viernes, 26 de abril de 2013

Apadriñamento lector

O día 10 de abril, comentabamos neste entrada do blog (http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2013/04/en-abril-libros-mil.html)
Por fin chegou o día tan esperado por todos e todas, o 24 DE ABRIL.
Os padriños e madriñas foron a buscar ás aulas aos seus afillados/as e os levaron ao patio para contarlles os contos que levaban preparando durante un tempo.
O día resultou marabilloso. O tempo acompañou e todos os nenos/as disfrutaron moito da xornada de convivencia e lectura.

jueves, 25 de abril de 2013

Que ben o pasamos o 23 de abril, Día do Libro!!!

O 23 de abril, celebramos o Día do Libro na escola.
Como ben sabedes, a UNESCO estableceu esta data como "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR", xa que nesa data, do ano 1616, finaron Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, tres grandes figuras da Literatura Universal.
Por este motivo, neste día tan especial, para ir coñecendo a obra deste español universal, ao mesmo tempo que o fan milleiros de nenos/as de todo o mundo, xuntámonos por grupos, na BiblioRía do colexio, para ler o comezo deste libro:
" DON QUIJOTE DE LA MANCHA" , de Cervantes.

Esta vez a lectura fixémola nunha versión que temos en comic na Biblioteca, para relacionalo co proxecto que estamos a desenvolver neste curso.
Tamén escoitamos a lectura do poema titulado "Só un libro", recitado por un grupo de nenos/as de 5º e 6º, que foi un agasallo que a escritora Paula Carballeira fixo ás Bibliotecas escolares de Galicia para o día do libro deste ano.

Os nenos/as levaron como agasallo unha páxina do cómic, para lela e coloreala ó seu gusto e unha gominola de Gaspar.
Para os mestres/as tamén houbo agasallos.

Actividade LIM: "Las jirafas"

Hoxe, chegan as xirafas, os animais máis altos... mirade que pescozo teñen!!!
Para descobrir máis características das xirafas, xoga con esta actividade. Preme no cadrado superior da dereita para xogar en pantalla completa e divírtete.

miércoles, 24 de abril de 2013

Actividade LIM: "Los hipopótamos"

Aquí vai unha nova actividade LIM para seguir coñecendo aos animais que aparecen no conto que estamos a ler nas aulas: "Tintín en el Congo".
Hoxe, o turno é para os hipopótamos.
Lembrade que para xogar en pantalla completa é necesario premer no cadrado superior da dereita.

martes, 23 de abril de 2013

"Tintín en el Congo"_Adaptación para educación infantil

Este cómic titulado "Tintín en el Congo" é unha adaptación do conto orixinal de Hergé, titulado do mesmo xeito.
Con motivo do Proxecto de Centro titulado "Lendo o mundo con Tintín", decidimos adaptar a historia ao nivel do noso alumnado de educación infantil. Así, elaboramos este conto onde se recollen os elementos fundamentais da historia e se adapta a súa idade.
Ademais de traballar a estructura do cómic, poderemos descubrir as características do Congo,  traballar os medios de transporte, os animais,...
Agardamos que vos guste e FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
 

23 de abril, DÍA DO LIBRO

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
 Hoxe, e durante toda a semana, nos esperan un milleiro de sorpresas na BiblioRía.
Pouco a pouco, vos contaremos todos os detalles das actividades neste blog e no da BiblioRía.

O protagonista da semana: JOEL

A semana do 15 ao 19 de Abril, o protagonista foi:

JOEL


Ao longo da semana, fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro Joel: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén estivo encantado de poder amosarnos os seus obxectos favoritos: peluche, xoguete, roupa...


Tamén nos amosou o seu conto favorito, “El burrito Platero”, unha estupenda adaptación de “Platero y yo” de Juan Ramón Jimenez, que ademais leu para os seus compañeiros/as.Todos/as quedamos encantados de escoitalo!
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e nos amosou o pequeniña que era a súa roupa; coa cinta métrica comprobamos cánto medrou.


Entre fotos e outras cousas o panel foise enchendo ao longo da semana.

O venres día 19, tivemos a visita na aula da súa familia ao completo, os seus pais Manuel e Cristina, e o seu irmán Dani, que está na clase de 4º.


Joel, amosoulles o traballo que estivo a facer durante a semana, e deseguido chegou o momento das preguntas; comezamos preguntando o seu  nome e interesándonos polos  traballos.


 Tamén quixemos saber como é Joel cando está na casa. Así, soubemos que come case de todo, menos o brécol, que non pode tomar leite de vaca e toma leite de soja con cereais de chocolate no almorzo; que lle gusta moito durmir e sempre o fai co seu peluche preferido, o osiño marrón. Ten moitos peluches, ás veces se porta ben e axuda nalgunhas tarefas, gústalle moito xogar coa wii e a psp, o fútbol é o seu deporte favorito, pero tamén vai a natación todas as semanas e lle gusta moito ir á praia cando fai bo tempo; tamén le contos e lle encanta ir aos cumpres dos amigo/as.


Despois, ensináronnos un xogo de cartas que lle gusta moito a Joel. Todos/as estivemos moi atentos e Joel nos foi chamando para participar. 


Antes de rematar, repartiron uns agasallos que fixeron as delicias dos compañeiros/as: uns sugus e uns “monstruos” de dedo moi divertidos.


 E, coma sempre, entregámoslle un diploma como recordo desta semana e  despedímolos cun merecido aplauso.


  GRACIÑAS

viernes, 19 de abril de 2013

Semana da froita

Durante a vindeira semana, do 22 ao 26 de abril, o colexio participará na Campaña de Distribución de Froita Fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria. 
Esta participación conleva que cada día, á hora do almorzo, se entregará unha peza de froita según este reparto: 
  • Luns: amorodo 
  • Martes: pera 
  • Mércores: mandarina 
  • Xoves: mazá 
  • Venres: plátano

Os nosos carballos medraron moito...

Os nosos carballos xa medraron moito!!!
Polo mes de outubro, publicabamos neste blog a prantación de carballos que realizaron os nenos e nenas de 4 anos.  
Para lembrar a noticia, podedes premer na seguinte ligazón:

A día de hoxe, a maioría dos nosos carballos medraron moito e xa non "teñen espacio" nas súas pequenas macetas, polo que tivemos que transpantalos ao horto escolar.
Onte, coa axuda do mestre Bieito que nos axudou na tarefa, puidemos ver o que medraran as raíces dos carballos e a altura que adquiriron.
Bieito explicóunos toda a evolución dende o principio: o momento de prantar a landra, como foron saído as primeiras raíces, como comezaron a buscar sitio na terra, como se alimentaron...
 
Pouco a pocuo, en parellas de dous, fomos ao horto escolar e alí puidemos transprantar cada carballo. Agora, agradaremos que continúen a medrar e o veremos día a día. Cando sexan moi, moi grandes, xa temos pensado que os levaremos ao monte para que as súas raíces teñan espacio e poidan ser uns carballos fortes e grandes.

jueves, 18 de abril de 2013

Actividade LIM: "Los elefantes"

Hoxe, é o turno de presentar aos elefantes, os mamíferos máis grandes do planeta.
Se queres xogar con pantalla grande, lembra que tes que premer no cadrado superior dereita da actividade.

martes, 16 de abril de 2013

Actividades LIM: "Los leopardos"

Chega o turno de falar dos leopardos; polo xeral, estes fermosos animais son de cor amarela con manchas escuras, aínda que tamén atopamos as panteras, coa pel de cor negra.
Se queres saber máis, xoga con esta actividade LIM e lembra que para poder facelo en pantalla grande, tes que premer no cadrado superior da dereita.

lunes, 15 de abril de 2013

O protagonista da semana: NICOLÁS



A semana pasada, do 8 ao 12 de Abril, o protagonista foi:
NICOLÁS
Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro Nico: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén estivo encantado de poder amosarnos os seus favoritos: peluche, xoguete, roupa, conto...
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e amosounos o pequeniña que era a súa roupa; coa cinta métrica comprobamos canto medrou.
O venres día 12, tivemos a visita na aula dos seus pais, Yolanda e David.
Nico amosoulles o traballo que estivo a facer durante a semana e deseguido chegou o momento das preguntas; comezamos preguntando o seu  nome e interesándonos polos seus traballos.
 Tan curiosos como sempre, quixemos saber como foi Nico de bebé e que fai cando está na casa. Así, soubemos que durmía moito e so espertaba para comer, que agora lle segue a gustar comer e tamén bebe moito. Que cando comezou a gatear non paraba de xogar e, agora que xa medrou, gústalle xogar ao futbol, e se chove pinta e ve os debuxos na tele; tamén lle gusta xogar cos coches e cos cans. O da casa de mamá chámase Leo.
Trouxéronnos un xogo moi divertido chamado “El lince” no que  participamos todos e pasámolo moi ben.
Antes de rematar repartiron uns agasallos que estabamos desexando abrir.
E como sempre, entregámoslle un diploma como recordo desta semana e  despedímolos cun merecido aplauso.             

  GRACIÑAS