Como cada derradeira semana de mes estivemos a disfrutar da semana da froita, ademais de comer unha froita moi saborosa fixemos adiviñas para cada unha das froitas que probamos.
jueves, 4 de mayo de 2017
miércoles, 3 de mayo de 2017
MACHU PICCHU
Xa estamos casi a rematar a nosa viaxe polas marabillas do mundo, este mes que acaba de rematar traballos o "Machu picchu", que se atopa na provincia de Urubamba , nun país que se chama Perú e que se atopa no continente americano.
Coma sempre recollemos información nunha pequeña ficha e logo cubrimos o noso pasaporte.
martes, 2 de mayo de 2017
COELLIÑOS
A familia de Alba Costas trouxo ao cole para que todos/as puidesemos disfrutar tres coelliños moi lindos e moi mansiños, que teñen na súa casa. Estes coelliños portaronse xenial e foron moi valentes porque corretearon polas nosas aulas e deixaron que os collesemos ao colo.
Dende aquí queremos dar as grazas a esta familia por permitir que disfrutasemos tanto con estes coellos.Agora deixamos un pequeno video que mostra o ben que o pasamos.
lunes, 1 de mayo de 2017
DIA DO LIBRO
Co gallo do "Día do libro", e organizado polo equipo de Biblioteca estivemos a disfrutar dunha xornada chea de actos e como non, non podía faltar o tan esperado "apadriñamento lector".
Se premedes no enlace iredes o blog da BiblioRia onde están recollidas todas estas actividades.
Esperamos que vos gusten.
viernes, 28 de abril de 2017
SARI
Apareceu na aula unha bolsa que non sabiamos que tiña dentro, Sara foi a encargada de descubrilo.
Entre todos/as axudamos a estirar esta tea tan longa e estivemos pensando de que uso podería ter este agasallo que apareceu na aula.
Cando descubrimos que era a roupa típica das mulleres na India e que se chamaba SARI, buscamos un tutorial en internet para aprender a vestilo. Este foi o resultado.
Logo despois pasamos ao traballo de papel , onde cada un coloreu un Sari e escribiu dita palabra.
jueves, 27 de abril de 2017
VISITA DOS PADRIÑOS LECTORES.
Estamos a preparar o día do libro e os padriños e madriñas lectores viñeron visitar e coñecer os seus afillados/as , para ter unha primeira toma de contacto e averiguar os seus gustos lectores obtendo información de primeira man para seleccionar os contos que nos lerán o día 28.
PREMEDE NA FOTO DE GASPAR PARA VER QUE BEN O PASAMOS TODOS/AS
miércoles, 26 de abril de 2017
NAMASTÉ
Seguimos investigando sobre India e atopamos que o seu saúdo e coñecido como Namasté e que o empregan tanto para deir OLA como para decir ADEUS.
Na aula estivemos practicando este saúdo.
Logo despois escribimos a palabra NAMASTÉ, e coloreamos a unha persoa facendo o saúdo.
Na aula estivemos practicando este saúdo.
Logo despois escribimos a palabra NAMASTÉ, e coloreamos a unha persoa facendo o saúdo.
martes, 25 de abril de 2017
VERMES DE SEDA
Cando fixemos o proxecto de China , aprendemos que facian a ropa con seda que obtiñan duns vermes especiais.
Unha compañeira trouxo a aula uns ovos de verme que gardamos con moito agarimo e esta semana empezaron a nacer os primeiros vermes. Estos vermes só comen folla de moreira que recollemos no xardín do cole cdada día, para que teñan comida fresquiña.
Aquí vos quedan unhas fotos e dentro dunhas semanas cando teñan crecido volveremos a subir outras.
lunes, 24 de abril de 2017
EVACUACIÓN
viernes, 21 de abril de 2017
SORPRESA INDIA
Esta semana temos uns visitantes moi especiais na nosa aula. O martes cando chegamos ao cole das vacacions de Semana Santa, tiñamos unha sorpresa da India! Unhas marionetas que chegaron dende ben lonxe para pasar uns días con nos. Axudarannos a ir profundizando cada día un pouco máis sobre a cultura India.
Os nosos visitantes chámanse Alok e Malala, e entre todos buscamos nomes da India para os seus amigos, decidimos chamarlles: Naya e Kalu.
Esperamos aprendermoitas cousas con eles!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


