lunes, 10 de octubre de 2011

En 5 anos... traballamos os números dunha forma moi divertida!!!

Que ben o pasamos na aula de 5 anos e a cousa é que... os números son moi divertidos!!!... e tanto que si!!!
A partires de cousas ben coñecidas por nós e cotidianas descubrimos que... os números andan por todas as partes!!!
Así, entre todo o alumnado da aula, decidimos investigar onde podemos atopar os números; o primeiro lugar onde decidimos buscar foi nos nosos zapatos... cada un de nós ten unha talla no mesmo que indica a medida dos seus pés e que nos axuda cando imos mercar un par novo non si??
Pois iso é o que estamos a facer na aula... cada un de nós ten que descubrir cal é a súa talla do zapato.
Axudámosnos entre todos e todas...
... e tamén o anotamos nunha folla de rexistro onde escribimos todas as tallas.
Facemos gráficas cos resultados.
E, como non, as nosas investigacións nos levan a deducir e entender diferentes conceptos.
Xogamos a facer gráficas.
Como nos gusta aprender así!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario