sábado, 2 de abril de 2011

Ideas: portada de primavera

Hoxe vos amosamos unha idea para encuadernar as fichas realizadas durante o 2º trimestre.
Aquí vos traemos unha actividade plástica moi sinxela que poderedes facer co voso alumnado.
Necesitamos cartolinas DIN A4, cola branca, folios de cores, gomets e virutas de cores (nós utilizamos a que sacamos ou sobra cando afilamos os lapis co afila eléctrico ou tamén os buraquiños que temos da máquina de taladrar-encuadernar)
Debuxamos coa cola branca unha regadera e botamos por enriba as virutas.
Para completar a regadera coas flores, os nenos e nenas pican varias debuxadas en follas de cores; cando as rematan de picar, pegamos no centro delas un gomet de core, a continuación, pegamos as flores na regadera... queda chulísimo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario