viernes, 27 de mayo de 2011

O protagonista da semana: PABLO S.

Esta semana, o protagonista da aula de 5 anos foi Pablo S. e, coma sempre, o primeiro que fixemos foi ensinarlle a súa familia e aos seus compañeiros e compañeiras os traballos realizados durante toda a semana e así coñecer máis datos sobre a súa vida.
Posteriormente, a súa nai Cristina nos ensinou, na gran pantalla da aula, unha imaxes e vídeos nas que se recollían diferentes momentos na vida do protagonista (as súas viaxes, a súa familia, as súas orixes en Etiopía,...)
Unha das actividades que máis gustou ao alumnado, e tamén ao protagonista, foi tocar o "yembé". A verdade é que "a cousa" se lle da xenial.
non podía faltar, como xa é habitual, a tradicional "rolda de prensa". Os nenos e nenas da aula resolveron as súas dúbidas e preguntaron todo o que quixeron a Pablo e a súa nai.
Descubrimos tamén que a nai de Pablo é mestra de francés e nos ensinou unha canción moi chula onde os nenos saudaban dunha maneira diferente ás nenas en diferentes momentos da canción.
Pasámolo moi ben!!!
Tamén puidemos ver diferentes vídeos con cancións e historias en francés e Cristina nos ensinou como se dicían os nomes de diferentes animais nes idioma.
E, xa para rematar, a entrega do diploma que acredita a participación da súa familia no proxecto.
MOITAS GRAZAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario