vos deixamos algunhas ligazóns de interese.
Se queredes descargar as imaxes correspondentes a estes días de festa, poderedes premer nestes enlaces.

..........................................................................

Por outro lado, queremos lembrar a todos os nosos visitantes que poderedes seguir visitando este blogue e xogando coas actividades de Nadal propostas como, por exemplo, as seguintes:


miércoles, 21 de diciembre de 2011

Imaxes para xogar no Nadal: "Atopa ao diferente"

O venres, 9 de decembro, publicamos neste blogue unha entrada co título:

Busca ao diferente no Nadal


Aquí vos deizamos as imaxes da actividade para que poidades xogar nestas festas: