lunes, 27 de enero de 2014

As nosas medicións das mans e dos zapatos

Xa fai un tempo, publicabamos neste blog unha actividade realizada polo alumnado de 5 anos da escola: coñecer cal era o seu número de zapato. Para lembrar a entrada do blog, poderedes premer nas seguintes ligazóns:



A semana pasada, contabamos neste blog que o alumnado de 5 anos retomara a realización de actividades sobre medicións e, para iso, decidiu facer a silueta real do pé e da man e colorealo coas cores que quixeran.
Hoxe, vos amosamos o resultado completo da actividade, o panel que elaboramos con todos os datos, as fichas de rexistro individuais, ...
Recomendamos a actividade a todas as familias e ás escolas que a queiran facer. Poderemos medir non só as partes do corpo, senón tamén diferentes obxectos de uso diario ou todos aqueles aparellos que nos apetezca. É unha forma moi divertida, amena e atractiva de traballar os números e as cantidades.
 Unha vez coloreadas as mans e os pés, puidemos utilizar o metro e descubrir os centímetros que medían para, posteriormente, anotar os datos nunha folla de rexistro.

viernes, 24 de enero de 2014

O alumnado de 4 anos volta ao traballo sobre os museos

Coa chegada do novo ano, na aula de catro anos seguimos a traballar no proxecto dos museos. A semana pasada estivemos traballando cos planos e valorando a necesidade dos mesmos para guiarnos por un museo.
Logo, cada neno e nena tivo que colorear o itinerario dun plano seguindo un código de cores.


Tamén nesta semana, traballamos de novo sobre as normas que existen nos museos; nun primeiro momento, comentamos unha imaxe e tiveron que identificar as accións correctas e as incorrectas, tachando estas últimas; despois, nunha ficha adicional, o que fixemos foi plasmar por escrito estas cinco normas básicas a ter en conta nos museos.
Aquí queda unha pequena mostra do noso traballo.

jueves, 23 de enero de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_Degustamos diferentes pescados

Unha semana máis e co novo ano, voltamos ter a nosa sesión coa "Mariquita Juanita” na aula de catro anos. Seguimos a traballar habilidades e novas experiencias co conto "Los peces rojos del lago".

Iniciamos a sesión coa lectura do conto. Posteriormente, pedimos aos nen@s que cheirasen os distintos tipos de conservas de peixe que tiñamos na clase, intentando atopar semellanzas e diferenzas entre elas.

A continuación, coas distintas conservas de peixe fixemos unha degustación, na que todos/as debían probar as distintas variedades: mexilóns, atún, sardiñas e anchoas. Unha vez saboreadas as variedades conducimos un diálogo onde eles e elas facían comparacións entre eses sabores.
 


Unha vez rematada esta parte da sesión, cada neno/a realizou o seu propio traballo sobre papel, onde aparecían os debuxos de tres dos alimentos degustados: sardiñas, atún e anchoas; tiveron que colorear o nome de cada un destes productos e, posteriormente, colorear a cara alegre ou triste segundo si lle gustou ou non cada tipo de alimento. 
Así, rematou unha semana máis a nosa cita con Juanita. Para festexalo, ao remate da sesión tomamos un vasiño de zume e unha galleta.

miércoles, 22 de enero de 2014

Paseando polo Verbum e o Museo do Mar de Vigo

O alumnado de 5 anos continúa a traballar sobre os museos. Hoxe, puidemos descubrir dous museos situados moi preto da nosa escola, na Praia de Samil: o VERBUM e o MUSEO DO MAR.

O primeiro que coñecemos foi o Verbum. 

Situado xunto diante da Praia de Samil, puidemos realizar unha visita/tour virtual a través do ordenador e da pantalla da aula. Poderedes facer esta mesma visita nas vosas aulas e nas casas, premendo na seguinte ligazón:
Despois de visitar cada unha das plantas que conforman o edificio, comentamos a finalidade do museo; o Verbum é un museo interactivo relacionado con todos os ámbitos da comunicación humana (linguaxes, idiomas, palabras, letras, sons, símbolos, vista, oído, lectura, escritura, literatura,...) e onde os visitantes poden participar de modo activo cos elementos que alí se expoñen.
Por último, cada un dos nenos e nenas da aula puido anotar o nome do museo nunha folla de rexistro así coma colorear o debuxo do Verbum.

O segundo museo que coñecemos nesta xornada foi o Museo do Mar.
Este museo está ubicado na vella fábrica de conservas Alcabre-Molino de Viento e é un lugar para comprender a larga vinculación histórica dos galegos e galegas co mar.
Facendo o percorrido polas súas salas o visitante coñecerá a actividade pesqueira en todos os seus ámbitos, así como o seu desenvolvemento no descorrer da historia: a pesca, o marisqueo e a acuicultura, os métodos de conservación, dende o primitivo salgado ata o moderno conxelado, os avances técnicos nas embarcacións ou a bioloxía mariña. Completarase o percorrido cunha visita ao acuario do Museo, onde se poden observar os principais ecosistemas que se atopan entre o propio peirao do Museo e a costa acantilada das Illas Cíes. 
Do mesmo xeito que na "visita" ao anterior museo, puidemos realizar unha visita virtual por cada unha das salas, a partires da súa páxina web: http://museodomar.xunta.es/gl/visita así como completar a folla de rexistro correspondente. 
A nosa compañeira Ada, aportou ao aula unha cartolina con información variada e detallada sobre este museo e as súas instalacións.


martes, 21 de enero de 2014

Noticias de interese relacionadas co arte, visitas e recomendacións

No Ría de Vigo facemos a nosa propia homenaxe ao Greco, pola celebración do centenario da súa morte. Co mor do proxecto que estamos a desenvolver na escola, "Lendo con arte", os nenos e nenas de 6º de educación infantil fixeron unha réplica do autoretrato do Greco coas súas propias mans; o cadro en concreto é "O cabaleiro da man no peito". 
Este ano celébrase o IV Centenario da morte do Greco en Toledo; será todo un hito na historia do pintor e da cidade de Toledo: a gran reunión de obras do artista que se programou para este ano congregará a maior parte da súa producción, que chegará de todos os lugares do mundo.
Domenicus Theotocopoulos moría hace cuatrocientos años en Toledo, ciudad que se vuelca todo el año en el artista. La antológica más grande tendrá lugar en la ciudad en la que murió, como casi todos los grandes eventos que conmemorarán este aniversario. Es la primera vez que la ciudad manchega dedica su espacio al artista

Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2028900/0/cuarto-centenario/el-greco/toledo/#xtor=AD-15&xts=467263
menicus Theotocopoulos moría hace cuatrocientos años en Toledo, ciudad que se vuelca todo el año en el artista. La antológica más grande tendrá lugar en la ciudad en la que murió, como casi todos los grandes eventos que conmemorarán este aniversario. Es la primera vez que la ciudad manchega dedica su espacio al artista

Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2028900/0/cuarto-centenario/el-greco/toledo/#xtor=AD-15&xts=467263
Después de viajar por Italia y vivir en Roma, El Greco llegaba a España. "Desconocemos las razones -es hipótesis su interés por entrar al servicio de Felipe II, con ocasión de la obra decorativa del monasterio de El Escorial- de su viaje a España, donde se encontraba ya en la primavera de 1577, en Madrid y luego en Toledo, donde contrataría con la catedral y el monasterio de Santo Domingo el Antiguo los primeros lienzos aquí documentados, el Expolio para aquélla y tres retablos para éste, de los que dos lienzos se conservan en el Prado. En 1578 nació su hijo Jorge Manuel Theotocópuli, fruto de unas relaciones efímeras con Jerónima de las Cuevas, mujer que procedía del medio artesanal toledano. Desde esta fecha, Dominico «El Griego» reside en Toledo, de donde saldrá en escasas ocasiones, siempre por motivos laborales" cuenta Fernando Marías, experto en el pintor y comisario de una de las exposiciones más importantes de la conmemoración, El Griego de Toledo. Fue ese momento, el de su vida en Toledo, el de máximo esplendor y también, como recuerda el Presidente del Patronato del Prado, José Pérez Llorca, "cuando pintó sus figuras más alargadas y cuando usó los lienzos más alargados". No era este 'asunto' (polémico durante mucho tiempo) un defecto de la vista, sino su concepción filosófica del arte. "Se hicieron muchos experimentos y pruebas antes de desmentir que tenía astigmatismo y que por ello pintaba del modo en que lo hacía" afirma el Presidente del Patronato del Museo del Prado, José Pérez Llorca, " pintaba alargado porque era así su concepción filosófico no porque tuviera defectos ópticos". Durante mucho tiempo la polémica acerca de si el pintor veía así lo que representaba ha estado servida. Puede que parezca raro y que de hecho lo sea, pero es la realidad, nunca la ciudad que lo adoptó, Toledo, ha dedicado una exposición al Greco. Este año compensa con creces y le dedica el año entero: "Nos gustaría volver a hacer de Toledo una capital cultural de Europa como lo fue en los tiempos del Greco" dice en la presentación del que ya se llama Año del Greco el presidente de la Fundación El Greco, Gregorio Marañón.

Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2028900/0/cuarto-centenario/el-greco/toledo/#xtor=AD-15&xts=467263
Tras su muerte el 7 de abril de 1614 en Toledo, Domenicos Theotocopoulos, El Greco, quedaría casi por completo olvidado y del todo incomprendido durante casi tres siglos. El genio, que en vida no siempre fue bien entendido, no sería redescubierto hasta finales del siglo XIX.

Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2028900/0/cuarto-centenario/el-greco/toledo/#xtor=AD-15&xts=467263
Tras su muerte el 7 de abril de 1614 en Toledo, Domenicos Theotocopoulos, El Greco, quedaría casi por completo olvidado y del todo incomprendido durante casi tres siglos. El genio, que en vida no siempre fue bien entendido, no sería redescubierto hasta finales del siglo XIX.

Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2028900/0/cuarto-centenario/el-greco/toledo/#xtor=AD-15&xts=467263

Por outra banda, queremos compartir con vós esta información sobre unha mostra relacionada co cadro "As Meninas", no Centro Comercial Plaza E, de Vigo; nesta ubicació, o 13 de decembro abríu as súas portas a sala de arte Apo’strophe na pranta baixa.

 Para iniciar a súa andadura elixiron nada máis e nada menos que unha homenaxe ao maestro Velázquez en “12 MENINAS“, onde 12 artistas interpretan a súa obra en pintura, escultura, grabado e fotografía.

As obras de Víctor Alonso, Colin Baldwin, Sara Bello, Moncho Borrajo, Rosa García, Ángeles Jorreto, Manuel M. Barreiro, Rut Martínez, Gonzalo Quicler, Fabiola Mecías, Lina Ramilo e Ucha, nos guiarán neste percorrido sensorial.

A exposición permanecerá na sala ata o día 24 de xaneiro e o seu horario é de luns a venres de 18 a 20h, e sábados ata as 22h.

Aproveitando que o alumnado de educación infantil está a traballar todo o relacionado co arte e a pintura, RECOMENDAMOS ENORMEMENTE VISITAR A MOSTRA NESTE CENTRO COMERCIAL.
Xa nos contaredes!!!

lunes, 20 de enero de 2014

Usamos o metro para medir os zapatos e as mans

Xa fai un tempo, publicabamos neste blog unha actividade realizada polo alumnado de 5 anos da escola: coñecer cal era o seu número de zapato. Para lembrar a entrada do blog, poderedes premer nas seguintes ligazóns:



A semana pasada, retomamos as actividades sobre medicións na aula e, para iso, decidimos facer a silueta real do noso pé e da nosa man. Grazas a axuda das mestras Paula e Alba puidemos marcar a forma e silueta destas partes do corpo.
 Posteriormente, coloreamos a silueta das nosas cores preferidas.
 Unha vez coloreadas as mans e os pés, puidemos utilizar o metro e descubrir os centímetros que medían para, posteriormente, anotar os datos nunha folla de rexistro.
 Dentro de pouco, amosaremos neste blog o resultado das follas de rexistro así como o panel xeral da aula que elaboraremos entre todos e todas.
Estade atentos e atentas ao noso espacio web e poderedes ver como imos evolucionando no traballo cos números, cantidades, medicións, etc.

lunes, 13 de enero de 2014

viernes, 10 de enero de 2014

Actuación do alumnado de 5 anos no Festival de Nadal 2013

O alumnado de 6º de educación infantil (5 anos) fíxonos desfrutar no Festival de Nadal 2013 coa canción "Levantando las manos" que bailaron estupendamente.
Aquí vos deixamos o vídeo.

Actuación do alumnado de 4 anos no Festival de Nadal 2013

O alumnado de 5º de educación infantil (4 anos) fíxonos desfrutar no Festival de Nadal 2013 coa canción "El baile del gorila" que bailaron estupendamente.
Aquí vos deixamos o vídeo.

jueves, 9 de enero de 2014

Actuación do alumnado de 3 anos no Festival de Nadal 2013

O alumnado de 4º de educación infantil (3 anos) fíxonos desfrutar no Festival de Nadal 2013 coa canción "Los pajaritos" que bailaron estupendamente.
Aquí vos deixamos o vídeo.

martes, 24 de diciembre de 2013

Lecturas recomendadas polo Nadal

Hoxe celebramos a Noiteboa e, dende este blog, queremos desexar que todos e todas pasedes unha noite estupenda e que Papa Nöel, se pasa polas vosas casas, deixe milleiros de agasallos en forma de Paz, Felicidade e Boas Novas para todos.
Dende a BiblioRía da escola nos propoñen unha fabulosa forma de agasallar este Nadal: cun libro.
Así, Gaspar pensou en estes dous libros para o alumnado de educación infantil da escola e mandou esta nota para as casas:

Vigo, decembro 2013

Estimadas familias:
Poñémonos en contacto con vós para informar que desexamos que os vosos fillos/as lean, no segundo trimestre, un libro en galego e outro en castelán, de forma colectiva na “Hora de ler”.
Xa falamos con diversas editoriais e ofreceron sesións de animación á lectura (encontro con autores, ilustradores e contacontos), a cambio de ler eses libros recomendados.
Parécenos unha boa ocasión aproveitar estas datas de Nadal e Reis, para incluir o pedido de libros nas cartas a eses ilustres personaxes.
Empezaremos a traballar con eses libros á volta das vacacións de Nadal, polo que necesitamos  que os nenos e nenas os teñan para esas datas. (Sería mellor que estiveran forrados e co nome do alumno/a).

Grazas pola vosa colaboración. Un saúdo.
As titoras, titores e o equipo de biblioteca.

Aquí vos deixamos os contos selecionados para educación infantil (neste caso non serán dous, un en galego e outro en castelán, senón un só libro en castelán):

 4º de educación infantil (3 anos) e 5º de educación infantil (4 anos)
 ¡Vamos a mirar colores! Barber Shirley
Ficha
-Autor: Barber Shirley
-Ilustrador: Barber Shirley
-Editorial: Editorial Everest
-Idioma: Español
-ISBN: 978-84-241-1309-4
-Coleción: Montaña encantada
-Idade: De 3 a 6 anos
-Nº páxinas: 48
-Encuadernación: Rústica cosido
-Formato: 19 x 21 cm
 
Sinopse
Cantas cores diferentes podes ver? As sensacionais ilustracións deste precioso álbum ilustrado recollen toda a maxia e beleza que encantará aos pequenos lectores de Shirley Barber. Espectaculares cores e exquisitos detalles, este precioso libro cautivará aos primeiros lectores aos que entretendrá durante horas.

6º de educación infantil (5 anos)

La Bruja Colorea Madroñero Ferreiro Esther
Ficha
-Autor: Madroñero Ferreiro Esther
-Ilustrador: Madroñero Ferreiro Esther
-Editorial: Editorial Everest
-Idioma: Español
-ISBN: 978-84-441-4293-7
-Coleción: Leer es vivir
-Idade: De 3 a 6 anos
-Nº páxinas: 36
-Encuadernación: Rústica
-Formato: 19 x 21 cm.
 
Sinopse
La Bruja Colorea ten un gato negro, pero con conxuros de cores e unha brocha de visión mudará a súa cor. Como o pintarías ti?