lunes, 9 de abril de 2018

MÁQUINA DE SUMAR

Adán trouxo unha sorpresa! 
Coa axuda do seu avó fixo unha máquina de sumar que quixo compartir con nos. El mesmo nos explicou como a elaboraro e como funciona. Está pasando uns días na nosa aula para poder xogar con ela. Moitas grazas!



















viernes, 6 de abril de 2018

RECIBIMOS CORRESPONDENCIA

Esta semana recibimos no noso buzón do corredor a correspondencia que outros compañeiros e compañeiras da clase ou da aula de catro nos quiseron enviar.
Aquí estamos todos felices abrindo o noso sobre.








 

martes, 3 de abril de 2018

NACEN OS PITIÑOS

Coa chegada da primavera estivemos a facer unha manualidade na que dun ovo, nace un pitiño.
Mirade que bonito nos quedou.









 

lunes, 2 de abril de 2018

Poesía con música

Para por punto e final ao segundo trimestre e tamén a semana da poesía visitounos no cole Manoele de Felisa. Este músico de Cuntis ponlle música a poemas de Rosalía Morlán, Xosé Luna, Celso Emilio ou Neira Vilas e demostrou que a poesía pode ser divertida, especialmente se a cantamos.






Deixamos a portado do seu libro disco baseado en poemas de Rosalía  Morlán por se queredes ampliar a vosa fonoteca na casa ;D


jueves, 22 de marzo de 2018

CUMPLES DE MARZO


ESTE FIN DE TRIMESTRE  CELEBRAMOS OS CUMPLES DE JULIETA, ANDRÉ, ANZO, ALBA COSTAS, CARLA,NACHO E PABLO.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA DA NOSA FESTA.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

miércoles, 21 de marzo de 2018

As familias CONTAN

Na clase de 3 anos seguimos recibindo as visitas de grandes contadores e contadoras !!!
Nos últimos días tivemos a sorte de que Silvia, a mami de Thiago viñera contarnos "Adivina cuanto te quiero". Ademais nos trouxo a mascota de Thiago, todo un acontecemento !!!


















Tamén estiveron Edu e Bea, o papi e nai de Julieta, contando contos tan chulos como "O coelliño branco" ou "Un becho extraño"


















Moitas grazas aos tres !!!! Pasámolo...xeniaaaaaaaaaaal !!!!