lunes, 20 de marzo de 2017

SEMENTES!!

Esta mañá os nenos e nenas de 3 anos visitamos a aula da natureza!!
 Alí o profe Juanca nos ensinou diferentes sementes que os nenos/as maiores foron recollendo para plantar:



 Coñecemos a semente de calabacín.


Tamén a do pemento.


 E esta pequeniña é a do tomate.


 



A semana pasada os maiores plantaron algunhas nuns semilleiros, e xa empezan a medrar!


Aquí podemos observar como medra a planta do calabacín!


E a do tomate tamén comeza a sair!



PRIMAVERA



Bos días familias!
A semana pasada aproveitamos que fixo un tempo fabuloso para falar de que dentro de pouco comeza a primaveira… e tamén estivemos pensando todo o que ía cambiar: mellor tempo, hai máis flores, deixamos a roupa de abrigo no armario… e por iso decidimos facer esta actividade na que tiñan que colorear as metades dos debuxos da mesma cor, logo picalos e por último, pegar as metades xuntas nun folio de cor! Agardamos ansiosos a primaveira!







viernes, 17 de marzo de 2017

MALETA VIAXEIRA

Na aula de cinco anos recibimos outra vez a maleta viaxeira de Gaspar.
A nosa encargada Martina foi a encargada de abrir a maleta e ver que tiña dentro.

Antes de abrir o paquete estivemos intentando adiviñar de que se podia tratar.


Por fin Leire e Sara foron as encargadas de abrir o paquete.




Entre tod@s vendo estos agasallos chegamos a conclusión de que Gaspar trouxo todo esto da INDIA, entón fomos dicindo cousas que cada un de nós sabia deste país.








 Este foi o resultado de todo o que sabemos sobre a INDIA

 

jueves, 16 de marzo de 2017

MURALLA CHINA

Como remate final o noso proxecto de China, tod@s os nen@s de infantil estivemos coloreando botes de leite de cor marrón e logo construimos a nosa propia muralla china.
Aquí deixamos unha mostra do noso traballo














 

miércoles, 15 de marzo de 2017

MÚSICA

Cada dia que entramos na aula de música saúdamos os nosos amiguiños os animais.
Nesta sesión cantamoslle a nosa amiga a pulguiña Rosiña.



 E tamén xogamos o vagabundo . Neste xogo estamos como estatuas e cando Samuel o noso vagabundo de hoxe nos toca co seu elemento máxico empezamos a movernos.