lunes, 11 de abril de 2011

Unha orixinal bolboreta

Hoxe vos amosamos as orixinais bolboretas que o alumnado de educación infantil levou para as súas casas o venres.
Pasiño a pasiño, poderedes fabricar as vosas propias bolboretas da primavera.
O primeiro que facemos é unha plantilla que o alumnado coloca enriba dunha cartolina DIN A4 dobrada á metade (primeiro o repasan cun lápis e, despois, cun rotulador de cor negra).
A continuación, picamos enriba desa liña negra e con "enerxía" para que traspase polo outro lado; cando xa estea picada, poderemos abrir a cartolina e xa teremos unha silueta de bolboreta.
Coa cartulina dobrada, facemos dous cortes no medio polos que despóis pasaremos un chupa-chups para facer o corpo.
Agora, podemos decorar o debuxo como queiramos, o deixamos á vosa elección.
Unha vez estea decorada, poderemos pasar o chupa-chups polos buraquiños e colocar un limpapipas arredor do caramelo semellando os cornos do insecto.
Por último, colocamos un cordel para que poidan colgar a súa bolboreta onde queiras... listo!!!

sábado, 9 de abril de 2011

O protagonista da semana: DIEGO SANJUAN

Este venres, 8 de abril de 2011, recibimos na nosa aula de 5 anos a familiares do protagonista Diego Sanjuan.
Ás 10:00 horas da mañá, chegaban a aula o seu pai Chechu e o seu tío Cándido para pasar con todo o alumnado unha xornada moi divertida e tamén moi musical...
O primeiro que fixemos, coma sempre, foi ensinar as actividades realizadas durante a semana polo protagonista; Diego, acompañado pola mestra Tere, foi amosando as fichas que contiñan datos variados da súa vida.
A continuación, chegou o turno da súa familia. O primeiro que nos tiñan preparado eran unhas fotografías de Diego... moitas delas moi divertidas e coas que rimos un montón!!!... mirade ao protagonista co casco e coas gafas!!!
Posteriormente, tod@s acudimos as nosas mesas para escoitar un conto que nos gustou moito; falaba de pesadelos... quen non ten algún que outro pesadelo pola noite...
O momento máis divertido e especial para todos e todas foi cando Chechu e Cándido nos ensinaron uns instrumentos musicais: pandereta, micrófono, guitarra... para que nos poden servir todas estas cousiñas???... pois para interpretar unha canción.
Coñecedes a canción de "Nena Daconte" titulada "Tenía tanto"?... pois foi a escollida para cantar todos xunt@s ... e con premio incluído!!! se cantabamos a canción, nos tiñan preparadas nunha bolsa unhas saborosas gominolas!!!
A verdade é que o fixemos moi ben e nos gustou moito a actividade que nos tiñan preparada... e tamén as gominolas claro!!!
Nós tamén lles compensamos co diploma que acredita a súa particiación no proxecto do protagonista.
Dende o noso blogue non podemos máis que dicir: MOITAS GRAZAS!!! 

jueves, 7 de abril de 2011

Almacén de recursos de educación infantil

O noso blogue de educación infantil xa conta cun novo "amigo": os Álbumes Web Picasa.
Grazas a esta plataforma, creamos unha serie de carpetas-álbumes onde almacenar as actividades que imos colgando no blogue.
Así, cando queirades consultar algunha delas o descargar outras, poderedes acceder ao enlace que se amosa debaixo e utilizar sen problema os materiais que temos aloxados.
Aquí vai o enderezo:

martes, 5 de abril de 2011

Compartimos recursos: actividades variadas de primavera

Aquí vos deixamos unhas pouquiñas actividades sobre a primavera que poderedes utilizar nas vosas aulas... agardamos que vos gusten...

 

sábado, 2 de abril de 2011

Compartimos recursos: crebacabezas primavera

Dende as aulas de infantil do noso cole, seguimos a compartir recursos variados que poden facilitar a nosa labor docente. Así, aquí vos deixamos estes crebacabezas sobre a primavera que poderedes utilizar nas vosas aulas.
Por outro lado, queremos dar as grazas a todas as páxinas web, revistas, particulares,... que nos facilitan esta cantidade de imaxes coas que podemos elaborar materiais.