lunes, 11 de junio de 2012

Actividades online para traballar cos números

Hoxe, compartimos con tod@s o seguinte portal web onde poderedes atopar diferentes actividades online para traballar cos números.
A páxina é a seguinte (para acceder podes premer na ligazón ou no debuxo de debaixo):

 Como poderedes observar, temos cinco tipo de "exercicios": "Vamos a contar", "Cálculos", "Multiplicar", "Vamos al tren" e "Balanza". De todos eles, aquí vos deixamos os enderezos dos que consideramos máis apropiados para os nen@s de educación infantil.

"VAMOS A CONTAR": Fai click no número exacto de cousas.

 "VAMOS AL TREN": Fai click no número que falta.

"BALANZA": Fai click nos pesos adecuados para regular a balanza.
 

sábado, 9 de junio de 2012

Un premio especial para o noso blog

Esta semana, recibimos un agasallo moi especial para o noso blogue en forma de premio. Dous blogues educativos como  
e
concedéronnos este premio tan especial para nós:
Dende aquí, soamente lles podemos dar as GRAZAS por pensar que o noso blog merece este agasallo tan especial e cumprir coas "normas" a seguir como gañadores deste premio:
1. Temos que outorgar este agasallo a cinco blogues que nos gusten.
2. Coa característica que teñan menos de 200 seguidores. 
3. Para comunicarlle que son gañadores deste premio temos que deixarlles na entrada máis recente do seu blogue un comentario coa nova do agasallo. 
4. Confiar que continúen a cadea, outorgando o agasallo aos seus cinco blogues favoritos.

Os blogues premiados por nos e que esperamos que visitedes son os seguintes:





 
 
 

martes, 5 de junio de 2012

Nacen poliños na escola

O pasado xoves, os nenos e nenas de tres anos puidemos vivir un momento moi "emocionante" para nós. O mestre Bieito tiña unha sorpresa preparada na "Aula da Natureza": o nacemento dun poliños amarelos e... moi pequeniños!!!
Tivemos que entrar na aula moi, moi caladiños e de tres en tres, xa que non podiamos facer ningún ruido para non molestar aos novos "inquilinos" da escola.  
Grazas a uns ovos fecundados e a unha incubadora de ovos que temos na escola, puidemos descubrir como nacen os polos, o que comen, como comezan a camiñar, como saen do cascarón todos mollados, etc.
Nas imaxes poderedes ver os tres polos que saíron dos seus ovos e a outro un pouco perezoso a quen lle costa un pouco saír; os demais polo están a prestarlle axuda pero o poliño está tan ben dentro do cascarón que, de momento, non se move... a ver que pasa durante estes días.
Agora lle toca o turno aos nenos e nenas de 4 e 5 anos... a ver que novas nos comentan...

lunes, 4 de junio de 2012

Recollemos os tirabeques

O pasado luns, xa vos contabamos neste blogue que os nosos tirabeques medraran:


O xoves, chegou a hora de facer a recollida. Algúns deles xa medraran bastante e puidemos aproveitar para degustar os froitos presentes no seu interior e que tanto nos gustaron.
Os nenos e nenas, axudados pola mestra Emma, foron "tirando" dos tirabeques para os desprender da pranta; puidemos ver a súa cor, o seu tamaño, a súa forma, degustar o sabor dos seus froitos,... 
... e, despois de tanto traballar baixo unha gran calor, decidimos descansar un pouquiño á sombra das árbores do colexio e repoñer forzas para continuar a xornada.

viernes, 1 de junio de 2012

jueves, 31 de mayo de 2012

A nosa viaxe en goleta

Como ben sabedes todos, onte estivemos de excursión nunha goleta pirata... PASÁMOLO PIPA!!! Antes de comezar a explicar como foi a nosa experiencia, queremos dar as grazas ao pai de Sara (3 anos A) porque foi o artífice de que puideramos disfrutar deste barco durante toda a mañá e vivir unha verdadeira "historia pirata". MOITAS GRAZAS!!!
Ás 10:00 horas do 30 de maio, epartimos no bus camiño ao Porto de Bouzas (á zona de Davila Sport) onde nos agardaba unha fermosa goleta con moita historia.
Xa miramos o barco!!!... que chulo, é un verdadeiro barco pirata!!!
Comezamos a subir pouco a pouco. Xa arriba, coñecimos a súa tripulación aos que tamén lles agradecemos o ben que nos explicaron todo e o ben que nos trataron.
Agardamos sentadiños ata que a goleta se puxo en marcha e, a continuación, nos repartimos en pequenos grupos para ir descubrindo os interiores do barco (sala de motores, camarotes, control de mando, a proa, a popa, a zona de babor, de estribor, etc.)
Grazas ás explicación dos monitores, puidemos descubrir a antigüidade do barco, as súas oríxenes,... sabemos que no interior do barco transportaban peixe e, para a súa conservación, todo estaba cheo de sal. Coñecimos que loitou na Batalla de Rande e ate puidemos ver unha imaxe do seu barco "rival" que tamén segue navegando polos mares.
Nunha das portas do interior, descubrimos a sala de motores e o ruido que fan os mesmos.
Na parte de arriba da goleta. se atopaba o capitán do barco, chamado Arturo. Grazas a el, puidemos descubrir diferentes palancas e "aparellos" que alí se atopan: o coñecido timón, que nos deixou manexar, unha pantalla que nos indica a canta profundidade se atopa o fondo do mar, a bocina, as palancas para acelerar e frenar o barco, o manexo das helices,... Unha morea de datos e valiosa información que fixo que coñeceramos un pouco máis sobre as goletas.
 Tamén houbo tempo para descansar e facer a merenda nas mesas interiores.
Por outro lado, un dos momentos máis divertidos e esperados foi a chegada á Samil, O Vao, a Illa de Toralla, ás Illas Cíes e... ao noso colexio!!!
Dende a escola, Begoña, Juanca e Bieito se esforzaban para que puidésemos ver onde estaban. Primeiro cunhas sábanas brancas que sacaban polas fiestras e, posteriormente, facendo destellos cun metal e co sol... así, puidemos situar o colexio e saludar aos presentes... aínda que non nos miraran moi ben.
 Así miraban o barco dende a escola.
De camiño á escola, decidimos disfrutar da paisaxe e pasar por diante do Porto de Vigo, onde puidemos ver un trasatlántico tan grande coma o Titanic!!!
Unha experiencia maravillosa na que aprendimos moreas de cousas e disfrutamos dunha fermosa viaxe en barco!!!
Ata a próxima!!!

Para visualizar a totalidade das imaxes, podes premer no seguinte enderezo e accederás aos Álbumes Picasa.
https://picasaweb.google.com/104924940840955327392/20120530ViaxeEnGoleta#

lunes, 28 de mayo de 2012

Os nosos tirabeques medran

O pasado mes de marzo, podiamos ler neste blogue unha entrada relacionada coa nosa actividade no horto escolar; así, a entrada levaba por título (preme no título e accede a información)

Prantamos tirabeques no horto da escola

Os nenos e nenas de educación infantil, prantamos este "tipo" de guisantes no horto da escola e, como podedes ver nas imaxes, non había "nada". A día de hoxe, xunto con outras verduras e hortalizas prantadas por outros cursos, podemos contar na escola cos nosos tirabeques que xa deron os seus froitos. Mirade, mirade nas imaxes como medraron...

MARZO 2012

  MAIO 2012

jueves, 24 de mayo de 2012

El mejor tesoro

Aquí vos deixamos un novo traballo; nesta ocasión elaborado polo alumnado de 5 anos e titulado "El mejor tesoro".
Agardamos que vos guste.