viernes, 12 de abril de 2013

Unha morea de animais

Como ben sabedes, "Tintín en el Congo" é o libro que estamos a traballar este curso escolar nas aulas de educación infantil.
Se o mes pasado, traballabamos os medios de transporte presentes na historia, agora é a quenda dos diferentes animais. Pouco a pouco, como estades a observar, estamos publicando neste blog diferentes actividades LIM relacionadas con cada un deles.

Unha das características do noso traballo é a colaboración coas familias, que sempre responden ás nosas demandas de moi boa gana e con resultados estupendos. 
Así, seguindo con este traballo colaborativo entre escola e familia, hoxe compartimos con todos os nosos lectores e lectoras esta idea tan chula.

En primeiro lugar, queremos dar as grazas á empresa Onducart e ao seu xerente, Joan Sans. Grazas a el, puidemos conseguir unha morea de plantillas de cartón de diferentes animais que enviamos, posteriormente, ás casas.
As plantillas son as seguintes:
 Cada neno/a levou para a súa casa unha plantilla acompañada da circular correspondente, na que se explicaba o que tiñan que facer e o prazo de presentación:
 Coma sempre, trouxeron verdadeiras obras de arte. Aquí vos deixamos unha mostra dalgunhas delas:

jueves, 11 de abril de 2013

Actividade LIM: "Las serpientes"

Hoxe é a quenda das serpes. Grazas a esta actividade LIM descobriremos as súas características principais.
Sabiades que son animais ovíparos, que nacen de ovos?, e sabiades que son carnívoros, xa que se alimentan de carne?
Agardamos que vos guste.
Lembrade que para xogar en pantalla completa, é necesario premer no cadrado superior da dereita.

miércoles, 10 de abril de 2013

EN ABRIL, LIBROS MIL

Xa chegou o mes de abril, o MES DO LIBRO, así que "EN ABRIL, LIBROS MIL"
Durante este mes, imos comezar a desenvolver unha actividade fermosa e moi divertida, relacionada coa lectura. Trátase dun xogo titulado
"PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES E LECTORAS"

O xogo consiste en que un neno ou nena dos maiores lle lea un conto a outro neno ou nena máis pequeno. Así quedaría a organización para os nenos e nenas de infantil:

* Alumnos/as de 3º de primaria serán padriños/madriñas do alumnado de 3 anos (4º de educación infantil).
* Alumnos/as de 4º de primaria serán padriños/madriñas do alumnado de 4 anos (5º de educación infantil).
* Alumnos/as de 5º de primaria serán padriños/madriñas do alumnado de 5 anos (6º de educación infantil).

O pasado venres, os nenos/as maiores viñeron ás aulas de educación infantil para coñecer aos seus afillados/as, fixeron unha foto e, con ela, elaboramos un "Carnet de apadriñamento lector" que iremos asinando ao longo desta semana.

Pouco a pouco, vos comentaremos as novas que teñamos sobre esta actividade, así que estade atentos/as.

martes, 9 de abril de 2013

Actividade LIM: "Los leones"

Aquí vos deixamos con esta actividade para coñecer as características máis importantes dos leóns.
Agradamos que vos guste e lembrade que para poder xogar a pantalla completa, soamente tes que premer no cadrado superior dereita da actividade.

lunes, 8 de abril de 2013

Vigocultura

Grazas ás familias da escola, enterámonos de actividades de interese coas que podemos disfrutar cos máis pequenos.
Así, vos recomendamos Vigocultura, unha iniciativa do Concello de Vigo relacioanda coas artes escénicas e con variadas actividades que se levarán a cabo durante os meses de abril e maio de 2013.
Poderedes acceder a toda a información na seguinte ligazón:
e poderedes acceder á programación das actividades no seguinte enderezo:
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES (preme e accede)

viernes, 5 de abril de 2013

Actividade LIM. "Los gorilas"

Hoxe, é a quenda dos gorilas. Aquí vai esta actividade lim sobre estes animais da sabana africana.
Lembrade que para poder xogar en pantalla completa, debes premer no cadradiño superior dereita.
Agardamos que vos guste.

jueves, 4 de abril de 2013

Actividade LIM: "Los cocodrilos"

Despois de coñecer os medios de transporte que aparecen no conto "Tintín en el Congo", chega a hora de coñecer á morea de animais que aparecen na historia.
Pouco a pouco, publicaremos neste blog diferentes actividades LIM relativas a cada un dos dez animais presentes no conto.
Hoxe, lle toca a quenda á seguinte actividade LIM titulada "Los cocodrilos"
Agardamos que vos guste.
Lembrade que para poder xogar en pantalla completa, é necesario premer na parte superior dereita da actividade, onde aparece un cadradiño.

miércoles, 3 de abril de 2013

Cantando aprendo a falar

CANTANDO APRENDO A FALAR
Grazas a Eva, a mestra de Audición e Linguaxe da escola, puidemos descobrir este blog tan interesante que "navega" pola rede.
O título deste blog é o seguinte:

Este espazo na rede recolle unha morea de vídeos moi interesantes e útiles destinados aos nenos e nenas de educación infantil. A práctica diaria con estes recusos (5 minutiños cada día) favorece e estimula a linguaxe dos máis pequenos da escola.
http://mundosigualesydiferentes.blogspot.com.es/p/cantando-aprendo-hablar.html
Estes recursos foron creados por fonoaudiólogos da Universidade de Chile e no espazo http://www.cantandoaprendo.cl/ poderedes atopar máis información.

Todos os vídeos, poderedes atopalos na súa canle de Youtube, na seguinte ligazón:

(DEIXAREMOS UNHA LIGAZÓN NA PARTE DEREITA DO BLOG PARA QUE POIDADES ACCEDER DIRECTAMENTE Á CANLE DE YOUTUBE E XOGAR COS DIFERENTES VÍDEOS NAS CASAS OU NA ESCOLA)


martes, 2 de abril de 2013

O protagonista da semana: ANDRÉ

A semana do 18 ao 22 de Marzo, o protagonista foi:
ANDRÉ

Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro André: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... estivo encantado de poder amosarnos os seus obxectos favoritos: peluche, xoguete, roupa, conto...!
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e amosounos o pequeniña que era a súa roupa; coa cinta métrica comprobamos canto medrou.
Entre fotos e outras cousas o panel foise enchendo ao longo da semana.
O venres día 22, tivemos a visita na aula da súa nai, Ana; ao seu pai non lle foi posible vir porque tiña que traballar.

André amosoulle o traballo que estivo a facer durante a semana e deseguido chegou o momento das preguntas; comezamos preguntando os seu nome e interesándonos polos traballos.

Tamén, quixemos saber como foi André de bebé e como se porta na casa. Así, soubemos que comía e durmía moito de bebé, que na casa ás veces se porta ben e outras regular, quen non lle gusta moito ver a tele, só os debuxos e os documentais de animais, que lle gusta moito xogar ao fútbol co seu equipo, que fala moito e que lle gusta moito pintar, ate vai axudar a seu pai a pintar as paredes da casa. . .
Despois, Ana cantounos unhas cancións que nos gustan moito de “Cantajuegos”: “yo tengo una casita” e “Soy una taza”, todos participamos encantados, xa que resultou moi divertido.

Pero André quixo que escoitáramos o CD do seu conto favorito, e resultou moi relaxante.

Antes de rematar, repartiron uns agasallos que fixeron as delicias dos compañeiros/as: uns oviños de Pascua e unha rá saltarina, feita por eles mesmos na casa coa técnica de papiroflexia.

E, como sempre, entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.
GRACIÑAS

viernes, 22 de marzo de 2013

Boas Festas de Pascua

A protagonista da semana: PAULA

Esta semana, do 11 ao 15  de Marzo, a protagonista foi:
PAULA
Ao longo da semana, fomos coñecendo un pouco máis á nosa compañeira Paula: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén estivo encantada de poder amosarnos algunhas das súas cousas favoritas: peluches, roupa, conto...!
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé, amosounos o pequeniña que era a súa roupa e coa cinta métrica comprobamos cánto medrou... o panel foise enchendo coas súas cousas.
O venres 15, tivemos a visita na aula da súa mamá, Sara, xa que o papá non podía vir; pero a Sara non viña sola, veu acompañada da súa mascota, Popi.
Popi púxose moi nervioso ao ver tantos nenos e nenas que lle falaban ao mesmo tempo, así que tivemos que estar caladiños para que se tranquilizase... ate se fixo pis de contento, porque Popi está moi acostumado a xogar con Paula todo o día, coma se fose un boneco de verdade ou un irmán pequeño. Así, unha vez familiarizado coa aula deixouse acariciar por todos nos.
Paula amosoulle á súa mamá o traballo realizado durante a semana, e a continuación os compañeiros comezaron a exercer de reporteiros facendo as preguntas de costume: os nomes, os traballos, cousas sobre Paula na casa dende que era bebé, etc.
Así soubemos que Paula foi unha bebé moi boiña, e que así segue a ser. Que axuda moito e lle gusta colaborar en todo, que está todo o día traballando sen parar. Que lle gusta moito ver a tele e que pinta sen parar. E todos pensamos: como na clase!
O que peor fai é comer. Come moi pouquiño e debería de comer máis para estar mais forte.
Tamén nos contou que vai a moitos sitios co seu irmán maior, Adrián, que ten 24 anos, e que cando está de viaxe “chatea” con el pola súa tablet con un programa que se chama “Chatón”
Fíxonos moita graza unha anécdota  que nos contou a mamá sobre Popi e Paula: Cando Popi chegou á casa tiña 2 meses e, nun descoido, comeuse o chupete de Paula; púxose tan maliño que o tiveron que levar ao veterinario que o tivo que operar para quitarllo da tripa.
Tamén nos contou que a familia de mamá é de un pobo de Castilla, e que ten un tío con síndrome de Down que gañou nas últimas Olimpiadas de Londres dúas medallas Paraolímpicas; que á volta da Semana Santa nos vai traer as fotos para que o vexamos. Paula síntese moi orgullosa do séu tío.
A continuación leunos un conto de rimas titulado: “Personajes de cuento”, mentres que Paula colaboraba ensinándonos os pop-ups do mésmo.
E, para rematar, tan doce mañá repartíronnos unhas regras de Bob-esponxa e uns caramelos.
 E como sempre, antes de rematar esta visita entregámoslle un diploma como recordo desta semana e  despedímola cun merecido aplauso.
GRACIÑAS