miércoles, 24 de marzo de 2010

IMAXES OBRADOIRO DE COCIÑA

LEMBRAMOS A TODOS OS USUARIOS DO BLOG, QUE PODEDES VISITAR A NOSA PÁXINA WEB DO COLE, ONDE ATOPAREDES TODAS AS NOVAS DAS ACTIVIDADES REALIZADAS ASÍ COMO, NO APARTADO "GALERÍAS", AS IMAXES DOS TRABALLOS, VISITAS COMPLEMENTARIAS, ...
POR OUTRO LADO, XA ESTÁN "COLGADAS" AS IMAXES DO NOSO OBRADOIRO DE COCIÑA ATA A SESIÓN NÚMERO 6 (QUE É A ÚLTIMA REALIZADA)
Páxina web do cole
Álbum do Obradoiro de Cociña

Nova receita para as familias. Receita nº6

Receita para as familias
RECEITA Nº6
PASTEL DE CHOCOLATE

INGREDIENTES
- 200 gr de chocolate de facer
- 200 gr de manteiga
- 200 gr de améndoas trituradas
- 200 gr de azucre en po
- 80 gr de fariña
- 5 ovos

PREPARACIÓN
Funde amodo o chocolate.
Cando o chocolate estea moi uniforme engadiremos a manteiga cortada en pequenos dados e removeremos atE obter unha mestura homoxénea.
Bate nunha ensaladera as xemas con azucre, incorpora o chocolate coa manteiga, engade a fariña e as améndoas trituradas batendo fortemente para evitar que se formen grumos.
Incorpora coidadosamente as claras dos ovos batidas a punto de neve.
Verte coidadosamente a mestura nun molde e introdúceo Ao forno, precalentado a mediana potencia, deixándoo cocer durante 35 a 45 minutos e xa está listo.

martes, 23 de marzo de 2010

Receita 6: Bombóns de Krispies




Hoxe toca... "Bombóns de Chocokrispies"

Hoxe, martes 23 de marzo, toca no noso Obradoiro de cociña: "Bombóns de chocokrispies". Grazas a nosa mestra Ángeles que nos axudou coa receita e co microondas, puidemos elaborar uns boísimos bombóns de chocolate moi orixinais... disfrutade coas imaxes!!!... mmm!!! que rico

Traballamos no proxecto sobre a Eiruga Larpeira

Durante este segundo trimestre, estivemos a traballar nas aulas de Educación Infantil o conto "Unha eiruga moi larpeira". Queriamos algo orixinal, pol que decidimos elaborar unha eiruga-conto, é dicir, reproducir o conto da eiruga larpeira coa forma da protagonista... aquí vai un adianto... en breves, as familias do noso alumnado o disfrutaredes nas vosas casas.


A emoción...

Como ben sabedes, a semana pasada recibimos noticias de Eric Carle en resposta ao mail que lle enviamos.
Ao noso cole chegou unha carta dende o Reino Unido e, no seu interior, un montón de agasallos que disfrutar.
Aquí están as imaxes... todos xunt@s compartimos un momento que nos fixo moitísima ilusión... GRAZAS ERIC CARLE

Imaxes "Facemos madalenas"

Xa están aquí as imaxes da sesión do Obradoiro de cociña onde fixemos unhas boísimas madalenas... lamentamos non ter imaxes do resultado, pero aseguramos que estaban boísimas e tiñan moi boa presenza... pero coas prisas por comelas, as fotos quedaron sen facer...


Receita Sesión 5




Receita Sesión 4


domingo, 21 de marzo de 2010

GRAZAS ERIC CARLE!!!

Non sabedes a ilusión que nos fixo recibir por fin noticias de Eric Carle... o xoves pasado (18 de marzo) recibimos unha carta contestando ao mail que lle enviamos!!!
Aquí están os agasallos que nos chegaron á escola... en breves, as imaxes da celebración...
Por certo, grazas tamén a mestra Belén, por facilitarnos o seu mail...GRAZAS BELÉN.