martes, 22 de mayo de 2012

Actividade EDI: "Trazamos"

Aquí vos amosamos unha nova actividade para o EDI; nesta ocasión, relacionada coa grafomotricidade e onde traballamos os trazos básicos (horizontal, vertical e diagonal).
Coma sempre, poder acceder á descarga premendo na imaxe ou na ligazón de abaixo. Por outro lado, vos deixamos cunha serie de fichas da actividade (lembrade que todas non as podemos amosar xa que algunhas delas son dixitais e non temos forma de subilas ao blogue)

lunes, 21 de mayo de 2012

Un faro moi especial

O pasado martes, 15 de maio, celebramos o  
DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

Os nenos e nenas da escola levabamos xa un tempo gardando un pequeno segredo... unha manualidade moi divertida e especial: un faro elaborado por nós e co que agasallamos ás nosas familias. 
Para podelo elaborar necesitamos unha pasta de papel maché. Nós utilizamos esta de Jovi, que xa ven preparada para ser usada e seca a temperatura ambiente.
Outro elemento importante é un bote de tomate Solís.
Amasamos ben a pasta e, a continuación, a colocamos cubrindo ben o bote de tomate Solís. Para facer a parte de enriba onde vai a luz, utilizamos unha cápsula de café Nespresso.

Cando a pasta xa está ben seca, pintamos toda a superficie con témpera de cor branca.
Para continuar coa manualidade, debemos esperar que a pintura esté ben seca e, despois, xa podemos colocar cinta de carrocero para que poidamos pintar da cor escollida e quede a raias.
Unha vez seca a pintura, retiramos a cinta de carrocero e xa temos os nosos faros perfectamente decorados. A luz a pintamos de cor amarelo e aplicamos tamén un pouco de pintura reflectante Jovi, así o noso faro brillará na escuridade.
Para que os nosos faros queden ben bonitos os empaquetamos con papel celofán e colocamos unha tarxeta co noso nome.
Que vos parecen?, quedaron chulos, verdade?

miércoles, 16 de mayo de 2012

20.000 VISITAS!!!

O ritmo frenético que levamos nas aulas, non nos permitiu apreciar o número tan elevado de visitas que sobrepasamos... 20.000 visitas!!!
A verdade é que cando comezamos con este espazo web nunca puidemos imaxinar a boa acollida que está a ter... a todos/as os que facedes posible o día a día deste blogue, soamente podemos dicir... MOITAS GRAZAS!!!

Aviso ás familias

Dende aquí, lembramos a todas as familias que os vindeiros días 17 e 18 de maio non haberá clases. Retomaremos as mesmas o vindeiro luns, 21 de maio.
Se queres consultar o Calendario Lectivo, podes premer no enderezo que aparece debaixo:

martes, 15 de mayo de 2012

Unha nova semana de froita

Como xa ven sendo habitual na nosa escola, a merenda con froita tivo lugar unha semana máis... mazás, laranxas, peras, amorodos e plátanos foron as froitas escollidas nesta ocasión... e a ti, cal é a peza de froita que máis te gusta???

LUNS 7 DE MAIO - MAZÁS
  
MARTES 8 DE MAIO - LARANXAS

MÉRCORES 9 DE MAIO - PERAS

XOVES 10 DE MAIO - AMORODOS

VENRES 11 DE MAIO - PLÁTANOS

lunes, 14 de mayo de 2012

Resolución premios Espiral Edublogs

Aquí vai a listaxe de blogues gañadores dos Premios Espiral Edublogs 2012; este ano, non puido ser pero o feito de estar nos 13 mellores blogues xa é para nós unha ledicia.
Moitos parabéns aos gañadores e, dende o noso blogue, vos invitamos a navegar por eles xa que son estupendos.

Blogs Profesores Infantil

Peonza: Educación Infantil
Peonza: El rincón de la maestra
Peonza: Los peques de mi cole
Accésit: El blog encantado
Accésit: Los Príncipes de la Cigüeña