viernes, 11 de mayo de 2012

Actividade EDI sobre o conto "El pirata Pepe"

O conto "El pirata Pepe" está a ser todo un "éxito" na aula de 3 anos. Por iso, cando baixamos á BiblioRía a xogar coa "pizarra máxica" aproveitamos para realizar actividades relacionadas con esta personaxe que tanto nos gusta.
E ti, coñeces este conto e á súa personaxe?
Para descargar a actividade, soamente tes que premer na imaxe ou no enderezo que aparece abaixo.

Coma sempre, aquí vos deixamos algunhas imaxes para que poidades traballar nas casas ou nas vosas aulas.

jueves, 10 de mayo de 2012

Actividade EDI: "Vamos a divertirnos con los números"

Nova actividade para o EDI; nesta ocasión, relacionada cos números e dirixida aos máis pequenos de educación infantil.
Coma sempre, deixamos o enderezo para descargar a actividade así como vos amosamos algunhas das follas do arquivo, coas que poderedes xogar nas vosas aulas ou nas casas.
Ao longo das follas, poderedes descubrir imaxes relacionadas con diferentes festas ou temáticas traballadas na aula e coñecidas por todo o alumnado; e agora... cantos hai???

miércoles, 9 de mayo de 2012

"El pirata Sonrisitas" 4 anos

Os grumetes de 4 anos, capitaneados polo pirata Sonrisitas e a mestra Ángeles presentan este vídeo que non ten despercidio... agardamos que vos guste.

"Titanic. 100 anos do naufraxio"

Fai unhas semanas, publicamos neste blogue un libro elaborado pola mestra Ángeles e onde podiamos traballar "ao noso nivel" a historia do Titanic.


Aquí vos deixamos o libro elaborado polo alumnado de 4 e 5 anos.

martes, 8 de mayo de 2012

Actividade EDI: "50x15. El pirata Pepe"

Nova actividade para o Encerado Dixital Interactivo; nesta ocasión, relacionada co conto "El pirata Pepe" e co programa da televisión "50x15, ¿Quién quiere ser millonario?" (evidentemente a actividade está adaptado ao nivel do alumnado)
Coma sempre, para descargar a actividade tes que premer na imaxe ou no enderezo web que aparece debaixo.

Moitas familias comentades que non podedes xogar con estas actividades debido a que non tedes instalado o programa. Para poder facilitar un pouco o acceso aos xogos, aquí vos deixamos as imaxes dalgunhas das follas da actividade para que poidades xogar cos vosos fill@s nas casas e a través do blogue... adiante!!!

lunes, 7 de mayo de 2012

"El mejor tesoro"

Aquí vos deixamos este vídeo elaborado pola mestra Emma e o alumnado de 5 anos.
Cal é o mellor tesouro???... Serías capaz de responder?
Diñeiro?, Cofres de moedas?, O bico de mamá?,... mira este vídeo e o descubrirás.

domingo, 6 de mayo de 2012

Somos finalistas nos Premios Espiral Edublogs

A principios do mes de marzo, publicabamos unha entrada na que informamos da participación deste blogue nos Premios Espiral Edublogs 2012.
Para lembrar esa entrada, podes premer no seguinte enderezo:

Hoxe, a noticia é que 
ESTE BLOGUE É UN DOS FINALISTAS!!! 

Moitas grazas a todos os que consideran que debemos integrar esta lista (aquí vos deixamos a relación de blogues finalistas na categoría de "Blogs de Profesores y Profesoras de Infantil")


Se queres consultar a listaxe completa, podes premer en: Finalistas del VI Premio Espiral Edublogs 2012


"Barcos por todas partes"

Este proxecto titulado "Suban a bordo, lean e naveguen" está a ser todo un éxito!!!
Os nenos e nenas da escola están moi motivados con todo o relacionado co Titanic, os barcos e os piratas e, a fabulosa ubicación do colexio, favorece que estemos constantemente en contacto co mundo marítimo.
Como pequena mostra, aquí vos amosamos estas imaxes. A pasada semana, a mestra Tere avisou aos máis pequenos da escola, do paso por diante do cole dun enorme trasatlántico. Soamente, tivemos que mirar pola fiestra e o puidemos ver... era como o Titanic, pero non tiña tantas chemineas!!!... terá piscina?, e ximnasio?, canta xente irá a bordo?,... unha forma atractiva de aprender non?
Dende aquí, animamos a todas as familias a visitar o porto cos seus fill@s e disfrutar das diferentes embarcacións que alí poderedes atopar.

lunes, 30 de abril de 2012

Xogamos cos cadrados

O xoves pasado, compartiamos neste espazo unha actividade online para traballar coas formas xeométricas; hoxe, queremos compartir con todos esta actividade para o EDI baseada no traballo cos cadrados. Coma sempre, lembrade que poderedes premer na imaxe ou no enderezo web de abaixo para poder descargar.


Por outro lado, nesta mesma páxina tamén poderedes descargar actividades sobre os círculos e triángulos.

jueves, 26 de abril de 2012

Xogos online para traballar coas formas

Navegando pola rede, atopamos no blogue http://elblogderinconesdeljardin.blogspot.com.es/ un recurso moi interesante para traballar as formas xeométricas cos máis cativos.
Se trata da páxina http://www.juegosarcoiris.com/juegos/; na mesma, podemos atopar xogos variados coma os seguintes:
 (para poder acceder a eles, soamente tes que premer na imaxe)

COLOCAR A FIGURA QUE VAI A CONTINUACIÓN

PINTAR AS FIGURAS DA COR QUE INDICA

MARCAR A FIGURA QUE É DO MESMO TAMAÑO