lunes, 23 de enero de 2012

A cousa vai de... Piratas

"Suban a bordo, lean e naveguen" é o proxecto anual que este ano desenvolvemos na escola. Cada unha das aulas do colexio escolleu un barco para traballar e nós, dende infantil, decidimos traballar cos piratas.
Por todos os corredores do cole, poderedes atopar debuxos e murais das diferentes embarcacións; para ver as imaxes, podes visitar o blogue da BiblioRía (http://www.biblioria.blogspot.com/).
Aquí vos deixamos unha mostra dos barcos de 3, 4 e 5 anos... algúns deles todavía non están "convertidos" en barcos pirata pero, pouco a pouco, se transformarán.
Quedaron chulos, verdade?

Estade moi atentos ao noso blogue porque, pouco a pouco, "colgaremos" diferentes e variadas actividades para traballar cos piratas e as compartiremos con todos os nosos usuarios.
Ata a próxima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario