O pasado martes, 22 de xuño, ás 12:30, comezou un novo Festival de Fin de Curso, como todos os anos.
Aquí tedes as imaxes das actuacións do alumnado de Educación Infantil; os nenos e nenas de 3 anos bailaron ao ritmo do ano 1967 coa canción "Mª Isabel"
Despois, chegou o turno do alumnado de 4 anos. A canción que interpretaron foi "Soy una taza" e, vestidos de cociñeiros/as, demostraron que, con un pouquiño de práctica, os pasos son sinxelos para seguir.
O momento máis emotivo chegou coa Graduación dos nenos e nenas de 5 anos; todos/as acudiron a recoller o seu diploma e a súa banda para, posteriormente, posar para as fotos xa graduados... QUE TODO VAIA BEN EN 1º DE PRIMARIA!!!
Pero o alumnado de 5 anos aínda tiña unha actuación máis: a obra de teatro inspirada no conto de Eric Carle "Queres xogar comigo?"
Foi unha xornada moi amena, divertida e tamén un pouco extensa... pero un fin de festa xenial para dar comezo ás Vacacións de Verán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario