viernes, 13 de diciembre de 2013

Ambiente de Nadal

Nos corredores das aulas de educación infantil xa "cheira" a Nadal.
O alumnado de 3, 4 e 5 anos foi o artífice para conseguir que as paredes, as portes e unha preciosa árbore decoren de Nadal estes días de decembro.
Aquí vos deixamos unhas imaxes nas que poderedes ver o noso ambiente de nadal.

Pintamos os adornos
 
Colocamos a árbore
 
Decoramos as portas
 
Decoramos os corredores con estrelas
 Doutra banda, e grazas á colaboración das familias, puidemos decorar un anaco do corcho do porche da escola formando unha árbore coas postais de felicitación de Nadal deseñadas e elaboradas polas familias do alumnado de educación infantil.
Quedou moi chulo, verdade? É que as nosas familias e o alumnado son uns artistas!!!

jueves, 12 de diciembre de 2013

En que outros lugares precisamos unha entrada para acceder?

O pasado luns, os nenos e nenas de 5 anos continuamos traballando sobre a necesidade das entradas á hora de acceder aos museos.
Nesta entrada do blog: http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2013/12/o-antes-o-durante-e-o-despois-dunha.html xa comentabamos a investigación que fixeramos da entrada que nos deran na Fundación Novacaixagalicia ao pagar 1 euro para poder desfrutar da exposición sobre Ruibal. 
 Nesta entrada puidemos diferenciar o nome do museo, a data e o prezo.
Grazas á colaboración das familias co proxecto, podemos ter na aula materiais variados cos que traballar e continuar a nosa investigación.
Así, esta semana puidemos observar e analizar diferentes entradas a outro museos (algúns gratuítos e, outros, de pago) como os seguintes:

Museo do chocolate. Prezo: 1 euro.
Museo do Mar. Entrada gratuíta.
Museo da Catedral de León. Prezo: 2,50 euros.
Van Gogh Museum. Prezo: 14 euros.
Firenze Musei. Prezo: 6,50 euros.
Entre todos e todas puidemos observar, tocar e analizar cada unha das entradas, localizar onde estaba situado o prezo, o nome do museo, etc.
 Cando rematamos de analizar cada unha das entradas aos museos, nos dedicamos a pensar u poquiño. En que outros lugares precisamos unha entrada para poder acceder? Pouco a pouco, elaboramos na pizarra branca unha lista de lugares onde nos piden unha entrada ou onde temos que facer un pago para acceder. Aquí podedes ver a listaxe que elaboramos e que, posteriormente, cada un dos nenos e nenas escribiu na súa folla de rexistro.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_A cor negra

Unha semana máis, voltamos ter a nosa sesión coa xoaniña ”Juanita” na aula de catro anos. Desta volta, comparamos as diferentes tonalidades de negro na gran variedade de obxectos da aula e nas prendas de vestir dos alumnos e alumnas.

Por último, e como estamos embarcados no proxecto da biblioRia “ Lendo con arte”, estivemos a comparar as tonalidades de negro con algunhas obras de arte como:

 Príncipe Negro, de Paul Klee
Retrato de niña, de Lucas Cranach
Unha vez rematada esta parte da sesión, cada neno/a realizou  o seu propio retrato e lle puxo o nome á obra de arte; ao carón  pegaron o retrato feito por Lucas Cranach. Así rematou unha semana máis a nosa cita con “Juanita”. 


martes, 10 de diciembre de 2013

Na aula de 4 anos seguimos a investigar sobre os museos

Na aula de catro anos, estivemos a traballar sobre os distintos tipos de museos que nos podemos atopar. Algúns dos nenos e nenas explicaron as visitas que fixeron coas súas familias amosando os folletos e algúns, incluso, trouxeron fotos. 
Tamén realizamos unha ficha onde os nenos e nenas identificaban algúns museos de España e os relacionaban co debuxo correspondente. No reverso da ficha intentaron escribir o nome dos debuxos alusivos a cada museo.

 
Noutro dos momentos da semana volvemos retomar o tema das entradas, enunciando entre todos os lugares que coñeciamos e para os que era preciso levar unha entrada. Unha vez feita a lista, elaboramos unha ficha co nome dos lugares; os nenos e nenas tiveron que colorear ditos nomes e logo escribilos.