Coa axuda do seu avó fixo unha máquina de sumar que quixo compartir con nos. El mesmo nos explicou como a elaboraro e como funciona. Está pasando uns días na nosa aula para poder xogar con ela. Moitas grazas!
Esta semana recibimos no noso buzón do corredor a correspondencia que outros compañeiros e compañeiras da clase ou da aula de catro nos quiseron enviar.
Para por punto e final ao segundo trimestre e tamén a semana da poesía visitounos no cole Manoele de Felisa. Este músico de Cuntis ponlle música a poemas de Rosalía Morlán, Xosé Luna, Celso Emilio ou Neira Vilas e demostrou que a poesía pode ser divertida, especialmente se a cantamos.
Deixamos a portado do seu libro disco baseado en poemas de Rosalía Morlán por se queredes ampliar a vosa fonoteca na casa ;D
Na clase de 3 anos seguimos recibindo as visitas de grandes contadores e contadoras !!! Nos últimos días tivemos a sorte de que Silvia, a mami de Thiago viñera contarnos "Adivina cuanto te quiero". Ademais nos trouxo a mascota de Thiago, todo un acontecemento !!!
Tamén estiveron Edu e Bea, o papi e nai de Julieta, contando contos tan chulos como "O coelliño branco" ou "Un becho extraño"
Moitas grazas aos tres !!!! Pasámolo...xeniaaaaaaaaaaal !!!!